O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo é espertar na xente máis nova o interese e o amor polos libros e a lectura e que facer diso un hábito de vida.
Hans Christian Andersen foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo, como O parruliño feo, Polgariña, O soldado de chumbo ou A sireíña, e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.

Deixamos aquí os títulos dalgúns libros que nos parecen axeitados para vós e as vosas familias.
Podedes encontrar lecturas gratuítas na páxina web do Ministero de Cultura e Deportes. Aquí tendes o enlace:

Tamén podedes encontrar edicións dixitais gratuítas nas páxinas web das bibliotecas da Xunta de Galicia, no Ministerio de Educación, na Biblioteca Nacional e nalgunhas editoriais privadas. http://www.galiciale.gal/
Le e soñarás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario