Amosando publicacións coa etiqueta IN MEMORIAM. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IN MEMORIAM. Amosar todas as publicacións

O noso adeus a NARF

O mundo musical galego está de loito pola temperá morte do músico Narf, Francisco Pérez, compositor e músico nacido en Santiago en 1968. Publicou tres discos baixo o nome artístico de NARF: Aló irmao, Totem, Narf directo en Compostela. 

Foi compositor tamén de máis dunha trintena de bandas sonoras para producións teatrais de Galicia e Portugal, destacan composicións para o CDG, como Salomé, A boa persoa de Sezuán. Colaborou co guineano Manecas Costa e acadou moito éxito no mundo lusófono africano co seu primeiro disco, que foi número un no TOP TEN da RTP ÁFRICA.




Resultado de imagen de fotos de baladas da galicia imaxinaria

Actualmente estaba a desenvolver una xira con Uxía Senlle co seu disco "Baladas da Galiza imaxinaria"




Despedimos a Leonard Cohen


O venres deixounos o cantautor LEONARD COHEN. Música e poesía van  da man na obra deste  poeta que afirmou que grazas á poesía de Federico García Lorca atopara a súa propia voz lírica.

A súa canción "Take this waltz" é unha adaptación do poema de Lorca "Pequeño vals vienés" pertencente ó poemario Poeta en Nueva York.



O cantaor Enrique Morente tamén fixo a súa propia versión deste poema.



Agustín Fernández Paz na nosa memoria


Coñecín a Agustín no ano 2006 no I Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino do que fun coordinadora, que se celebrou en Pontevedra no instituto Gonzalo Torrente Ballester, entre outras localidades galegas. Era un tempo no que se abría un certo porvir en materia de normalización lingüística, aínda hoxe sen materializar, en Galicia e Fernández Paz era o encargado dun relatorio que levaba por título "O labor dos centros educativos na normalización lingüística". 


imagen principal Bouzas (Repsol)
Era un home entusiasta que acaba de retirarse do ensino, non gustaba de conducir e menos de ter que agorcharse da choiva nas estacións de servizo que deseñou o Norman Foster para Repsol, máis pensadas, como dicía el,  para Arabia Saudí que para un pequeno país no que a choiva acompaña acotío e precisamos gorecernos dela. Tamén lembro os seus comentarios sobre a perda de falantes e o feito de termos que ser ensinantes en certo tipo de centros escolares, que son, por desgraza,  zona cero de galegofalantes, como foi o seu caso no seu último destino vigués.

Ese mesmo ano tiven a oportunidade de que volvese ó IES Torrente Ballester a impartir unha charla ó alumnado sobre os seus libros: Trece anos de Blanca e Noite de voraces sombras. No café confeseille que o motivo de recomendar este segundo libro era un pouco sentimental, posto que parte da historia transcorre na miña terra, Viveiro. El comentou que era alí onde pasaba os veráns de cativo. Accedeu tamén a que os alumnos lle fixeran unha pequena entrevista, que foi publicada na revista escolar, "Aula Máxica".

Xa neste centro, tentei de novo unha  visita para tratar sobre esta mesma novela. Nesta  ocasión a súa resposta foi abraiante  pola súa sinceridade, xa que me confesou a súa enfermidade e as incomodidades que esta lle provocaba á hora de visitar os centros. Ofertoume a posibilidade dunha videoconferencia para a cal non estabamos preparados. Agradecín a súa cercanía, dado que o noso trato era meramente profesional e non tiña porque me dar tantas explicacións. Nesa ocasión, hai agora xa catro anos,  cos rapaces do Club de lectura decidimos visitar a illa de San Simón e procurar alí as pegadas do libro, algunhas de nós buscamos nas paredes do cemiterio o anel da historia coa esperanza de atopalo.  "Foi coma se o tempo quedase suspendido e, por uns instantes, as paredes e a illa enteira desparacesen da nosa vista. Nós soas, entre o mar e o ceo, rodeadas por aquela presencia invisible que nos envolvía"
Noite de voraces sombras

Este verán, no que as profes andamos a procurar novas historias para alimentar os nosos lectores, sorprendeunos coa mala nova do teu pasamento. Supoño que aquí tamén se detivo o tempo para moitos dos teus lectores, pero neste intre detido pódeste ir co convencemento de que non  quedamos soas entre o mar e o ceo, posto que nos deixas un ronsel de historias ensarilladas na nosa memoria colectiva e que prenderán, sen dúbida,  na memoria dos teus lectores futuros facendo a túa presenza creadora invisible sempre posible.


EMILI TEIXIDOR, O MESTRE. IN MEMORIAM


Aos alumnos de Lingua Castelá


PRESENTACIÓN 2005-2006

(No curso 2005-2006 presenteime aos meus alumnos de Lingua Castelá coa reflexión sobre a última lectura de verán: Pan negro, de Emili Teixidor, que actuou sobre a miña memoria como a magdalena de Proust, devolvéndome parte das emocións que se foron espertando a propósito do contacto coa vida, da adquisición da linguaxe e do coñecemento alá pola miña nenez. Hoxe, humildemente, quixera homenaxear ao que foi para moitos de nós o MESTRE, Emili Teixidor , que nos deixou estes días, e tamén aos meus alumnos de tantos anos.)

"Mi pan ya no era tan negro, pero con PAN NEGRO pude volver a recordar las sensaciones de la infancia: el perfume de la hierba fresca recién cortada o el hervor de los espárragos; también la geometría de la manzana de nombre exótico, la camuesa; la sensualidad de la siesta, el misterio de los caminos rurales, la espesura de los bosques mágicos, los animales amigos y los sabores nunca olvidados. La higuera siempre nos inundaba de tristeza. Los relatos de los abuelos eran maravillosos, y tanto en ellos como en la vida real no faltaban los personajes míticos a medio camino entre el miedo y el regusto. Las conversaciones de mis mayores siempre tenían un sentido diferente al de las palabras que les servían de soporte y que conocíamos. Aún los días arrastraban el dolor de una guerra, no tan lejana, vertido en suspiro. En la tarde halagaban y reconfortaban el ánimo las sesiones de mate de las abuelas al calor del fogón. En el valle era hermoso el estremecimiento del tren, la transparencia de mi río, el lenguaje de las fuentes, los forasteros, las cartas de América y el sopor del perezoso verano. La tormenta, un terror. La nevada, un sueño.

En el PARAÍSO iba escribiendo dulcemente la memoria en mi retina de niña. Pero luego vendrían otros tiempos apresurados, otros espacios cerrados en los que hubo que recorrer la geografía por encima de los mapas con la punta de los dedos y los ojos muy abiertos, pues ya no era posible corretearla. El periódico era el libro grande que interpretaban los mayores porque no siempre decía lo que había que decir. Por los libros, que me regalaba mi padre, empecé a recorrer el mundo, a enamorarme de la melodía de los nombres: la Luisiana jugosa o Nueva Orleans. Era esta última la ciudad de los balcones de colores, de la música, de las casitas que cabían en mi imaginación y también, la ciudad de los pobres. Luego vendrían los Grisones, el paisaje amable de mil iglesias góticas, con sus ríos, sus montañas..., y en los sueños de enamorada, el recorrido del Transiberiano y una parada en el lago Baikal ...

El tiempo pasaba, y ya detrás del mostrador seguía soñando y me preguntaba si era guapa, lo eres bastante si eres lista, decía mi madre, y yo, y qué hay que hacer para llamarse DON, y ella respondía, estudiar, y yo pensaba, y para no caer en las redes de aquel tarugo al que dicen que yo le gusto, y para no casarse de blanco si llueve, y para no pelearme con la báscula cada vez que me piden un real de cominos, ¿qué hay que hacer?, y en el silencio seguía oyendo su voz, ESTUDIAR.

Y tú, qué haces, no te asaltan las dudas, no te haces preguntas, no sientes la necesidad de saber, nunca merodea por tu solar la SOLEDAD. La LECTURA puede ser tu barco velero y ESCRIBIR, un vuelo. Las palabras os dan la bienvenida y os desean un feliz viaje."

E. Rey Búa