IV Certame de Poesía Xosé A. Barral

 [Imaxe procedente de Concurso fotográfico Turismogrove]



Bases 2010
1. Poderá participar todo o alumnado que estea cursando a ESO ou o Bacharelato durante o curso 2009/2010.
2. Establécense, por tanto, dúas categorías: ESO e Bacharelato.
3. Os poemas, de temática libre, presentaranse en lingua galega. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados en ningún outro concurso. Só se poderá presentar un poema cunha extensión mínima de 20 versos e máxima de 25.
4. Enviaranse 6 copias de cada poema baixo lema ou pseudónimo. Xunto ao traballo, nun sobre aparte, figurará o lema ou pseudónimo e a categoría na que participa. No seu interior incluirase unha nota onde figuren o nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e enderezo electrónico (se o tivese) d@ participante.
5. As obras faranse chegar por correo ordinario ou entregaranse en sobre pechado sen remitente identificador á Biblioteca do IES As Bizocas Balea s/n. Cp. 36988 San Vicente, O Grove (Pontevedra).
6. A data límite de recepción de orixinais é o 5 de abril de 2010.
7. O xurado outorgará dous premios de 125 € e diploma para o poema gañador de cada categoría.
8. O xurado, cuxo fallo será inapelable, poderá declarar os premios desertos, concedelos ex aequo, ou establecer mencións de honra se así o considerase.
9. A decisión do xurado comunicarase ao gañador ou gañadora e anunciarase a través dos medios de comunicación o 19 de abril de 2010.
10.Os poemas gañadores serán musicados, e estreados no Festival Música nas túas palabras, que terá lugar a finais de xuño de 2010, acto no que se entregarán os premios.
11.Os traballos premiados quedarán en propiedade do IES As Bizocas para a súa publicación, os restantes serán destruidos.
12.A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas bases. Coa Colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de O Grove, do Equipo de Normalización Lingüística do IES AS Bizocas, a Compañía da Radio Televisión de Galicia e o IES Monte da Vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario