Lecturas para todos/as.
O Proxecto Meiga da Consellería de Educación, universidade e formación profesional da Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa piloto E-LBE.2 que forma parte do Plan LIA . Busca
que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital e dean
conta das posibilidades que ofrece para a mellora da competencia e dos hábitos
de lectura entre os máis novos.
Dadas as circunstancias espaciais que estamos a vivir e co ánimo de acercar a lectura dixital a todos/as mándanos trece imaxes que fan referencia a cada un dos carruseis da propia plataforma. Cada unha das imaxes ten un código QR que vos dirixe á web.
Club de lectura de 1º de bacharelato.
Outro curso máis que vai chegando
ao seu fin e toca facer reconto das actividades que se propuxeron dende a
Biblioteca, como os clubs de lectura. No caso de 1º de Bacharelato hai moi bos
momentos compartidos nesas sesións de mediodía, sempre aderezadas cun biscoito
de sobremesa, acompañado de boa conversa e risas. Hoxe toca recordar as
actividades que realizou o alumnado en torno aos libros que se compartiron,
actividades nas que despregaron o seu talento (algunha ten madeira de artista)
e que demostraron que un libro sempre promove creacións marabillosas. Aquí
están algunhas mostras do bo saber destes rapaces e rapazas.
A primeira lectura foi o cómic Blacksad,
de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido,
e moitos dos rapaces e rapazas se decantaron por facer un “booktrailer”.
Na
segunda lectura, as actividades foron máis variadas. Neste caso a obra foi a
novela Alterworld
de Antonio Huertas, que nos permitiu coñecer, dun xeito moi ameno, algo máis
sobre a ciberdelincuencia. Os rapaces e rapazas fixeron unha recomendación en
vídeo, un booktrailer e unha recopilación dixital dos lugares onde se
deselvolve a historia: https://prezi.com/view/CK0j0tq3u6qv3qdKf0g3/
E, xa sabedes, o ano que ven vós
podedes desfrutar destas lecturas, só tedes que pedilas na Biblioteca.
CLUB DE LECTURA 2º BAC: A CRUELDADE DE ABRIL
Pequenos agasallos foron acompañando as xuntanzas nestes dous anos de club de lectura co alumnado de Bacharelato. As lecturas, as palabras e mesmo os silencios alimentaron un interese que medraba na compaña dos textos e no contacto con algúns dos nosos autores e autoras, pero sobre todo, nutríase dese seguir estando xunt@s.
Estes son algúns dos traballos nos que Uxía, Ángela e Ainhoa reflectiron coa pintura
algunhas pasaxes do libro A crueldade de abril de Diego Ameixeiras. Tamén Antía e Elena nos deixaron un curioso e detallado escenario do crime, e outras compañeiras e compañeiros fixeron escenarios, déronlle unha vida propia co relato a algúns dos personaxes, e mesmo gravaron pasaxes ou documentaron na prensa escrita e audiovisual o crime do casino.
Canto talento e corazón se espalla neste xuño cara a novos camiños e canto deixaron no seu paso polo noso club de lectura e o IES de Vilalonga.
Estes son algúns dos traballos nos que Uxía, Ángela e Ainhoa reflectiron coa pintura
algunhas pasaxes do libro A crueldade de abril de Diego Ameixeiras. Tamén Antía e Elena nos deixaron un curioso e detallado escenario do crime, e outras compañeiras e compañeiros fixeron escenarios, déronlle unha vida propia co relato a algúns dos personaxes, e mesmo gravaron pasaxes ou documentaron na prensa escrita e audiovisual o crime do casino.
Canto talento e corazón se espalla neste xuño cara a novos camiños e canto deixaron no seu paso polo noso club de lectura e o IES de Vilalonga.
Día Internacional dos Museos.
Día Internacional dos Museos: «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 que se celebra o 18 de maio. A pesar da actual situación de pandemia, celebrarase mediante a organización de actividades dixitais e en liña.
Este encontro internacional ten como obxectivo reflexionar desde os museos sobre a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos e ofrecer ferramentas para superar os prexuízos no que os museos contan e mostran.
O Museo da BNE organizou diferentes exposicións e actividades nas que se mostraron realidades diversas a través do riquísimo patrimonio que se conserva na Biblioteca Nacional de España.
Para esta ocasión seleccionouse a exposición virtual "Mans con voz propia: cincocentos anos de lingua de signos" na que se fai un percorrido que se inicia co primeiro manuscrito conservado sobre os primeiros intentos de educación das persoas xordas: o Tratado legal sobre os mudos de Laso, datado en 1550, ata a actualidade, prestando unha especial atención aos fondos conservados datados no século XIX.
Este encontro internacional ten como obxectivo reflexionar desde os museos sobre a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos e ofrecer ferramentas para superar os prexuízos no que os museos contan e mostran.
O Museo da BNE organizou diferentes exposicións e actividades nas que se mostraron realidades diversas a través do riquísimo patrimonio que se conserva na Biblioteca Nacional de España.
Para esta ocasión seleccionouse a exposición virtual "Mans con voz propia: cincocentos anos de lingua de signos" na que se fai un percorrido que se inicia co primeiro manuscrito conservado sobre os primeiros intentos de educación das persoas xordas: o Tratado legal sobre os mudos de Laso, datado en 1550, ata a actualidade, prestando unha especial atención aos fondos conservados datados no século XIX.
Dende o centro tamén quixemos colaborar e a
profesora de Lingua e Literatura castelá Fátima Barreiro ademais de animar
ao alumnado a visitar a exposición virtual "Manos con voz propia:
quinientos años de lengua de signos", pedíuselle que elaboraran un vídeo
presentándose en LSE. Aquí temos dúas mostras do ben que o sabe facer o noso
alumnado. Laura Esperante de 1° de Bach A.
Sabes que di a compañeira?
Alba García, de 1° de Bach B
Aquí vos deixo a dirección da páxina da BNE para que ampliedes a información: http://www.bne.es/es/AreaPrensa/noticias2020/0514-el-museo-bne-en-dia-internacional-de-los-museos.html
Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO NA NOSA BIBLIOTECA
Aínda que sabemos que non son tempos de poder achegarnos á Biblioteca do IES de Vilalonga, debedes saber que para cando poidamos volver aos nosos andeis, alí vos está agardando este atractivo libriño para achegarvos a Ricardo Carvalho Calero, unha persoa das nosas letras á que lle debemos moito polo seu compromiso, o seu traballo e sobre todo o seu amor á lingua e á literatura galega.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
FELIZ ANO CARVALHO CALERO!
Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - PARTICIPA EN DIVERSAS INICIATIVAS ARREDOR DO NOSO AUTOR: RICARDO CARVALHO CALERO
A Coordinadora territorial dos EDLG de Pontevedra convídanos a participar en diversas iniciativas arredor do autor homenaxeado este ano no Día das Letras galegas, Ricardo Carvalho Calero.
- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. Aquí están as bases: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0111/certame-relatos-breves-feiraco
- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas . O prazo de presentación remata o 31 de maio. Dispoñedes das bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-2020
- Premio Literario Nortear para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal, un certame de relatos curtos en galego ou portugués promovido pola Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ao que poden presentarse persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. Como podedes comprobar, a data límite para entregar os textos ampliouse ata o 30 de xuño https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X48527/modificanse-bases-sexta-edicion-premio-literario-nortear-para-adaptarse-limitacions Tedes a convocatoria en:https://www.gnpaect.eu/portal-transfronterizo/cm/files/get?id=20191205094632445_RegulamentoGal.pdf
Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - COÑECEMOS A CARVALHO CALERO
Achegámonos ao 17 de maio, Día das Letras Galegas, e dende a Coordinadora territorial dos EDLG de Pontevedra ofrécennos unha serie de enlaces e recursos para achegarnos á figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero.
- Carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html
- Materiais e das numerosas actuacións dos centros educativos que aparecen na sección do Día das Letras Galegas: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
- Unidades didácticas elaboradas pola Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa. Dispoñedes de dúas versións (galego e portugués): https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0009.html
- A colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html
- O proxecto As pitas baixo a choiva da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica: http://aspitas.gal/
- O libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum fotográfico:http://seminariogalan.org/
Xa non tedes escusa para non achegarvos á figura de RICARDO CARVALHO CALERO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)