Mañá, 10 de maio, ás 22.45 na TVG2 proxectarase o documental "35 anos de Historieta Galega" Un traballo de case unha hora de duración que resume a historia do cómic galego.
É unha produción conxunta do Patito Editorial con Televisión de Galicia e TV7. Trátase dun documental duns 55 minutos no que Miguelanxo Prado e Xaquín Marín, dous xigantes da ilustración e o humor en Galicia, van explicando como foi ata agora a historia do cómic en Galicia. Esta idea iníciase cunha exposición que se fixo hai tres anos "Historieta Galega 1973-2008"sobre a historia da banda deseñada en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario