A beira das palabras
Blog de ENDL e da Biblioteca do IES de Vilalonga
PÁXINA PRINCIPAL
CONSELLERIA
CIUGA
RAG
RAE
DIC. LINGUAS
MATEMÁTICAS
"TODAS CON ROSALÍA" (AELG)
ROSALÍA DE CASTRO: 150 ANOS DE "Cantares gallegos"
Con esta obra do noso compañeiro
Eduardo Baamonde
celebramos o aniversario de
Rosalía de Castro
que naceu un 24 de febreiro de 1837.
Este ano ademais temos que conmemorar os 150 anos de
"Cantares gallegos".
A obra que lle deu voz de novo a nosa literatura.
ROSALÍA debuxada por Eduardo Baamonde
O noso colaborador
Eduardo Baamonde
agasállanos con estes debuxos de
Rosalía
para ir adiantando a celebración do aniversario do seu nacemento mañá. Trátase dunha visión da nosa escritora lonxe dos esteriotipos que lle impuxeron durante moito tempo. Así, preséntanos unha muller soñadora, loitadora, que reivindicou Galicia e o dereito a ser
muller escritora
nunha
lingua minoritaria
.
ASISTIMOS A UN XUÍZO NA AUDIENCIA DE PONTEVEDRA
Un ano máis achegamos o noso alumnado ó mundo da xustiza, a través dunha visita á
Audiencia Provincial de Pontevedra.
Asistían a un xuízo que, finalmente, non puido realizarse pola ausencia dun dos acusados. Aínda así, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polos seus profesores de filosofía, compartiron unha xornada co alumnado de Poio. Alí foron recibidos polo presidente da Sección Segunda,
Xosé X. Barreiro Prado
, e puideron facer todo tipo de preguntas para resolver as súas dúbidas sobre o tema.
A nosa visita tivo eco nunha morea de xornais no día de hoxe:
Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Agradecemos a inestimable colaboración do
Servizo Lingüístico
desta institución para realizar estas visitas e a Xosé X. Barreiro por teimar no emprego do galego no ámbito da xustiza.
As linguas minoritarias en Europa
As linguas minoritarias dependen da lexislacións de cadanseu estado, de aí que estean protexidas e sexan promocionadas por uns, mentres están a ser maltratadas por outros.
A
Carta Europea de defensa das linguas rexionais ou minoritarias
(CELRM) foi asinada por 31 estados o 5 de novembro de 1992 e establece que os adherentes, entre eles o Estado español, comprométense a cumprir os seus artigos e contribuír a manter e desenvolver a riqueza cultural de Europa e as súas tradicións, e recoñece as linguas rexionais ou minoritarias como expresión da riqueza cultural.
Librerías, libros e lecturas semanais na radio. Buenos Aires
1)
Librería Clásica y Moderna
.
Recomendacións
2)
Librería Clásica y Moderna
.
Presentación
Esta foto de
Clasica y Moderna
es cortesía de TripAdvisor
Buenos Aires
3)
Programa de radio
conducido pola libreira
Natu Poblet
da librería
Clásica y Moderna
.
Unha ledicia!
Guadalupe Nettel: Pétalos y otras historias incómodas
30/1/2013
"Hoy en Leer es un placer, leeremos dos relatos de
Pétalos y otras historias incómodas
de
Guadalupe Nettel
, editado por Anagrama."
Obradoiro "Linguas Cruzadas"
O pasado día 28 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato realizou un obradoiro de sociolingüística sobre o documental "Linguas Cruzadas" da man da profesora e autora de "Falar galego: no veo por qué",
Ana Iglesias
.
Publicacións máis recentes
Publicacións máis antigas
Inicio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)