Amosando publicacións coa etiqueta DEBUXO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEBUXO. Amosar todas as publicacións

DURANTE: MEMORIA DO SILENCIO


    Nestes tempos de confinamento hai días nos que lembras con distancia e nostalxia as rutinas das túas xornadas no instituto, aulas, conversas, cafés e incluso saturacións... Mesmo ás veces es quen de ver como esas lembranzas se converten en refachos de momentos divertidos e especiais co alumnado co que levas dous anos compartindo algo máis ca materia e aula...

    Hoxe chegoume unha mensaxe dunha alumna cun traballo voluntario dunha lectura e esa candeíña prendeu automaticamente, como con outros que chegaron nos últimos días, pero quizais porque é máis visual, vou deixar que os represente a todos. É un excelente traballo e moi persoal que reflicte o libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. 



    Agardo que Uxía gozara tanto facéndoo como eu contemplándoo. Claro que tamén me fixo sentir orgullo, sei que compartido co profesorado que damos clase no IES de Vilalonga e co alumnado que temos neste seu atípico último curso de bacharelato, porque en cada traballo e mensaxe que dende ambos lados recibimos nestes días hai moito máis ca o que se deixa ver nas indicacións dunha corentena académica, e iso é algo que dende fóra moitos non logran medir (pero case mellor, non sexa que teñamos que poñer nota tamén diso).

    Parabéns a Uxía por este traballo e a tod@s os demais que o facedes igual de ben ao voso xeito persoal, non deixades de facernos medrar.

Durante: Morre Uderzo.


 Astérix e  Obélix quedáronse orfos. Sobre todo  Obélix, o  chouchou, o preferido, de Albert Uderzo, creador xunto con René Goscinny dos dous galos máis famosos da historia e do planeta. O debuxante faleceu este martes na súa casa en París, aos 92 anos, de “unha crise cardíaca sen relación co coronavirus”, viuse obrigada a precisar a súa familia nestes tempos de epidemia mundial.

O secreto do seu éxito? Nin el mesmo estaba seguro. “É coma se pregúntanme pola receita da  poción máxica”, chanceou Uderzo nun diario parisiense.  Astérix e  Obélix é un cómic “ transgeneracional, ten un espírito independente. "Recoñezo que xamais conseguín explicarme este éxito. Nunca pensei que duraría tanto. René Goscinny dicía: ‘Parecemos idiotas que non saben o que fabricaron’. Pero non lograriamos nada sen traballo. O éxito é, ante todo, horas e horas de traballo”, sentenciou.

Unha das últimas ideas que validou Uderzo foi a do “malo” do penúltimo álbum dos seus sucesores  Ferri e Conrad. Era Coronavirus, o campión das carreiras de carro romanas ao que se enfrontaron  Astérix e  Obélix en “ Astérix en Italia”. O  auriga non puido cos irredutibles galos. Tampouco foi o virus do mesmo nome —casualidades da vida— o que acabou co pai dos heroes de varias xeracións.



El País. 24 de marzo de 2020

21 días co galego e +: REFRÁNS ILUSTRADOS

A Exposición de REFRÁNS ILUSTRADOS é o resultado da actividade realizada polo profesorado de Debuxo, Eduardo e Alba, cos grupos de 1º, 3º e 4º ESO e 1º de Bacharelato Artístico.
Este é un material incrible e inexistente na documentación da nosa lingua e tradición.
Que grande traballo!
           


                               


                                 


https://www.facebook.com/228149298072048/photos/pcb.469228513964124/469227223964253/?type=3&theater