DÍA DO LIBRO E HOMENAXE A GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ


Como xa vén sendo tradición na  nosa biblioteca,
este 23 de abril celebramos un ano máis o día do libro agasallando unha flor ao alumnado e ao profesorado que pasou recoller o seu .
Desta volta, as flores vestíronse de amarelo porque quixemos sumarnos con este xesto simbólico aos milleiros de homenaxes que istos días, por todas as partes do mundo, se realizan na honra de Gabriel García Márquez.
Onte, pola mañá, un compañeiro dicíame, mentres collía un libro do mestre, que sentía que se lle fora un colega, tantos momentos de bo pracer lle procurara... e por iso mesmo lle apetecía  relelo.
Estamos seguras que Gabo estará sorrindo alá onde queira que estea... ¡non hai mellor forma de recordalo!
Vaia pois esta modesta e sentida homenaxe dende este recuncho da terra que algo alberga das túas raíces.
En espera dunha lembranza máis profunda,
 para sempre...IN MEMORIAN, Gabo !

b

GUÍAS DE PRIMAVERA

Para que vos poñades ao día en Semana Santa e non vos aburrades, na biblioteca xa tedes estes libros e moitos máis: Pasade a buscalos a vindeira semana.

VIAXE À PARIS DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS DO IES DE VILALONGA

Outro ano máis levamos os nosos alumnos e alumnas de francés coñecer a capital francesa: os seus monumentos, as súas ruas, as súas prazas, a súa gastronomía, as súas xentes cosmopolitas...
Aquí vos deixamos o programa.


Campaña COMO CHO DIGO

Esta campaña realizada pola Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística (CTNL) reinvindica a visibilización do galego nos medios de comunicación, en particular naquelas entrevistas que se traducen ó castelán reiteradamente por estes medios na escrita.

 

Nesta campaña recóllense os testemuños de persoas de moi distintas profesións: xuíces, actores, escritores, controladores aéreos, cantantes, adestradores de fútbol, editores e persoas doutros sectores da nosa sociedade, que mostran o seu descontento por esta actitude continuada dos nosos medios de comunicación escrita.

Exposición do CONCURSO DE ADHESIVOS "Redes sociais e lingua"


A edición do CONCURSO DE ADHESIVOS organizado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés deste ano tivo como tema "Redes sociais e lingua". 

Andrea Garrido González resultou gañadora para imprimir o seu debuxo nun adhesivo. Graciela Méndez Camiña e David Souto Dadín foron finalistas nas súas respectivas categorías.

A BIBLIOTECA DO IES DE VILALONGA HOMENAXEA AS MULLERES

En homenaxe a todas as mulleres, na Biblioteca do IES de Vilalonga fixemos unha exposición cunha selección de libros e películas nas que as mulleres son autoras e/ou protagonistas. Aquí vos deixamos un pequeno video coa música de fondo de Ricardo Arjona e o seu tema Mujeres.


CHARLA DE MANUEL GAGO SOBRE O PATRIMONIO ETNOLÓXICO E CULTURAL GALEGO

A Biblioteca do IES de Vilalonga, organizou unha charla sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico galego que correu a cargo de Manuel Gago, xornalista e profesor na Universidade de Santiago de Compostela.

A charla, á que asistiu o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato, foi artellada arredor de 3 historias moi cercanas a nós xeográficamente das que podedes ver un resumo nos seguintes videos.




Manuel Gago falou apaixoadamente de distintos achados na Ría de Arousa e da  importancia desta como lugar de paso nas rutas de moitas poboacións dende hai séculos.
Gago é o creador dunha páxina web tipo wikipedia  http://patrimoniogalego.net/ na que nos invitou a colaborar co obxectivo de "elaborar un Catálogo Social do Patrimonio Cultural galego, estruturado por comarcas, concellos, pero no que tamén podes recuperar a información por tipo de ben cultural, por cronoloxía…". Escribe tamén Capítulo Cero (http://www.manuelgago.org/blog/),ten publicado o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia  así como varios ensaios.

LUISA VILLALTA: PAIXÓN E COMPROMISO


Unha poeta galega, Luísa Villalta, como símbolo da paixón e compromiso da muller no seu quefacer, neste caso literario par celebrar que hoxe, 8 de marzo, é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


 

"O español e o multilingüismo"




Juan Carlos Moreno Cabrera,  catedrático de lingüística xeral da UAM, e autor de "Los dominios del español: guía del imperialismo lingüístico panhispánico" aclara mitos e prexuízos sobre as linguas.