Grazas profesor!
Novo cartel para a biblioteca
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS II
Xa temos aquí algunhas das creacións inspiradas en Xela para os nosos "Patios poéticos"!
Unha marabilla!!!
Entrega dos premios do concurso de videopoemas
1º premio categoría A: Uxía Rozas Pérez

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS I
Hoxe comezamos coas diferentes actividades do Día das Letras Galegas no noso centro. Para abrir a celebración aquí tendes a mostra dos carteis gañadores deste ano feitos polo alumando do IES Plurilingüe de Ames.
Nos seguintes días comezarán a agromar nos nosos "Patios poéticos" as mostras creativas do noso alumnado baseadas na vida e obra de Xela Arias dentro do concurso ConXELArte. Que ganas de velas!!!
Conferencia de matemáticas
UN MAIO DE LIBROS
Un maio de libros cuberto da man de 'Nós Diario'
GUÍA DE MÚSICA GALEGA VARIADA
#CantámolaEnGalego, a exposición transmedia que celebra a revolución musical no século XXI en Galicia.
Catorce paneis, listaxes en Spotify e YouTube, e unha unidade didáctica permiten coñecer toda a variedade de estilos , formacións e solistas que compoñen o panorama musical en galego a día de hoxe. Estará exposta na praza de Ourense (Pontevedra) durante o mes de maio e a partires de setembro adoptará formato itinerante para achegarse a centros de ensino, centros sociais e mesmo a outros concellos.
Aquí tes unha unidade na que podes ver as diferentes propostas dos diversos estilos:
https://blog.localdemusica.gal/wp-content/uploads/2021/05/Unidade-didactica-CANTAmola-en-Gale
Para máis información:
https://blog.localdemusica.gal/cantamola-en-galego/go.pdf
Día do Libro 2021
O IES de Vilalonga celebrou esta data con diversas actividades:
_ O alumnado da materia TIC de 4º da ESO fixo coa súa profesora Minia Gómez, carteis para este día, escollemos seis os que demos un presente:
nº1.- Juan A. Rodiño (4ºA)
nº 2.- Zoe Invernón (4º C)
nº 3.- Ángel Méndez (4º C)
nº 4.- Daniel Padín (4ºA)
nº 5.- Mateo Rozas (4º A)
_ Fixemos un Obradoiro sobre educación "Suma a túa voz" para celebrar a Semana da Acción Mundial pola Educación 2021.
. O pasado venres 23 de abril viñeron ao noso instituto Estefanía e Laura, dúas representantes da Campaña Mundial pola Educación en Galicia, para impartir uns obradoiros co título "Suma a túa voz". A petición da Rede Solidaria de xóvenes do IES de Vilalonga, estas dúas representantes falaron e tentaron concienciar ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre a importancia do dereito a educaci´n en todo o mundo e en igualdade. Neste ano de COVID-19 as desigualdade en tema educativo foron máis evidentes. Tamén nos fixeron ser conscientes de que as nosas voces reclamando ese dereito poden ser escoitadas polos nosos gobernantes e polas autoridades educativas sendo a nosa contribución pedir unha educación digna e accesible para todas as rapazas e rapaces de toso o mundo. Nestes muraid puxo cada grupo a súa voz e a súa petición. "Mil millóns de voces polo dereito a Educación"!!!. Debido a situación de pandemia non puidemos facer reivindicación fóra do centro como outros anos,

_ Visitounos a escritora Iria Misa para falar co alumnado de 4º da ESO do libro Xa non estou aquí e co alumnado de 2º da ESO de Mamá, quero ser Ziggy Stardust. Foi unha experiencia moi positiva.
Na categoría A a gañadora foi Uxía Rozas Pérez, cun recitado moi fermoso, con música en directo, do poema "Me estás enseñando".
Na categoría B, por desgraza, non houbo participantes, polo que houbo que declarar o premio deserto.
Na categoría C (Bacharelato e Ciclo Superior) a gañadora foi Carmen Barahona Martínez, cun vídeo moi orixinal e traballado do poema "Odio".
Dende o Departamento de Lingua Castelá damos as grazas ao alumnado que participou e a noraboa aos gañadores, animándo a todos e todas a seguir participando neste tipo de actividades creativas."