A nosa xustiza, en galego.



Un ano máis visitamos a Audiencia Provincial de Pontevedra para asistirmos a un xuízo. Agradecemos a colaboración do departamento lingüístico deste organismo e ó presidente da Sección Segunda, Xosé X. Barreiro, as súas inestimables explicacións e o tempo dedicado ó noso alumnado de 1º de Bacharelato.

Esta visita pretende achegar o noso alumnado á realidade lingüística que se dá nalgúns xulgados, e neste caso na Audiencia Provincial de Pontevedra. Grazas ó labor de xuíces e maxistrados que, como Xosé X. Barreiro, pertencen á Irmandade Xurídica Galega e espallan o uso da lingua galega nun eido no que aínda non está todo o presente que desexariamos.

Asemade, os rapaces familiarizáronse co labor da administración de xustiza e asistiron a unha vista oral, que se desenvolveu o día 10 de maio para xulgar unha causa por tráfico de drogas. Esta vista era a segunda sesión desta causa, na que só había un imputado e faltaba a declaración dunha testemuña importante. Con posteridade á vista, puideron facer preguntar ás demais maxistradas da sala, ó avogado e á fiscal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario