Santiago Lopo visítanos por partida dobre.

A principios deste mes de maio o escritor Santiago Lopo visitou o noso instituto por partida dobre. Na primeira ocasión para departir co alumnado de 1º e 2º de bacharelato sobre a súa obra "Hora zulú".                           E na semana seguinte para encontrarse co alumnado do club de lectura de 2º de ESO e PCPI, que leron as súas obras "Game over" e "Peaxes" Graciñas pola túa visita e parabéns polos teus libros.

Día das Letras Galegas 2014

Bo día das Letras Galegas 2014 a todos e cada un dos alumnos e alumnas que nos apoiades nas tarefas de normalización, ó profesorado e o resto da comunidade educativa que tamén está aí. Grazas por celebrar con nós que as letras son todos os días do ano.

LETRAS GALEGAS: IES POETA DÍAZ CASTRO



De novo, logo de ternos agasallado co fermoso vídeo de "A  lus do mundo" o IES de Guitiriz que leva o nome do poeta volve con outra excelente interpretación musicada dun poema seu. Parabéns.

"Penélope" de Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro, LETRAS GALEGAS 2014



"Penélope" é o poema máis emblemático de X. M. Díaz Castro. Con el imos celebrar a súa figura e esculcar os múltiples recursos que se nos ofrecen sobre o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014.

A páxina da Coordinadora Galega de EDLG ofrece unha selección estupenda da que podemos botar man para dar a coñecer a figura deste poeta, autor de Nimbos.

O Caderno de lingua de Román Landín tamén achega unha boa compilación sobre Díaz Castro.

TRABALLAMOS O XORNAL NA AULA


O alumnado de 1º de ESO traballa durante todo o ano co xornal na aula grazas ó programa Prensa Escola da Voz de Galicia, deixámosvos aquí unha mostra do seu traballo colgado no taboleiro da aula.

VISITOUNOS A ESCRITORA LEDICIA COSTAS


 O pasado 10 de abril contamos coa presenza da escritora Ledicia Costas no noso centro. A autora departiu co alumnado de 1º de ESO sobre o libro "Mortos de Ningures". Explicoulles ós rapaces como se escribe un libro a medias con outro escritor. Neste caso Pere Tobaruela. Trátase dun proceso no que empregan unha escaleta,  na que ambos os dous van escribindo cada unha das partes individualmente, logo de decidir a temática do libro. As longas conversas telefónicas e o grupo de WhatsApp, no que tamén está incluído o ilustrador do libro, Andrés Meixide, axudan a poñerse de acordo neste labor colectivo. 

 A escritora respondeu todo tipo de preguntas. Comentou que ela comezou a escribir moi nova, sendo adolescente e que seus pais pensaron que sería algo pasaxeiro que se lle pasaría coa idade. Tamén lles contou como coñecera a Pere Tobaruela nun encontro de escritores que realizaban o camiño de Santiago en autobús. 

 Sobre o libro os rapaces expresaron a súa preocupación porque a protagonista, a inspectora Nola non tivese un home para sobrelevar o coidado dos seus xemelgos. O alumnado do club de lectura, que leu tamén a segunda aventura desta teimuda investigadora no libro "Ouro Negro",  preguntou sobre o futuro do seu axudante, o gato Lolo, posto que estaban intrigados coa sorte que puidera correr tras o súa caída ó mar tinguido chapapote.

 Ledicia Costas tamén reivindicou  a importancia da novela infantil e xuvenil, e a súa escrita en galego como a única posible, posto que ela é galega. Con respecto a esta cuestión estes libros tamén verán a luz en setembro en castelán e catalán. Finalmente tentamos agradecer a súa presenza a través da lectura dun dos seus poemas levada a cabo pola alumna Lara Moldes de 1º ESO C. Agardamos poder volver a contar coa súa presenza entre nós.

Para os que queiran saber máis sobre esta autora estes días anda a presentar a súa última novela, "Recinto Gris". Aquí vos queda unha entrevista sobre ela.

"Xornalismo a pesar de todo"


                                  eldiario.es

Otelo Saraiva de Carvalho: Instrucciones para hacer una revolución

DÍA DO LIBRO E HOMENAXE A GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ


Como xa vén sendo tradición na  nosa biblioteca,
este 23 de abril celebramos un ano máis o día do libro agasallando unha flor ao alumnado e ao profesorado que pasou recoller o seu .
Desta volta, as flores vestíronse de amarelo porque quixemos sumarnos con este xesto simbólico aos milleiros de homenaxes que istos días, por todas as partes do mundo, se realizan na honra de Gabriel García Márquez.
Onte, pola mañá, un compañeiro dicíame, mentres collía un libro do mestre, que sentía que se lle fora un colega, tantos momentos de bo pracer lle procurara... e por iso mesmo lle apetecía  relelo.
Estamos seguras que Gabo estará sorrindo alá onde queira que estea... ¡non hai mellor forma de recordalo!
Vaia pois esta modesta e sentida homenaxe dende este recuncho da terra que algo alberga das túas raíces.
En espera dunha lembranza máis profunda,
 para sempre...IN MEMORIAN, Gabo !

b

GUÍAS DE PRIMAVERA

Para que vos poñades ao día en Semana Santa e non vos aburrades, na biblioteca xa tedes estes libros e moitos máis: Pasade a buscalos a vindeira semana.