Unha curta para comezar o curso con gañas de aprender e buscar na lectura o medio para superar calquera tipo de conformismo cunha realidade que nos pode ser adversa.
Orixinais autorretratos
"Viaxeiros na rúa"
Viaxeiros na rúa. IES VEncina (Ponferrada) from Comisión Cultural M. Sarmiento on Vimeo.
Este é o vídeo gravado polo alumnado do IEs Virxe da Encina de Ponferrada co cal estivemos a nos cartear este curso, onde nos explican a súa experiencia co Programa de galego no ensino desde diversos puntos de vista ( alumnado, profesorado, pais e nais) para conmemorar os 12 anos de implantación do ensino da nosa lingua na comarca do Bierzo.
Intercambio epistolar en galego con Ponferrada

Aquí non cabiamos todos na foto dentro da biblioteca.

Aquí aínda nos estabamos a colocar.

E por fin, estamos todos na foto con profe incluída.
O alumnado de 1º de ESO e 4º de ESO do noso centro realizou un intercambio epistolar en galego co IES Virgen de la Encina de Ponferrada durante este derradeiro trimestre escolar. A experiencia estivo coordinada pola profesora de lingua galega Susana Vázquez Recarey e unha profesora deste centro bercián.
Consideramos que foi unha actividade moi interesante, ata o punto de que tivemos que esperar ata a última carta para que o noso alumnado non lles dese o seu nome e enderezo completo para contactar con eles por outras medios. Tentaremos repetila se nos é posible, cando poidamos publicaremos aquí o enlace do vídeo que realizou o alumnado dese instituto para conmemorar os anos que levan a impartir a materia de lingua galega como optativa.
Traballamos a figura de MALALA YOUSAFZAI
Estes son os rebuldeiros alumnos de 1º ESO C cos seus traballos sobre
Malala Yousafzai
Boas vacacións rapazada!
Exposición de Luís Davila (O Bichero)

Durante a segunda quincena do mes de maio e este mes de xuño contamos no noso centro coa exposición de viñetas do debuxante LUÍS DAVILA, O BICHERO. O autor coñecido por publicar diariamente unha viñeta de humor, moi moi galego no Faro de Vigo, vén tamén de publicar o seu libro O Bichero, menudo día.
Contamos con esta exposición grazas á inestimable colaboración do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía, que nola cedeu amablemente. Foi un éxito entre profesorado e alumnado. Os rapaces de 1º de ESO estiveron a traballar nela, describindo estas viñetas de grande retranca galega nos seus cadernos e estudando a linguaxe da banda deseñada, que xa viran ó preparar os seus traballos para o concurso de cómic que leva á publicación da revista Enórmic Banda.
PRESENTACIÓN DO NÚMERO 15 DE "ENÓRMIC BANDA"
Hoxe, 5 de maio, tivo lugar a presentacción no IES Ramón Cabanillas de Cambados da revista de cómic ENÓRMIC BANDA, na súa décimo quinta edición. Este ano no noso centro tivemos un alto número de premiados, cinco en total, o máis elevado de todos os centros que forman parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Salnés.
Os nosos premiados foron: LUIS IGLESIAS OTERO coa súa obra "Civilización", JOSE PAZOS MOHRI con "Galeghome", DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ co "Desexo", LUCÍA PÉREZ GONZÁLEZ con "Wertesplandor" e ANA OTERO GÓMEZ con "Castelao". Á vista dos seus títulos podedes comprobar como o noso alumnado desenvolveu un amplo labor crítico cunha ollada aguda da nosa realidade social moi de perto. O que demostra que non viven alleos ós cambios que se están a producir na nosa sociedade.
No acto de presentación da revista contouse co autor do limiar Francisco Fernández Rei, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre os novos falantes do galego procedentes doutros países e as múltiples traducións que fan ó xaponés, ou o ruso, entre outros idiomas, da nosa literatura. Tamén estivo presente a pintora autora da portada e contraportada Emérita Méndez. E finalizamos o acto, despendindo ó coordinador Xabier Camba, ó que agradecemos o seu gran traballo durante estes case vinte anos á fronte desta coordinadora comarcal.
El escritor irlandés John Banville, Premio Príncipe de Asturias de las Letras 2014
El escritor irlandés John
Banville, de 68 años, se ha convertido este miércoles en el nuevo
Premio Príncipe de Asturias de las Letras, según decisión del jurado reunido en
Oviedo que lo premia por "su inteligente, honda y original
creación novelesca" y, "a su otro yo", Benjamin
Black -el pseudónimo que utiliza para escibrir novela negra-, por sus
"turbadoras y críticas novelas policiacas". Banville se ha impuesto
a otros 23 candidatos, entre los que también sonaban como
favoritos el japonés Haruki Murakami y el novelista inglés Ian McEwan.
"La prosa de John Banville se
abre a deslumbrantes espacios líricos a través de
referencias culturales donde se revitalizan los mitos clásicos y la belleza va
de la mano de la ironía. Al mismo tiempo, muestra un análisis intenso de
complejos seres humanos que nos atrapan en su descenso a la oscuridad de la
vileza o en su fraternidad existencial", señala el jurado en su acta.
Maestro de la novela negra
Nacido en Wexford (Irlanda) en 1945 y maestro de la novela negra, este
escritor irlandés está considerado como uno de los grandes de
la literatura contemporánea y muchos críticos lo definen
como "el heredero natural" de Nabokov.
Ricardo Rodiño premiado en concursos literarios dentro e fóra do centro
Ricardo Rodiño Balboa é un alumno de 2º de bacharelato,
que leva colleitando premios literarios nos nosos concursos
desde que está no centro. Agora tamén podemos presumir
de que os seus traballos son premiados fóra del.
Aí vos queda a nova, reflectida na Voz de Galicia do venres 30
de maio, coa noticia do seu premio no certame de relato
curto convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais.
![]() |
Foto do Faro de Vigo |
Os mellores relatos, en familia
O Pazo da Cultura acolleu a entrega dos premios do certame de relato curto
convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais
La Voz / Pontevedra
O Pazo da Cultura acolleu onte a festa da creatividades coa entrega dos premios da segunda edición do certame de relato curto convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais de centros públicos de Pontevedra. Sen dubida, este concurso cumpriu os seus obxectivos de fomentar a creatividade dos rapaces, potenciar a expresión e comprensión escrita e estimular o uso do galego nas familias. Iso salta á vista ao comprobar a alta participación que tivo este concurso con 445 relatos presentados. Como sempre, os mais pequenos foron os máis comprometidos, xa que a categoría de primaria foi na que competiron maior número de traballos, seguida da de secundaria e con menos participación a de adultos e de bacharelato.
Do que se trataba era de traballar pola lingua en familia, de aí a participación dos adultos que conviven cos escolares, pais ou profesores. As autoras e autores finalistas, 100 en total, recibiron un libro publicado pola editorial Kalandraka con cada un dos seus relatos. E de entre eles o xurado nomeou un gañador en cada categoría. Un duro día no salvaxe Oeste, de Miguel Bouzas Rodríguez, do CEIP Cabanas, foi o galardoado en Primaria. En Secundaria o premio foi para Eugenia García Magaña, do IES Alobre de Vilagarcía, polo relato Quen di adeus non verá o mañá. En Bacharelato gañou Ricardo Rodiño Balboa, do IES Vilalonga de Sanxenxo, co seu relato Memorias de guerra. E na categoría de Adultos, o premio foi para Agás, de Roberto Antón Santiago, do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra. Ademais da publicación dos seus relatos, todos eles recibiron un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka e unha lámina autenticada polo ilustrador Pablo Otero. Nesta festa da creatividade en familia participaron os concelleiros de Normalización Lingüística e de Educación, Demetrio Gómez e Agustín Fernández, xunto coa diputada Ana Isabel Vázquez, en representación das entidades colaboradoras, Concello e Deputación.
O mal tempo impediu que a homenaxe a primeira directora da antiga Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra, Ernestina Otero, se celebrase onte diante do edificio de ladrillo vermello da Alameda que fora sede de este centro. O paraninfo do Instituto Valle Inclán acolleu finalmente este emotivo acto, no que participaron familiares, representantes das institucións públicas, encabezados polo alcalde Fernández Lores, e unha chea de xente do mundo do ensino. Foi un merecido recoñecemento a unha defensora da liberdade e da renovación do ensino público, que estivo moi vinculada a esta cidade. Esta homenaxe serviu de antesala do segundo Simposio Memoria de Mulleres sobre A escola represaliada e resistente, que se celebra hoxe e mañá na Casa das Campás, coa participación de diferentes especialistas. Os relatorios centraranse no compromiso das mulleres educadoras coas futuras xeracións. Na primeira xornada intervirán Anxo Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)