DOAZÓN A BIBLIOTECA




A revista Agália nasce em 1985 como “Publicaçom Internacional da Associaçom Galega da Língua” para informar trimestralmente das atividades da AGAL, para contribuir à coexão da sua base associativa e para intervir desde o reintegracionismo no campo académico galego, sustentando a sua proposta normativa (atualizada em 2010 conforme o acordo ortográfico de 1990) e procurando visibilidade e retroalimentação no e com o restante espaço lusófono.

A renovada etapa da Agália, iniciada em 2011 sob a direção do Professor Doutor Roberto L.I. Samartim (da Universidade da Corunha e do Grupo Galabra da USC), foca o reforço da Agália. Revista de Estudos na Cultura como publicação de caráter científico, periodicidade semestral, língua e âmbito galego-português, e impacte e referencialidade internacionais dentro dos estudos da cultura. Para atingir este objetivo, a Agália acompanha o conjunto de regras, parâmetros e procedimentos de avaliação da qualidade estabelecidos no nível internacional para as publicações científicas.
O profesor de Lingua e Literatura galega Roberto Samartín, da Universidade da Coruña tivo a amabilidade de donarnos 13 exemplares da revista Agália. O noso agradecemento ao mesmo e a profesora Lourdes Acuña Miguéns que foi a mediadora da doazón.

CONFERENCIA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS


O  martes 20 de febreiro de 2018 tivemos o privilexio de acoller no noso Centro ao profesor e político colombiano Gustavo Pedraza. A súa conferencia titulada: "Impunidade e guerra en tempos de paz" resultounos extremadamente interesante en diferentes aspectos. Primeiro contounos que está refuxiado en España por medio de Amnistía Internacional, ONG que nos serviu de mediadora para a súa visita; a causa do asasinato do seu irmán Carlos Pedraza (maestro e político de esquerdas) e a posterior reclamación de explicacións por parte da súa familia.
Falounos de como os Dereitos Humanos non están sendo respectados en Colombia (onde o Presidente acaba de recibir o Premio Nobel da Paz), como a oposición política é perseguida e encarcelada, como a nivel político, policial e xudicial domina a corrupción, como os medios de comunicación nos manipulan e como son pisoteados os dereitos do pobo en xeral e dos indíxenas en particular.
Realizouse un sondeo entre o alumnado que participou nesta experiencia: 3º ESO A e 2º de bacharelato, e os resultados indícanos que lles resultou interesante e de actualidade, non lles resultou pesada nin larga e suxiren que se fagan máis de este estilo. O seu interese demostrouse, así mesmo, no coloquio que tivo lugar na parte final da actividade no que fixeron numerosas preguntas ao conferenciante.

ENTROIDO 2018




O venres, día 9 de febreiro, recibimos o Entroido no IES de Vilalonga con festa, que incluía música, concurso de disfraces e comparsas, troula e deportes.
Vivan a diversión, a troula e as vacacións!!!!!

Nos premios, o de grupos quedou da seguinte maneira:


1º PREMIO para as ANIMADORAS DE RUGBY.
2º PREMIO para as do MONSTRO DAS GALLETAS.
3º PREMIO para os dos ANOS 70.

En parellas:
1º PREMIO para AS FADAS DO BOSQUE (Sonia e Ainhoa de 4º ESO)
2º PREMIO para @S MÚSIC@S (María e Lucía de 4º de ESO)
3º PREMIO para @S ESPANTALL@S (Diana e Alba de 2º de BAC)


En individual: 
1º PREMIO para O MOTORISTA HIPPIE (Lucas de 4º de ESO)
2º PREMIO para O PERSONAXE VIDEOXOGO (Jaime de 2º de ESO)
3º PREMIO para A BOTELLA DE CERVEXA (Jorge de 2º de ESO)












Podedes ver máis fotos premendo na  seguinte ligazón.

FALLAS E PREGAS

 O alumnado da materia de bioloxía e xeoloxía de 4º da ESO A-B traballaron co seu profesor Jorge José Pérez Maceira a formación do relevo terrestre. Como actividade da mesma fixeron maquetas de pregas e fallas da codia terrestre. Os obxectivos eran:

  1. Comprensión da materia explicada.
  2. Fixar conceptos e coñecementos.
  3. Fomentar o traballo colaborativo e as relacións interpersoais.
  4. Desenvolver as habilidades manuais do alumnado.

Acadaron un bo resultado, con unha bonita exposición que reforzou a autoestima e as actitudes colaborativas dos implicados.


"Maruxas sen prexuízos"



"Maruxas sen prexuízos" é un traballo realizado por alumnas de 2º de bacharelato A (ANA CORES, ANA EIRABELLA, ALBA GARCÍA, CECILIA LORES e NOELIA OTERO) durante o primeiro trimestre do curso para a materia de lingua e literatura galega, que trata de rachar cos prexuízos lingüísticos que afectan ó galego, poñer en valor as súas variedades xeográficas e dialectais e a súa riqueza léxica e literaria.

Botádelle unha ollada e veredes o bo quefacer destas rapazas na causa da defensa da nosa lingua e decatarédesvos de que está  moi ben traído para celebrar o día de mañá 

21 de febreiro
Día 
Internacional 
                          da Lingua 
                                 Materna.

Santiago Lopo visítanos o vindeiro xoves.

Santiago Lopo by salomedm   https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcRQazzJrh9pqnZKNO0nKLytDSoVnDtbWGnetivYqRJvypvlV9O0dQ

ANIMACIÓN A LECTURA


O xoves, día 25 de xaneiro, fixemos unha actividade de animación a lectura, foi organizada polo Departamento de Lengua e Literatura Castelá. A editorial Vicens-vives enviou ao actor Hugo Andrade, o cal fora alumno do IES de Vilalonga.             

Hugo dramatizou diferentes mitos gregos, ademais demandou a participación do alumnado en repetidas ocasións. En 1º da ESO leron o libro de Mitos Gregos desta editorial e o alumnado gozou coa representación de algúns dos mesmos.

Os profesores que traballaron  esta lectura con eles foron Mª Teresa González Ordoñez e Vicente Grandal López.
"Carecer de libros propios es el colmo de la miseria" Benjamin Franklin



ANDANDO OUTROS CAMIÑOS


O martes 30 de xaneiro, os alumnos de Relixión de 4º e 1º e 2º Bach. fomos de viaxe a Santiago, a Mesía e a Vilasantar, coa profe Ana, a profe Isabel e o profe Jorge.
En Santiago fixemos un pequeno percorrido pola arte, cultura e relixión da cidade, da man de homes e mulleres que fixeron e aínda fan vida en igrexas e mosteiros.


En A Raíña (Mesía) Víctor acolleunos coma outras veces, ofrecéndonos a casa como nosa. Asamos chourizos, comemos e escoitamos os soños de Víctor, que son tamén os da xente que quere un mundo máis xusto para todos, desde o corazón.


En Vilasantar, granxa ecolóxica, presenciamos como se empezan a facer realidade algúns deses soños de A Raíña, cultivando e distribuíndo produtos da terra con fins sociais. Manchamos mans e pés sementando e limpando terra... pero mereceu a pena.


Voltamos felices, rapaces e rapazas, profes e ata mesmo o condutor do bus, que foi  simpático e colaborador.


Un fermoso 30 de xaneiro...con moita 
paz.

Concurso "RETO LECTOR"

Chega o Reto Lector 2018! Se tes entre 12 e 16 anos, convértete en Blogger literario e gaña un iPad de última xeración! Tes ata o 27 de abril para enviarnos os teus vídeos.


Bases
1. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
2. Para participar hai que ler dous libros da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
3. Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal dous arquivos de video a través da plataforma WeTransfer, un por cada libro lido. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade de cada vídeo é animar a que outras persoas lean. 
4. A Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e das sús redes sociais, os vídeos enviados. Por este motivo, no mail que cada participante nos envíe, ademais dos dous videos deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
5. Os vídeos non poderán superar os 2 minutos de duración.
6. Convidarase a un xurado formado por alumnado da ESO dun centro de Galicia para decidir o vídeo gañador. Automaticamente este centro quedará fora da convocatoria. Cada membro do xurado estará obrigado a elexir os cinco videos que máis lle gusten, de entre todos os recibidos. Deberá valorar os seguintes aspectos cunha puntuación entre 1 e 5:
a. Poder de persuasión
b. Claridade expositiva
c. Creatividade na gravación
7. O rapaz ou a rapaza que gañe o reto lector recibirá un Ipad de última xeración.
8. Ademais haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades das coleccións Literaria, Costa Oeste e Árbore para os cinco seguintes clasificados.
9. A data límite para entregar os videos será o 27 de abril de 2018.
10. O fallo do xurado farase público no mes de maio de 2018.
Podes consultar todos os datos completos aquí