Certame literario "ABRIL DOS LIBROS E MAIO DAS LETRAS"


(Ilustración de Edudardo Baamonde)
2009-2010
A Biblioteca do IES Vilalonga e Normalización Lingüística convocan o concurso literario entre o alumnado, o profesorado e o persoal non docente deste centro, seguindo a tradición de anos anteriores, para conmemorar “ABRIL DOS LIBROS” (días 2 e 23 de abril) e “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” (17 de maio).


BASES:
1. Pódense entregar microrrelatos en galego dun folio de extensión por unha soa cara. Trátase de contar en poucas liñas unha historia, reflexión, desexo, impresión, recordo, unha aventura, que teña que ver co tema das viaxes, pero tamén vale tema libre. Todas as creacións iranse depositando no buzón da Biblioteca ata o día 25 de abril.

2. Estas creacións deben ser rigorosamente orixinais.

3. Modalidades:
· A: alumnado matriculado en 1º e 2º de ESO.
· B: alumnado matriculado en 3º e 4º de ESO.
· C: alumnado matriculado no resto de ensinanzas e niveis.

4. Os traballos irán, baixo un pseudónimo, metidos nun sobre grande en cuio exterior figurará o título, o pseudónimo e a modalidade. Dentro do sobre grande irá un pequeno pechado que debe conter o nome e curso e, no seu defecto, a modalidade da autora ou autor. A cada pseudónimo corresponderalle unha soa obra.

5. Premios:
CATEGORÍA A:
1º premio 60 euros
2º premio 30 euros

CATEGORÍA B:
1º premio 60 euros
2º premio 30 euros

CATEGORÍA C:
1º premio 60 euros
2º premio 30 euros

6. O cheque regalo será canxeable por libros.

7. Os alumnos poderán concursar ademais entregando un poema orixinal (mínimo 15 versos, máximo 20). As tres mellores achegas recibirán un bo premio sorpresa. Están invitados a concursar nesta modalidade os alumnos de 4º de ESO do IES de Sanxenxo.

8. Haberá tamén este ano tres premios sorpresa para os debuxos que mellor ilustren poemas de Uxío Novoneyra.

9. Os premios serán entregados o venres 6 de maio.

http://abeiradaspalabras.blogspot.com/ (blog da Biblioteca / NL).
http://apraiadaspalabras.blogspot.com/ (blog do Club de lectura).

Ningún comentario:

Publicar un comentario