O pasado 24 de maio o alumnado de 1º de ciclo medio de xestión administrativa visitou o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Gracias ao programa Educemprende, tiveron a oportunidade de coñecer este centro e a súa contribución ao avance da ciencia e a tecnoloxía mediante a investigación e a aplicación de altas tecnoloxías da información.
Esculturas de area
O pasado 22 de maio as alumnas de EPVA de 4º da ESO do IES Vilalonga participaron na Convocatoria de Esculturas de Area na Praia da Lanzada organizada polo departamento de Debuxo do IES Monte da Vila. Un enriquecedor encontro con alumnado doutros centros de Galicia, onde tiveron a posibilidade de traballar en equipos durante toda a xornada nunha peza de creación colectiva partindo da obra de Picasso. O resultado foi unha gran mostra de esculturas efímeras e revisións da obra do artista nun contexto inmellorable.

DÍA DAS LETRAS - PASAPALABRA
Animádevos a xogar, a ver cantos acertades!!
https://genmagic.net/pasapalabras_app/inicio/?id=D%C3%ADadasLetras2023
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano celebramos o Día das Letras Galegas con actividades variadas. Fixemos carteis, preparamos unha exposición sobre a obra de Francisco Fernández del riego na biblioteca, colgamos información do autor polos corredores, fixemos unha sopa de letras xigante, viñeron Os Terribles de Donas a dar un concerto aos grupos da ESO...
De todas elas deixamos aquí unha pequena mostra.
Vídeos de xeometría
O alumnado de 1º da ESO A e B traballaron a xeometría coa súa profesora de matemáticas Estela Prol Triñanes. Aquí deixaron unha mostra dos mellores cadernos de xeometría de ambos cursos.
Elas son a revolución
Esta semana (8-15 de maio de 2023) puidemos gozar dunha exposición sobre mulleres afgás que nos prestou Amnistía Internacional. O tema é a situación na que se encontran as mulleres de Afganistán.
XOGO COAS LETRAS SOLUCIÓNS
Xa están aquí as posibles solucións do Xogo coas letras que esta semana estivo posto polos corredores do edificio 2.
Ademais, xa puidestes descubrir que en realidade é un xogo que existe. A Mesa pola Normalización Lingüística ofrece a posibilidade de xogar cada día cun grupo de letras diferentes e, no día seguinte, consultar as solucións.
Animádevos a xogar desde os vosos dispositivos!!
https://pensatermos.amesa.gal/
SOPA DAS LETRAS
Aquí tendes outra actividade con motivo das Letras Galegas. Neste caso tendes no corredor do edificio 1, ao lado da entrada á biblioteca, unha sopa de letras xigante. Tamén tendes uns folios con pistas para atopar as doce palabras relacionadas coa persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
O xoves 18 marcaranse as solucións na sopa de letras do corredor.
Animádevos a participar!!
XOGO COAS LETRAS GALEGAS
Comezamos as actividades para o Día das Letras Galegas. Unha delas é xogar a crear palabras a partir das letras dadas. Tedes colgada polos corredores do edificio 2 toda a información. Ollo, teredes a solución ao final da semana e para a semana que vén haberá un novo grupo de letras.
Ademais, o día 5 de maio unha información complementaria que seguro que vos engancha ao xogo!!
![]() |
Día do Libro 2023
O pasado venres 21 de abril celebramos o Día Internacional do Libro, a data oficial é o 23 de abril, pero coincidía en domingo polo que o adiantamos. Fixemos distintas actividades:
Todos os anos regalamos unha flor aqueles que veñeron buscar un libros en préstamo, repartimos máis de cen:
Puxemos monecos lendo na biblioteca, tiveron moito éxito:
A semana do Día do Libro fixemos a "Hora de escribir" en lugar da "Hora de ler". O alumnado deixou voar a imaxinación é escribiu textos a partires de dúas pequenas cabeceiras que lles demos, das que tiñan que escoller unha:
O alumnado de 4º da ESO fixo, coa coordinación da súa profesora de TICs Minia Gómez, compo- sicións informáticas para celebrar o Día do Libro, algún exemplo:
Parabéns a todas/os e a gozar dos Libros!!!