Opinións de seis alumnas de Bacharelato que están hoxe ás 09:50 na biblioteca:
1 - Paréceme ben que se celebre porque na actualidade hai moita desigualdade entre os homes e as mulleres no mundo laboral.
2 - Non sei moi ben o que quere dicir.
3 - Paréceme mal que se celebre porque se queres igualdade non debes celebrar un día da muller traballadora porque non hai un día para o home traballador.
4 - Non significa nada para min.
5 - Paréceme ben porque ademais así tamén se lle recoñece o traballo ás amas de casa.
6 - A min paréceme ben que se recoñeza o traballo que fan as mulleres que ademais traballan dobremente.
E a ti que che parece?
Deixa o teu comentario.
Rapazas, agora só é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o de traballadora xa pasou a historia.
ResponderEliminarE para celebralo, os americanos veñen de darlle o Óscar á mellor película a unha dirixida por unha muller.
Cantro retrasiño levanos!
Penso que é unha desgracia que aínda hoxe en día haxa que celebrarlo,pero por desgracia aínda son moitas as mulleres que o pasan mal,é por isto polo que me parece ben que exista un día adicado para elas.
ResponderEliminar