Entre-culturas: Campaña mundial pola educación.



O pasado xoves, 3 de maio DO 2018, 42 alumnos e tres profesoras do IES de Vilalonga fomos a Santiago a participar no acto central da SAME(Semana de Acción Mundial pola Educación),xunto con outros colexios e institutos de Galicia.


Primeiro, nun auditorio, expuxemos, cada centro, as nosas conclusións do traballado e aprendido acerca do dereito á educación e de como hai lugares do mundo e situacións que dificultan que miles de rapazas e rapaces accedan a ese dereito: pobreza, guerra, inxustiza, catástrofes naturais... Fixémolo con vídeos, pequenas representación teatrais,música, xogos... Logo fomos todos xuntos en marcha cara á Praza da Quintana, coreando lemas como "A educación é o camiño para a paz" " A educación é a solución" e " Deixa a túa pegada pola Educación". 

Nestas fotos e vídeos podedes vernos coa pancarta e as pegadas que levamos desde o instituto. Na Quintana esperáronnos os políticos que nos representan en cuestión de educación e cooperación, aos cales
expuxemos preguntas e peticións para unha contribución verdadeira a
que a educación chegue a todos, para que os países se desenvolvan e o fagan en paz.




Podedes ver uns vídeos da mesma nestes enlaces:
https://youtu.be/OOj_CjqroiA

"Anagnoriseando"



Continuamos cos nosos vídeos de 2º de bacharelato sobre as Letras Galegas, neste Isabel Garrido e Alba Fernández xa se centran de cheo na autora das nosas letras 2018, María Victoria Moreno e na súa obra "Anagnórise" analizando pormenorizadamente diversos aspectos desta novela.

"Unha muller paseando dous cans preciosos"

O pasado 20 de abril estreouse en Sanxenxo a obra "Unha muller paseando dous cans preciosos". Dentro do programa falaRedes esta peza teatral pretende divulgar a vida e obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas nosas Letras 2018 e foi unha chiscadela a súa estancia no IES de Vilalonga a escolla da súa estrea no noso concello. 

O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN E AS ACTRICES

O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do noso centro asistiu a esta representación teatral que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
En palabras de Jaime Camiña de 2º de ESO: "Nesta obra había dúas señoras que nos contaban toda a vida desta escritora"


MARUXAS SEN PREXUÍZOS a falar das GALEGAS NAS LETRAS

Comezamos o mes das Letras Galegas cun vídeo das nosas alumnas de 2º de bacharelato A para poñérmonos ó día da pouca presenza feminina que tivemos até hoxe na nosa celebración por antonomasia.

Ana Cores, Cecilia Lores e Noelia Otero repasarán as Galegas nas Letras até chegar ás Letras 2018, nas que se está a reinvindicar a figura de María Victoria Moreno, que ademais foi profesora no noso centro. 

SAÍDA A RIBADAVIA E CELANOVA



O 24 de abril o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha saída a Ourense programada polo EDLG.

Pola mañá, ademais de facer un percorrido pola vila de Ribadavia (castelo, barrio xudeu, Casa da Inquisición...), alumnos e alumnas asistiron a unha visita guiada polas salas  dedicadas á pesca, á cerámica, ó liño, á fotografía ou ó viño no Museo Etnolóxico.
Pola tarde, houbo dúas visitas tamén guiadas:  Celanova e Vilanova dos Infantes.  Na casa natal de Curros, a Casa dos Poetas, o alumnado achegouse á traxectoria vital do autor de Aires da miña terra. En Vilanova subiu á Torre da Homenaxe, desde a que se pode contemplar o santuario da Virxe do Cristal, e coñeceu  a relevancia que tiveron os zapateiros nesta vila, na que a mediados do século XX  desenvolvían o seu labor máis dun cento de  artesáns deste gremio.  A poucos metros da torre o noso alumnado visitou a cova de san Vivián, na que teñen os zapateiros o seu museo.
Curros fai referencia a eles ó versificar a lenda da Virxe do Cristal: “Vilanova dos Infantes / é vila de grande sona: / n’hai zapateiros no mundo / que batan millo-la sola”.


Traballando coas maletas viaxeiras















Ao longo do mes de abril traballamos coas maletas que nos prestaron no CFORE de Pontevedra da Xunta de Galicia con materiais para formar sobre a igualdade de xénero: 1º Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020. Levámolas a diferentes cursos da ESO na hora de titoría, alí o profesorado repartiu os materiais entre o alumnado, despois de ler e curiosear nos mesmos e de facer preguntas sobre o que lían abreuse un tempo de debate, referente o que estiveran vendo e tiñan que explicar a súa opinión sobre o mesmo.







    O alumnado e o profesorado opinan que foi unha actividade interesante.


OBRADOIRO DE BD CON XOSÉ TOMÄS


O martes 17 de abril contamos coa presencia de Xosé Tomás, un dos debuxantes  máis sobresaíntes do panorama actual da ilustración e a BD galegas. Como colaborador na parte  gráfica ou autor do texto e os debuxos publicou moitos traballos, sobre todo no apartado da literatura infantil e xuvenil. Este obradoiro foi dirixido aos alumnos de 4º de ESO, tanto aos de Plástica como a outros interesados no mundo da BD, que puideron gozar da proximidade deste profesional. A charla comezou cunha breve introdución á historia e aos recursos narativos da BD. Unha charla que, dado o reducido número de participantes, foi interrumpida constantemente coas reflexións do alumnado ante as preguntass e as consideracións plantexadas por Xosé. Na segunda parte deste pequeno obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de debuxar varias propostas. Unhas encamiñadas a practicar a lóxica narrativa dunha escena en viñetas, outras a experimentar cos globos, os deltas e os encadres e, finalmente, a describir gráficamente varios personaxes. O grao de participación activa neste tipo de talleres fai que sempre se quede curto o tempo empregado neles.


Premio Cervantes - 2017





O nicaraguano Sergio Ramírez foi galardoado o 23 de abril de 2018 co Premio Cervantes 2017, o que lle converte no primeiro escritor centroamericano recoñecido con este galardón. O fallo do xurado feito público polo ministro de Educación, Cultura e Deporte de España, Íñigo Méndez de Vigo, resaltou que Ramírez (1942) foi galardoado por reflectir na súa literatura "a viveza da vida cotiá, convertendo a realidade nunha obra de arte".

Dotado con 125.000 euros (147.500 dólares), esta edición do premio volveu a cumprir a lei non escrita que reparte o galardón de forma alternativa entre Latinoamérica e España.

Doutor en Dereito pola Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua, Ramírez é autor dunha prolífica obra na que cultivou numerosos xéneros, desde contos como O reino animal ou Perdón e esquecemento a novelas como Sombras nada máis, Mil e unha mortes, Sara ou  Margarita, está linda a mar, pola que en 1998 recibiu o Premio Alfaguara e o Casa das Américas.
   O país, (23/04/2018)

CARTEIS ENTROIDO - DISEÑOS ADHESIVOS





















 






Despois da exposición do estudo sobre o uso do galego na prensa realizado polo alumnado de 2º de ESO e dos traballos do alumnado de 3º sobre o Entroido, nas próximas semanas poderemos contemplar os debuxos cos que o IES de Vilalonga participou no XXIV Concurso de adhesivos convocado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés.

 A finais do mes de maio chegará ó noso centro a exposición dos traballos gañadores e finalistas.


23 de abril- Día do libro



                                                                                                           





Hoxe, 23  de abril, celebramos no noso Centro o Día do Libro con varias actividades:

  1. O venres 20 de abril fomos ao teatro co alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO. A ver unha obra sobre Mª Victoria Moreno.
  2. Puxemos un cartel(o modelo sacámolo de internet) anunciando esta data, pintado polo profesor de plástica Eduardo P. Bahamonde e os alumnos de 3º ESO B.
  3. Colocamos cateis por todo o Centro anunciando o día do libro e un préstamo-unha flor.
Trouxemos 100 caraveis e quedaron 6,  NON ESTÁ MAL!!!!!!!!!!!

“O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito”. Miguel de Cervantes