É un pracer ver ó noso compañeiro Eduardo Baamonde pintando as súas acuarelas en directo. Neste vídeo podedes comprobalo con esta sesión ó aire libre por Cambados gravada por Josebe Arrillaga.
"A vida do estudante éche así de dura"
Aquí vos deixo este divertido vídeo creado por estudantes, que recrea o noso imaxinario colectivo como profesorado e alumnado. Especialmente dedicado para o alumnado da selectividade.
Se ides ós comentarios de YouTube atoparedes unha interesante restra de comentarios que dan para analizar desde o punto de vista sociolingüístico.
Se ides ós comentarios de YouTube atoparedes unha interesante restra de comentarios que dan para analizar desde o punto de vista sociolingüístico.
GUITIRIZ E DÍAZ CASTRO
Aínda estamos celebrando a Vidal Bolaño e xa nos anuncian que as Letras do vindeiro ano 2014 estarán adicadas ao poeta Xosé María Díaz Castro.
Velaí tendes o excelente traballo co que nos agasalla o IES DÍAZ CASTRO de GUITIRIZ e que nos permite achegarnos a súa figura. PARABÉNS aos autores e autoras e aos responsables desta iniciativa!!!
FEIRA DE CIENCIAS 2013
Un ano máis o noso instituto desenvolveu a súa FEIRA DAS CIENCIAS. Organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, e os seus profesores Nuria, Tomás, Gabriel, Irene e Velay. Participou nela o alumnado de 1º de bacharelato, A e B, 4º de ESO B, 4º de diversificación, 2º e 1º de ESO. O resto do alumnado e profesorado fomos espectadores dos numerosos experimentos e enxeñosos inventos cos que nos agasallaron.
Parabéns para todos e cada un dos que fixeron posible, de novo, esta exitosa actividade.
Días De Cine En Melancólica Primavera
Carlos Boyero, crítico de cine, fai pouco tempo no seu
aniversario recordaba catro películas que o emocionaran especialmente:
O buscavidas, O importante é amar, O último tango en París e Léolo
1) O buscavidas (The Hustler), de Robert Rossen (1961). Drama
Excelente película e magnífica interpretación de Paul Newman e Jackie Gleason. Só me resta dicir que a beleza destes actores foi eclipsada pola súa outra beleza, a da interpretación, e coma tantas veces esta última é a que importa, a que agranda as demais.
Andrzej Zulawski (1975). Drama
Para moitas xoves dos anos
setenta Romy Schneider, Paul Newman e tantos outros foron soños entón e seguen sendo mitos que acompañan
as nosas vidas. Detrás viñeron outras mociñas que riron e choraron com eles...
Longa vida...!
Crítica
“Mágico encuentro con un cine que busca la emoción, que desconoce el
falso pudor, que arremete y conmueve, que remueve el corazón y las tripas y que
permanece en la memoria selectiva y en sus sensaciones más íntimas. Ejerce de
catarsis”
Carlos Boyero
“Filme sobrevalorado con la invasora presencia de Schneider: nunca tanta
luz creó tanta oscuridad como el rostro de esta mujer”
Ángekl Fernández Santos
3) O último tango en París (Last Tango in París), de Bernardo Bertolucci 1972. Drama erótico
Nos últimos anos do franquismo moitas persoas vimos este filme fóra e
dentro do país...
E outras...
E outras...
4) A Encaixeira (La Dentellière), de Claude Goretta 1977. Drama
Unha noviña
Isabelle Hupper revélase aqui como a grandísima actriz que vai ser. De xove saín desta
película con rabia e dor. Nunca a esquecín. A nai dela non lle dixo que sendo
pobre, fermosa e intelixente o que debería facer na vida, antes de nada, era
estudar. E o estudante, que ela coñeceu en Normandía, non aprendeu nos libros a escoitar a mirada,
non aprendeu na Universidade a se desfacer da sombra de súa nai, que libros
lería? Que pena de tanto estrago!
5) América, América (America, America),
de Elia Kazan
1963. Drama. Emigración/Inmigración
Stavros
é um xove grego que vive em Anatolia coa súa família e soña con América. Nada
vai ser fácil. Vista agora é coma um mareo, coma se nós volveramos atrás, aos tempos da película...
6) A guerra dos botóns (La nouvelle guerra des boutons), de Christopher Barratier 2011. Comedia de aventuras.
Versión da película clásica. Un ciclo de películas pensadas para o proxecto “ Cine e educación” (La guerra de los botones, Los chicos del coro…). Con esta película volvemos á infancia, ás guerras dos maiores vistas e vividas polos cativos.
6) A guerra dos botóns (La nouvelle guerra des boutons), de Christopher Barratier 2011. Comedia de aventuras.
Versión da película clásica. Un ciclo de películas pensadas para o proxecto “ Cine e educación” (La guerra de los botones, Los chicos del coro…). Con esta película volvemos á infancia, ás guerras dos maiores vistas e vividas polos cativos.
7) Another year (Another year) , Mike Leigh 2010. Comedia dramática
cine no teatro, teatro no cine…, o decorrer da vida cotiá con toda a súa humanidade
8) Ludwig. Luis II de Baviera, o rey tolo (Ludwig II)
de LuchinoVisconti 1972. Drama histórico
A decadencia axexa a este mecenas, breve rei tolo de Baviera, exquisito soñador unicamente protexido e comprendido pola súa prima "Sissi" Emperatriz de Austria. Unha vez máis, unha gran película de L. Visconti. Marabillosa Romy Schneider.
Todas elas están na Biblioteca do centro!
Todas elas están na Biblioteca do centro!
ERey
30 anos da LNL, Núm. 3 de "LETRA MIÚDA" e punto.GAL
Destacamos hoxe tres novas normalizadoras:

- Celebramos os 30 anos da Lei de normalización lingüística (LNL), coas súas luces e sombras. Deixamos aquí unha análise de distintos persoeiros sobre esta nova.
- A aprobación de .GAL polo ICANN, o organismo internacional que goberna os enderezos URL da Internet, dominio que servirá á comunidade lingüística e cultural galega.
MÚSICA DESDE ÁFRICA
"Haiti"
(from new album "Amanké Dionti")
Ablaye Cissoko & Volker Goetze
Moita beleza, enorme interpretación, un pouco de historia e un relato, hoxe, desde Senegal, un grito poético. Illa de Gore, estación de escravos rumbo a América, e denuncia da situación actual de moitas mulleres escravas: ÁFRICA
Ablaye Cissoko & Volker Goetze
La biblioteca escolar, un centro de recursos
Cristina Novoa desde as Bibliotecas Escolares de Galicia fala do importante papel que as nosas bibliotecas están a ter na toma de contacto e tratamento por parte do alumnado das novas ferramentas da información e a comunicación.
MÚSICA, CANCIÓNS ... PARA UN TEMPO DE LOBOS, DE GUERRA: AMOR
fai poucos días os xornais daban a triste nova... unha xove moitos xoves e maiores puxéronse a escoitar esta canción en París e no resto do planeta... quédate sempre "meteco"... In Memoriam
Bob Dylan: The girl from the north country
LULAVAI EN VIVEIRO
"Haurtxo polita sehaskan dago, zapi xuritan txit bero.
Amonak dio: ene potxolo, arren egin ba, lo, lo.
Txakur haundia etorriko da zuk ez badeza egiten lo;
horregatik, ba, ene potxolo, egin aguro lo, lo, lo.." ?
escóitase tamén en galego no CD, atentos!
LULAVAI: CorDas Verbas
que ben soan estas arpas celtas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











.jpg)

