
O martes, día 19, o escritor Miguel Anxo Fernández compartiu unha charla co alumnado de 3º e 4º de ESO sobre a súa novela Bícame Frank, protagonizada polo detective Frank Soutelo, que se desenvolve en distintos lugares da na nosa comarca. Explicoulles, entre outras cousas, como realiza o proceso de construción da historia e como procurou inspiración en distintos personaxes cinematográficos para dar vida e este peculiar detective que xa ten vida propia na nosa historia literaria, como reflicten os distintos retratos que se teñen feito del por distintos ilustradores galegos.
