Aproveitamos o traballo realizado polo EDL e a Biblioteca do IES Torrente Ballester para iniciármonos na figura do homenaxeado do Día das Letras Galegas 2012.
PRIMAVERA CINE
PELÍCULAS PARA TEMPOS DE ENGANO
ENTRE
GRANDES TITULARES
"O traballo non pode ser unha lei sen ser un dereito " En cartel
Biblioteca Primavera, 2012
2. O Havre. “O finlandés Aki Kaurismäki colecciona perdedores de valioso heroísmo e tamén grandes películas- O Havre é una fábula moral que ilustra unha evidencia: Os que menos teñen son sempre os máis solidarios. O azar fará que Marcel Marx contemple de cerca o drama dos refuxiados africanos e convértase en protector dun menor”.
“Pensar para saber vivir”3. Nader e Simin, unha separación, Asghar Farhadi
Comedia social / drama social?
Drama social e familiar submerso no ámbito cultura persa (Irán) actual
“A democracia incumpre seu espírito”
Depresión, perplexidade… :“Creadores de escaseza”
4. Tres días coa familia (Tres dias amb la familia), Mar Coll. Drama
4. Tres días coa familia (Tres dias amb la familia), Mar Coll. Drama
A xove Léa sempre rexeitou este mundo hipócrita de familia burguesa catalana. Premio á mellor dirección. Premio ao reparto da película. Fermosa historia
”Música para esquecer”
“A Marjorie sobrábanlle os domingos … Un domingo de hai vinte anos morreulle o seu fillo Philip por unha infección de ril… E como non hai tempo que cicatrice a pena dunha nai pola morte dun fillo a pianista negra decidiu sentarse ao piano cada domingo ás catro da tarde. Abriu as portas para todo aquel que quixera unirse…”
6. A voz adormentada, Benito Zambrano, sobre a novela de Dulce Chacón. Drama de posguerra
7. Eva, Kike Maíllo. Ciencia ficción con historia
7. Eva, Kike Maíllo. Ciencia ficción con historia
VILAMOR
O martes día 24 estivo no noso centro o equipo de VILAMOR
o público entregouse sen reservas.Non era para menos!!!
Agora hai que ver a película.
Aquí tedes dous vídeos da charla que deron no instituto.
"Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade".
DÍA DO LIBRO E 25 DE ABRIL
¿Por que non irmandar datas?
Estas dúas quedan ben preto no almanaque e non queremos esquecer ningunha delas.
Abrimos boca cos carteis que fixemos e con tres poesías que hai que reler sempre.
Para non esquecer.
Nos días vindeiros deixarémosvos fotos do acto que celebramos na Biblioteca do centro con GRÂNDOLA soando como música de fondo.
MANUEL UHÍA
O xoves 12 de abril estivo no centro Manuel Uhía co alumnado de 1º de ESO.
O vídeo seguinte é un pequeno "recorte" do seu obradoiro de ilustración.
Charla con Manuel Portas e música con Clara Pino
A semana pasada foi unha especie de semana cultural no noso centro. Visitounos a rapeira Aíd, estiveron connosco os ilustradores: Abraham Carreiro e Manuel Uhía e para rematar esta intensa semana contamos coa presenza do escritor Manuel Portas acompañado pola intérprete Clara Pino do grupo Loaira.
Manuel Portas achegouse ó noso instituto para charlar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre o seu libro Un dedo manchado de tinta. Disertou sobre os xogos narrativos que empregou no libro, onde engarza os protagonistas de cada un dos capítulos a través dun autor implícito, Gonzalo, que serve de elo de unión entre eles. Citou a obra "Seis personaxes en busca de autor" de Luigi Pirandello, que lle serviu como fonte de inspiración.
Clara Pino explicou como se desenvolveu o proceso de recreación en letra e música dos protagonistas do libro. Como a raíz da lectura do libro se compuxo primeiro a letra e logo a música das seis cancións, que aparecen no CD, acompañando o libro. Finalmente agasallounos coa interpretación de dúas delas coa súa arpa.
Clara Pino explicou como se desenvolveu o proceso de recreación en letra e música dos protagonistas do libro. Como a raíz da lectura do libro se compuxo primeiro a letra e logo a música das seis cancións, que aparecen no CD, acompañando o libro. Finalmente agasallounos coa interpretación de dúas delas coa súa arpa.
RECURSOS TIC PARA PROFESORES
Para todos os ou as que usades as TIC deixovos aquí un enderezo que pode resultarvos útil:
O noso PLANISFEIRO
Un planisferio permite visualizar as constelacións presentes no ceo, seleccionando o día e hora do ano no que desexas velas.
O Departamento de Física e Química elaborou co seu alumnado de 2º ESO-A este planisferio dentro dun traballo sobre as proporcións, que continúa a campaña das palabras da ciencia iniciada ó comezo deste curso.
ABRAHAM CARREIRO
O mércores día 11, o ilustrador Abraham Carreiro explicoulles aos rapaces e rapazas de 4º de ESO como facer un cómic e despois púxoos a traballar.
Valentín Paz Andrade: "Pranto matricial"
Música de 2nafronteira para un poema de Paz Andrade (Letras Galegas 2012): "Pranto matricial" que el dedicou ó retorno de Castelao a Galiza.
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...
Galiza, 1954
Valentín Paz-Andrade, Pranto matricial, 1955
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











