A biblioteca e o EDLG do IES de Vilalonga organizan o concurso fotográfico con pé de foto en galego "O meu outono en fotos". Aquí tedes as bases:
Premio Nacional de Novela Infantil e Xuvenil
A escritora Elia Barceló foi galardoada co premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 pola súa obra «O efecto Frankenstein», segundo anunciou o ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes.
O xurado do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente ao ano 2020 propuxo a concesión deste galardón a María- Elia Barceló Estevan ( Elia Barceló) pola súa obra O efecto Frankenstein ( Edebé). O Xurado motivou a súa proposta “pola súa prosa fluída e madura, a súa trama perfectamente encaixada ata o final, e uns personaxes que evolucionan ao longo da historia e están dotados dunha profundidade que os fai cribles”.
Á súa vez destacou que “a obra conta cun importante traballo de documentación histórica que mostra a evolución do rol da muller desde hai 200 anos”. Dirixida fundamentalmente ao lector xuvenil "supón unha achega importante ao fomento da lectura nunhas idades crave para a formación de futuros lectores", segundo comunícado o Ministerio de Cultura e Deporte. Este galardón concédeo o Ministerio de Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2019.
El Diario. es
Premio Planeta 2020
O Premio Planeta de novela é un premio literario comercial outorgado desde 1952 polo editorial Planeta á mellor obra inédita. Foi creado polo fundador da editorial, José Manuel Lara Hernández. Wikipedia
Eva García Sáenz de Urturi converteuse nun dos valores máis sólidos para Planeta. A súa Triloxía da cidade branca foi todo un éxito e o seu inspector Unai López de Ayala non só conta os seus seguidores por centos de miles, senón que tamén deu o salto ao cinema. Esta serie de libros está ambientade na súa cidade natal, Vitoria, e manexa con soltura tanto os códigos do thriller como da novela histórica. Tras traballar no sector óptico e a universidade, García Sáenz de Urturi puido converter a súa afección literaria -dedicou todas as noites a documentar o seu primeiro libro, A saga dos lonxevos, aparecido no 2012- na súa principal ocupación: non en balde publicou seis novelas en seis anos. Para conseguilo aplícase un plan rigoroso: encérrase no seu despacho de oito da mañá a catro da tarde, todos os días, «sábados e domingos incluídos».
Con Aquitania regresa á novela histórica pura, cun argumento que ten como protagonista a Leonor de Aquitania, esposa do rei francés Luís VII e, posteriormente, do inglés Enrique II.Xornal:
La voz de Galicia.
OLGA NOVO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA
Porque na beleza da terra escriben con tinta
os vosos corazóns
eu aprendo.
Así remataba algunha intervención no acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato, un curso marcado pola Covid-19, pero que deixou a pegada profunda dunha xeración extraordinaria.
Estes versos, tan ben escollidos, son parte de Feliz Idade, poemario de Olga Novo, obra que vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020 que outorga o ministerio de Cultura e Deporte. Como ben recolle o xurado, Feliz Idade é o "relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo".
Dende o ano 2013, catro poetas galeg@s gañaron o Premio Nacional de Poesía, Manuel Álvarez Torneiro, Gonzalo Hermo, Pilar Pallarés e, este ano, Olga Novo. Pois, como ben di de Olga, "a poesía non sabe de fronteiras, o que importa é a beleza". Gocemos pois desa beleza na lectura de Feliz Idade e na da grande calidade que nos ofrece a poesía galega actual.
REMIOS TORRENTE BALLESTER DE NARRATIVA EN GALEGO
Álex alonso e Antón Riveiro Coello veñen de gañar o premio Torrente Ballester de narrativa en galego coas obras Granito (Xerais) e O paraíso dos inocentes (Galaxia), respectivamente.
Mentres que O paraíso dos inocentes ten como pano de fondo a guerra de Siria, en Granito atopámonos no escenario do cuádruple crime de Nigrán que tivo lugar no ano 1994.
Parabéns para os dous autores e para a narrativa galega, que segue sumando lecturas de grande calidade das que xa podedes gozar na biblioteca do IES de Vilalonga.
Premio Nobel de Literatura 2020
A poeta norteamericana Louise Glück é Premio Nobel de Literatura 2020, segundo anunciou este xoves a Academia Sueca. Glück, de 77 anos, debutou con Firstborn en 1968 e pronto foi aclamada como unha das autoras máis destacadas da literatura contemporánea estadounidense.
Louise Glück obtivo o galardón por, en palabras do xurado, "a súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual".
A estadounidense publicou doce coleccións de poesía e algúns volumes de ensaio que sobresaen polo seu "esforzo de claridade"
Nada en 1943 en Nova York, vive en Cambridge, Massachusetts e é profesora de inglés na Universidade de Yale (New Haven, Connecticut), leva toda a súa vida compaxinando a docencia coa creación literaria.
Este ano a pandemia modificou as cerimonias ao redor dos Nobel. A tradicional entrega de diplomas e medallas que leva a cabo cada 10 de decembro, día do aniversario da morte de Alfred Nobel, en Estocolmo (Suecia) viuse cancelada polo coronavirus.
Benvid@s ao curso 2020-2021!!
O curso 2020/2021 vai a ser diferente debido a pandemia da Covid-19 e a actividade da biblioteca tamén terá que cambiar. Tentaremos utilizar máis ca nunca o formato dixital para o que vimos preparándonos nos últimos cursos. Non vai ser igual, nada pode substituír o contacto persoal, as charlas, os consellos, as preguntas espontáneas, etc. Porén temos que expoñelo como un reto: a biblioteca sempre necesaria e presente, cambiante, capaz de adaptarse as circunstancias e de chegar alí onde sexa preciso.
O curso iníciase de xeito presencial, con todas as medidas de seguridade, e aproveitaremos esta circunstancia para coñecernos e formarnos; aínda así, potenciaremos a biblioteca dixital desde o comezo. En caso de haber gromos ou confinamento total a biblioteca seguirá o seu labor integramente polas redes que xa temos en marcha, esperemos que isto non ocorra.
Ánimo mozos e mozas, gañaremos esta batalla !!!!!!
Déixovos aquí o novo protocolo de uso da biblioteca durante este curso, é preciso que todos/as o cumpramos rigorosamente:
Protocolo de seguridade e hixiene:
Normas de uso da biblioteca para o curso 2020-21:
1.- A capacidade máxima da biblioteca limitarase ao 50% segundo o establecido no protocolo para o ensino non universitario (30 alumnos/as). Na entrada colocarase un cartel informativo sobre a disposición interior. Nas mesas poñerase un sinal nos lugares que poidan ser utilizados de xeito que se manteña a distancia de seguridade.
2.- A entrada farase pola porta contigua a secretaría e a saída pola porta situada fronte a dirección. Haberá carteis e indicacións no chan.
3.- Colocarase a disposición dos usuarios xel hidroalcohólico para a desinfección das mans. Cando rematen a sesión deberán desinfectar o espazo que ocuparon, para o que terán, do mesmo xeito, materiais a súa disposición.
4.- Todos os materiais da oficina de xestión da biblioteca serán manipulados só polo equipo da biblioteca.
5.- O servizo de préstamo será o habitual, os libros devoltos serán colocados nunha caixa, disposta a tal efecto, na que permanecerán ata o día seguinte que se devolverán de xeito dixital.
6.- A biblioteca establecerá un horario para a petición e devolución de libros, os distintos niveis poderán acudir a biblioteca segundo o establecido no mesmo para previr aglomeracións.
7.- O alumnado será instruído nunhas rutinas durante as xornadas de formación de usuarios (primeiras semanas):uso do xel para as mans á entrada, hixienización do posto ocupado ao remate da sesión, uso de máscara, desinfección de mans e mantemento da distancia de seguridade.
8. Os materiais dos andeis só poderán ser manipulados polo equipo da biblioteca, colocaranse cintas de protección que indiquen que o alumnado debe avisar para collelos, e só os manipulará o equipo tendo en conta as normas de hixiene.
9.- Todos os xogos de mesa serán retirados así como de todos os materiais de exposición, estética, uso colectivo, etc
10.- A biblioteca potenciará todos os recursos dixitais á súa disposición: lecturas dixitais, recursos das distintas materias na web do Centro, blog da biblioteca, programa Elbe.2, etc.