Día das escritoras

 O IES de Vilalonga únese a celebración do Día das escritoras. Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia alentóusenos a participar para que todos/as recoñezamos e valoremos a creatividade e o traballo das nosas escritoras, a miúdo tan difícil e silenciado.


Blog de Bibliotecas escolares:  O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

 

Elvira Lindo, comisaria de la V Edición del Día de las Escritoras 2020:
"Bien se podría decir que la literatura escrita por mujeres está a menudo espoleada por una conciencia esencial del esfuerzo. En clave autobiográfica o como representación de una colectividad destinada a un trabajo poco o nada reconocido las mujeres expresan cuánto trabajo precisa el acto de amar, de tener hijos o de desear la soledad, cuán férrea voluntad hay que reunir para defender una vocación al tiempo que se cumple con las tareas que ha acarreado tradicionalmente la condición femenina. La voz de las mujeres suele exhalar un aliento esforzado, una conciencia constante de que la vida siempre ha de exigirles más que a los hombres.

De Teresa de Jesús a Idea Vilariño, de Luisa Carnés a Alfonsina Storni, pasando por Elena Fortún, Luz Pozo, Concha Méndez, Mercé Rodoreda, Circe Maia, Gabriela Mistral y tantas otras en cuya escritura se refleja el esfuerzo de vivir, la vida trabajada, el cansancio y la voluntad de cumplir, a pesar de las trampas del camino, con una vocación tozuda e intensa."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais):

"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

O Instituto de Vilalonga organizou unha actividade para visivilizar este Día  para a comunidade escolar: alumnado de 4º da ESO  e 1º de bacharelato cubriron fichas, feitas polas súas profesoras de galego e coordinadas pola profesora Ana Belén Vázquez Pardal, sobre escritoras galegas contemporáneas.  Organizamos os seus traballos nun vídeo e engadímoslle a voz de Silvia Penas recitando: Elas. O vídeo foi proxectado na pantalla da entrada do instituto e deixámolo aquí para todos/ as.

Os alumnos/as que participaron foron:

4º ESO A:  Claudia Pérez Viñas , Inés Sineiro Domínguez, Marta Novas Fernández, Marta Vilar Abal, Mateo Rozas Pérez.

4º ESO C: Noelia Montes Camiña.

1º BACH A: Gabriel Folgada González, Iago Alonso Barriga, Julia Soutullo Parada, Mario Santiso Ferreirós, Nicolás Freijeiro Vázquez.

1º BACH D: Daniela Otero Vázquez, Elena Muñiz Domínguez, Nerea Fernández González, Daniel Castro Besada, Natalia Sabarís Hernanz.

 


CONCURSO "O MEU OUTONO EN FOTOS"

 A biblioteca e o EDLG do IES de Vilalonga organizan o concurso fotográfico con pé de foto en galego "O meu outono en fotos". Aquí tedes as bases:



Premio Nacional de Novela Infantil e Xuvenil

 

A escritora  Elia Barceló foi galardoada co premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 pola súa obra «O efecto Frankenstein», segundo anunciou o ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez  Uribes.
O xurado do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente ao ano 2020 propuxo a concesión deste galardón a María- Elia Barceló  Estevan ( Elia Barceló) pola súa obra O efecto Frankenstein ( Edebé). O Xurado motivou a súa proposta “pola súa prosa fluída e madura, a súa trama perfectamente encaixada ata o final, e uns personaxes que evolucionan ao longo da historia e están dotados dunha profundidade que os fai cribles”.
Á súa vez destacou que “a obra conta cun importante traballo de documentación histórica que mostra a evolución do rol da muller desde hai 200 anos”.  Dirixida fundamentalmente ao lector xuvenil "supón unha achega importante ao fomento da lectura nunhas idades crave para a formación de futuros lectores", segundo comunícado o Ministerio de Cultura e Deporte. Este galardón concédeo o Ministerio de Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2019.

El Diario. es


Premio Planeta 2020

 


 O Premio Planeta de novela é un premio literario comercial outorgado desde 1952 polo editorial Planeta á mellor obra inédita. Foi creado polo fundador da editorial, José Manuel Lara Hernández. Wikipedia


Eva García  Sáenz de  Urturi converteuse nun dos valores máis sólidos para Planeta. A súa Triloxía da cidade branca foi todo un éxito e o seu inspector  Unai López de Ayala non só conta os seus seguidores por centos de miles, senón que tamén deu o salto ao cinema. Esta serie de libros está ambientade na súa cidade natal, Vitoria, e manexa con soltura tanto os códigos do  thriller como da novela histórica. Tras traballar no sector óptico e a universidade, García  Sáenz de  Urturi puido converter a súa afección literaria -dedicou todas as noites a documentar o seu primeiro libro, A saga dos lonxevos, aparecido no 2012- na súa principal ocupación: non en balde publicou seis novelas en seis anos. Para conseguilo aplícase un plan rigoroso: encérrase no seu despacho de oito da mañá a catro da tarde, todos os días, «sábados e domingos incluídos».
Con  Aquitania regresa á novela histórica pura, cun argumento que ten como protagonista a Leonor de  Aquitania, esposa do rei francés Luís VII e, posteriormente, do inglés Enrique II.Xornal:

 La voz de Galicia.



OLGA NOVO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Porque na beleza da terra escriben con tinta

os vosos corazóns

                      eu aprendo.

  Así remataba algunha intervención no acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato, un curso marcado pola Covid-19,  pero que deixou a pegada profunda dunha xeración extraordinaria.

   Estes versos, tan ben escollidos, son parte de Feliz Idade, poemario de Olga Novo, obra que vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020 que outorga o ministerio de Cultura e Deporte. Como ben recolle o xurado, Feliz Idade é o "relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo". 

   Dende o ano 2013, catro poetas galeg@s gañaron o Premio Nacional de Poesía, Manuel Álvarez Torneiro, Gonzalo Hermo, Pilar Pallarés e, este ano, Olga Novo. Pois, como ben di de Olga, "a poesía non sabe de fronteiras, o que importa é a beleza". Gocemos pois desa beleza na lectura de Feliz Idade e na da grande calidade que nos ofrece a poesía galega actual.

REMIOS TORRENTE BALLESTER DE NARRATIVA EN GALEGO


 Álex alonso e Antón Riveiro Coello veñen de gañar o premio Torrente Ballester de narrativa en galego coas obras Granito (Xerais) e O paraíso dos inocentes (Galaxia), respectivamente.

  Mentres que O paraíso dos inocentes ten como pano de fondo a guerra de Siria, en Granito atopámonos no escenario do cuádruple crime de Nigrán que tivo lugar no ano 1994.

 Parabéns para os dous autores e para a narrativa galega, que segue sumando lecturas de grande calidade das que xa podedes gozar na biblioteca do IES de Vilalonga. 

Premio Nobel de Literatura 2020


 

A poeta norteamericana Louise  Glück é Premio Nobel de Literatura 2020, segundo anunciou este xoves a Academia Sueca.  Glück, de 77 anos, debutou con  Firstborn en 1968 e pronto foi aclamada como unha das autoras máis destacadas da literatura contemporánea estadounidense.
Louise  Glück obtivo o galardón por, en palabras do xurado, "a súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual".
A estadounidense publicou doce coleccións de poesía e algúns volumes de ensaio que sobresaen polo seu "esforzo de claridade"
Nada en 1943 en Nova York, vive en Cambridge,  Massachusetts e é profesora de inglés na Universidade de  Yale (New  Haven,  Connecticut), leva toda a súa vida compaxinando a docencia coa creación literaria.
Este ano a pandemia modificou as cerimonias ao redor dos Nobel. A tradicional entrega de diplomas e medallas que leva a cabo cada 10 de decembro, día do aniversario da morte de Alfred Nobel, en Estocolmo (Suecia) viuse cancelada polo coronavirus.



Benvid@s ao curso 2020-2021!!

 

O curso 2020/2021 vai a ser diferente debido a pandemia da Covid-19 e a actividade da biblioteca tamén terá que cambiar. Tentaremos utilizar máis ca nunca o formato dixital para o que vimos preparándonos nos últimos cursos. Non vai ser igual, nada pode substituír  o contacto persoal, as charlas, os consellos, as preguntas espontáneas, etc. Porén temos que expoñelo como un reto: a biblioteca sempre necesaria e presente, cambiante, capaz de adaptarse as circunstancias e de chegar alí onde sexa preciso.

O curso iníciase de xeito presencial, con todas as medidas de seguridade, e aproveitaremos esta circunstancia para coñecernos e formarnos; aínda así, potenciaremos a biblioteca dixital desde o comezo. En caso de haber gromos ou  confinamento total a biblioteca seguirá o seu labor integramente polas redes que xa temos en marcha, esperemos que isto non ocorra.

 Ánimo mozos e mozas, gañaremos esta batalla !!!!!!

 Déixovos aquí o novo protocolo de uso da biblioteca durante este curso, é preciso que todos/as o cumpramos rigorosamente:

 

Protocolo de seguridade e hixiene:

Normas de uso da biblioteca para o curso 2020-21:

 

1.- A capacidade máxima da biblioteca limitarase ao 50% segundo o establecido no protocolo para o ensino non universitario (30 alumnos/as). Na entrada colocarase un cartel informativo sobre a disposición interior. Nas mesas poñerase un sinal nos lugares que poidan ser utilizados de xeito que se manteña a distancia de seguridade.

2.- A entrada farase pola porta contigua a secretaría e a saída pola porta situada fronte a dirección. Haberá carteis e indicacións no chan.

3.- Colocarase a disposición dos usuarios xel hidroalcohólico para a desinfección das mans. Cando rematen a sesión deberán desinfectar o espazo que ocuparon, para o que terán, do mesmo xeito,  materiais a súa disposición.

4.- Todos os materiais da oficina de xestión da biblioteca serán manipulados só polo equipo da biblioteca.

5.- O servizo de préstamo será o habitual, os libros devoltos serán colocados nunha caixa, disposta a tal efecto, na que permanecerán ata o día seguinte que se devolverán de xeito dixital.

6.- A biblioteca establecerá un horario para a petición e devolución de libros, os distintos niveis poderán acudir a biblioteca segundo o establecido no mesmo para previr aglomeracións.

7.- O alumnado será instruído nunhas rutinas durante as xornadas de formación de usuarios (primeiras semanas):uso do xel para as mans á entrada, hixienización do posto ocupado ao remate da sesión, uso de máscara, desinfección de mans e mantemento da distancia de seguridade.

8. Os materiais dos andeis só poderán ser manipulados polo equipo da biblioteca, colocaranse cintas de protección que indiquen que o alumnado debe avisar para collelos, e só os manipulará o equipo tendo en conta as normas de hixiene.

9.- Todos os xogos de mesa serán retirados así como de todos os materiais de exposición, estética, uso colectivo, etc

10.- A biblioteca potenciará todos os recursos dixitais á súa disposición: lecturas dixitais, recursos das distintas materias na web do Centro, blog da biblioteca, programa Elbe.2, etc.