Vai polo sangue un rego de memoria
unha fogueira intacta do tempo doutras vidas
que chamamos amor.
LPG
Esta semana soubemos do pasamento dunha das grandes poetas galegas,
a académica Luz Pozo Garza. Deixounos pois a muller, a voz feminina que encheu de poesía todas
as xeracións poéticas que foron xurdindo dende a Promoción de enlace ata hoxe. Voz
esencial da poesía galega da segunda metade do século XX, a súa última
publicación en galego foi Pazo de Tor (2019).
Que a súa poesía siga a vivir en nós e nas vindeiras xeracións galegas.
Real Academia Galega
Entrevista Premio Trasalba 2019
Luz Pozo réndelle homenaxe a Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario