A semana pasada o alumnado de primeiro de ciclo superior de administración e finanzas realizou unha visita á oficina de Abanca e instalacións da sede de Afundación nas plantas superiores. A visita, promovida polo programa de aulas de emprendemento do centro, consistiu nunha reunión /coloquio na súa sala de xuntas con dúas alumnas que fixeron o ciclo de administración e finanzas e que agora traballan con eles.
CENTENARIO MARÍA CASARES
Non podemos esquecernos, antes de que acabe o ano, da figura de María Casares. Foi unha actriz galega de teatro e cinema que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Santiago Casares Quiroga, que fora ministro da Segunda República española durante o goberno de Azaña. Protagonizou varias obras escritas por Camus e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, chegando a converterse en musa do existencialismo francés.
Figuras como a dela cómpre recordalas e difundilas.
Semana da Ciencia no IES de Vilalonga
SEMANA DA CIENCIA
“Matemaxia”, hológrafas, lograr reacciones de oxidación-redución (re-dox)
con golosinas, fabricar “pasta de dentes para elefantes”, extraer el ADN de un
kiwi, o xogar o “Catro en raia por propiedades” son algunhas das actividades
que se realizaron na “Semana da Ciencia” que desenvolveu o IES de Vilalonga
entre os días 14 e 18 de novembro.
Esta primeira edición dá “Semana da Ciencia” foi impulsada polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas y Tecnoloxía de este instituto de Sanxenxo, cuxos responsables deseñaron diferentes talleres, pósters científicos, prácticas de laboratorio e xogos. Todo baixo o lema “Quen dixo que a ciencia non era divertida?" e co obxectivo de "motivar e espertar vocacións científicas" entre o alumnado.
Saída de FPB cociña a Showcooking
VISITA ETIQUETA NEGRA GOURMET PONTEVEDRA.
O alumnado de 1º FPB de cociña e hostalería do IES de Vilalonga asistiu este luns ao SHOWCOOKING impartido polo alumnado de cociña e servizos de restauración do CIFP Carlos Oroza. Aproveitaron para visitar os stands de outras empresas e puideron degustar diferentes produtos innovadores como salsas, queixos ou conservas.
Resultou unha experiencia moi apetitosa!!
Viaxe didáctica de Automoción
VISITA A SALAMANCA E ÁVILA.
O alumnado de 1º, 2º CM e 2º FP básica de automoción, en
colaboración coa coordinación de aulas de emprendemento, realizaron o día
16 unha visita ao Museo do automóbil en
Salamanca e o día 17, a Cesvirecambios e
CESVIMAP en Ávila. Esta actividade transversal supuxo unha oportunidade de
coñecer en persoa e en directo os laboratorios de vangarda, no proceso de
reparación de vehículos e os seus avances actuais sobre electromobilidade.
Deseñando camisetas
O Departamento de Inglés, en
colaboración co Departamento de Plástica, convocou un Concurso de
Deseño de Camisetas entre o alumnado de 4º da ESO coa finalidade de recadar
fondos para a viaxe a York, Inglaterra.
Os tres premios outorgáronse aos seguintes concursantes:
1º Premio de 30 euros para : Laura Cacabelos Varela.
2º Premio de 20 euros para : David Nicolás González.
3º Premio de 10 euros para : Valeria Caramés Periscal.
A camiseta levará o deseño de Laura Cacabelos Varela.
2º premio: David Nicolás |
1º premio: Laura Cacabelos |
3º premio: Valeria Caramés |
![]() |
Diseño gañador |
Parabéns aos gañadores!!!
III CERTAME ESCOLAR PROVINCIAL DE REGUEIFAS
A nosa alumna de 4º de ESO A, Iria Otero, foi unha das catro gañadoras do concurso de regueifas celebrado, o pasado venres, no Centro cultural, Artístico e Recreativo de Valladares (Vigo). Parabéns a Iria e aos catro finalistas do IES de Vilalonga!!!
25-N 1ª PARTE: INVISIBLES
A tarde do martes o alumnado de 4º de ESO puido pasar unha hora con Montse Fajardo, autora da obra Invisibles, Relatos do maltrato.
Con ela descrubimos ou revisamos os prexuízos que existen arredor da violencia machista, que tipos desta violencia existen, como podemos axudar as vítimas tanto a nivel persoal como a nivel colectivo...
Tantas cousas que quedan por facer, pero o primeiro paso é ter consciencia do feito atroz que é a violencia machista e de como toda a sociedade sofre esta lacra.
Moitas grazas por acompañarnos e compartir con nós esas historias das mulleres de Invisibles e das súas familias e amizades.
ACTIVIDADE EMPRENDE JAM

O alumnado de 2º CM e CS de Administrativo gozaron o pasado venres 4 de novembro dunha sesión de aprendizaxe práctica e vivencia onde traballar en equipo para crear e testar ideas de negocio nun contexto social. Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga por fomentar un espírito emprendedor na nosa xuventude!
Obradoiros de educación afectivo-sexual para 1º de ESO
A coordinación de Igualdade do IES Vilalonga e o CIM de Sanxenxo
organizaron os obradoiros de educación afectivo-sexual para o alumnado de 1º de
ESO. A iniciativa foi levada a cabo por Abal e Boo durante os días: martes 18 e
27 de outubro, e 3 e 7 de novembro.
As actividades incluíron dinámicas de comprensión e traballo da empatía a
partir de lecturas, debates, concursos, etcétera.
A coordinación de igualdade do centro e as persoas formadoras valoraron positivamente o impacto dos obradoiros e foi mencionada a posibilidade de contar con máis formacións deste tipo durante o curso.