Xornal: O País
Adeus a Manuel Marías
PLAN PROXECTA: LINGUA, PATRIMONIO E COÑECEMENTO TRADICIONAL
Aínda que este curso foi un pouco complicado, especialmente no seu inicio, conseguimos sacar adiante co alumnado de 1º ESO parte do programa do Plan Proxecta de Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, un programa que se dá en colaboaración coa Consellería de Educación e a Universidade de Santiago- Instituto da Lingua Galega.
Aquí van algúns dos audios das entrevistas do alumnado sobre o vocabulario da vendima:
Vendima 01
Vendima 02
Vendima 03
E aquí algúns exemplos das entrevistas do mar:
Mar 01
Mar 02
Mar 03.
Proxecto Hazlo verde.
Proxecto promovido pola empresa Leroy Merlin. Dirixido a concienciar ao
alumnado de secundaria sobre a economía circular, o consumo responsable
(ODS-12) e a necesidade de conservar o medio ambiente.
O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias aplicadas á
actividade profesional transformaron residuos en recursos para elaborar murais
artísticos, proxectos ou obxectos funcionais.
Programa Xente con Don
MOTIVACIÓN, ESFORZO, SUPERACIÓN E ÉXITO, CLAVES DAS NOSAS ALUMNAS EXEMPLARES DA OFERTA MODULAR DA EMPRESA
Claro exemplo de que case sempre se cumpre o dito de que quen quere, pode, sexa cal sexa a etapa da vida na que unha se atope, son as alumnas exemplares da Oferta Modular da Empresa. Foi unha experiencia gratificante para o profesorado traballar cun grupo tan motivado, do cal dúas das alumnas dependen xa só das prácticas de setembro para graduarse.
SOMOS XENTE DE RADIO!!
O pasado día 10 continuamos dándolle forma ao noso proxecto de radio no centtro, neste caso con formación a cargo de Luis Pardo para que o alumnado saiba empregar as técnicas necesarias para ser grandes locutores/as.
LIBRO DIXITAL DO PROXECTO LENDAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ
Como resultado do proxecto Lendas de aquí e de acolá, que este ano realizou o alumnado de Francés de 1º de bacharelato en colaboración co alumnado do curso de Iniciación ao galego niveis 1 e 2 da Universidade da Sorbonne Nouvelle (Centro de Estudos Galegos), presentamos o libro dixital coas versións bilingües das lendas en galego e en francés procedentes de diferentes culturas.
Para ver o resultado final preme na ligazón:
https://www.calameo.com/books/0070998395d83f2eb3f30
Roteiro interdisciplinar en Sanxenxo
Ao largo do curso 2021-2022 formouse un
grupo de traballo no IES de Vilalonga chamado "Roteiro matemático" a
súa coordinadora foi a profesora de matemáticas Estela Prol. Participaron no
mesmo profesores de diversas materias. O resultado dese traballo que unía o uso
das TICs coa posta en práctica dos coñecementos teóricos impartidos nas aulas
foron dúas saídas a Sanxenxo:
Os días 13 e 15 de xuño varios seminarios do IES de
Vilalonga fixeron un roteiro polo paseo de Silgar en Sanxenxo. O obxectivo era
levar a clase a realidade da contorna. Participaron os seminarios de
matemáticas, plástica, física e química e xeografía e historia. O roteiro
consistía en facer distintas actividades das diferentes materias ao largo do
paseo, usando como base elementos situados no mesmo.
Estivo un día soleado e o alumnado mostrouse moi resolutivo, a experiencia foi moi positiva. O luns 13 foi o alumnado de 3º da ESO e o mércores 15 o de 4º da ESO, ademais despois da pandemia, poder saír todos/as xuntos/as e facilitar a convivencia tamén resultou positivo.
Roteiro literario en Celanova
Foron ao Mosteiro de San Rosendo de Celanova, onde visitaron a igrexa, e puideron gozar do órgano e escoitalo, tamén viron o Oratorio mozárabe de San Miguel que se encontra no interior do mosteiro:
