Entre esta semana e a que vén comeza a reunirse a rapazada do Club de Lectura do IES de Vilalonga nos seus diferentes grupos.
O alumnado de 1º ESO, xunto coa profesora Inés, vai ler e viaxar pola fantasía con
Charlie y la fábrica de chocolate, un clásico de Roald Dalh que engaiola cada ano as xeracións que van chegando ao noso Club.
Os grupos de 3º ESO, que xa comezaron esta semana en dúas quendas dirixidas pola profesora Carme Picallo, están a facer un percorrido pola nosa historia a través das profundas e impactantes mensaxes que Castelao nos deixou nas súas Cousas.
Coa profesora Lidia Fernández comezan tamén dúas quendas de 1º BACH, quen os tentará guiar por unha banda, nunha viaxe ao pasado co escenario de fondo da II Guerra Mundial e pasaxes ás veces difíciles de dixerir pero que son unha lección necesaria de realidade para a sociedade actual, neste caso da man de Ledicia Costas e
Un animal chamado néboa. Na banda oposta, o segundo grupo tentaremos que poida sentir e danzar ao ritmo das historias e melodías que nos ofrece Rosalía Fernández Rial no seu
Bonus Track.
Tamén coa
profes

ora Lidia, comeza este luns o grupo de 2º ESO, desta vez da man de Iria Misa e a súa novela
Mamá, quero ser Ziggy Stardust, que promete ser unha lectura desas que deixan pegada.
Agora só nos queda comezar, ir incorporando os outros grupos, deixarvos as
impresións das nosas lectoras e lectores e facervos, na medida do posible, partícipes das súas viaxes particulares.