Entreculturas no IES de Vilalonga.



       O martes 7 de maio, un grupo de alumnas e alumnos quedamos a comer no

 instituto para participar, de 3 a 4 tarde, nun obradoiro chamado "É a hora da 

igualdade", que foi animado por Lorena e Abel, traídos pola fundación Entreculturas. 

 Pasámolo ben reflexionando sobre a situación actual da igualdade de xénero e

 imaxinando planetas futuros alumeados por estrelas de xustiza, compromiso e 

igualdade"











Xornadas de RCP e soporte vital báxico.



A Consellería de Educación e a SEMES Galicia, coa intención de dar continuidade ás xornadas iniciadas o curso pasado, ofreceu un ano máis ao IES de Vilalonga unhas xornadas formativas sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) e soporte vital básico dirixidas ao alumnado de 1º da ESO, 1º de bacharelato e 1º dos Ciclos formativos. 
   A actividade levouse a cabo o día 25 de abril e foi impartida por médicos, enfermeiros e técnicos da SEMES Galicia coa colaboración da Fundación pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE).
O alumnado valorou positivamente este obradoiro que considerou de gran importancia e moi práctico en caso de emerxencia sanitaria.






VIAXE A PARIS DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS 2019


O Departamento de Francés, como vén sendo habitual, realizou a súa viaxe de estudos , este ano o destino elexido foi París. A continuación podedes ver o programa que levamos a cabo catro profesores do centro acompañando a alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º de bacharelato ao que lle agradecemos a súa actitude aberta e o seu bo comportamento.



Aquí vos deixamos algunhas opinións dos mozos e mozas que participaron na viaxe.


"Saímos cara a París o 6 de abril e pasamos alí 6 días. Foi unha grande experiencia que de seguro a moitos lles gustaría repetir.
Tivemos a oportunidade de visitar algún dos museos de arte máis relevantes do mundo, como poden ser renomeado Louvre, con pezas históricas de arte; ou o Pompidou enfocado na  arte moderna e contemporánea. Tamén visitamos os monumentos máis importantes da cidade, coma o Arco de Triunfo ou Notre Dame e, como non, a Torre Eiffel. Sobre todo, descubrimos París recorrendo en múltiples ocasións as súas rúas e prazas, e algúns mesmo nos atrevemos a probar a gastronomía do lugar!
Ademais, desfrutamos moito pasando o tempo cos nosos amigos, cos de sempre e facendo algún novo. A moitos sorprendeunos tamén a liberdade que tivemos en canto a tempo libre, pero foi moi benvida pois permitiunos explorar a cidade aínda máis pola nosa conta e tamén nos deu máis opción para poder escoller onde comer.
En conclusión, unha viaxe marabillosa que, insisto, volvería repetir. En fin, xa veremos o ano que ven".
                                                                                    Mario Santiso (3º ESO)

"París, impresionante. Impresionante por sus vistas, su cultura, su diversidad, su historia... pero sobre todo por los buenos recuerdos que me llevo de allí. Recuerdo que el primer día, subiendo al autobús en Villalonga, me iba con las expectativas un poco bajas, sin estar del todo convencida si había escogido bien. Pero no, no me equivoqué, de hecho,  no podría haber elegido mejor.
No cambiaría nada, es cierto que regresé un poco decepcionada con algunas cosas: el museo del Louvre, por ejemplo, y el castillo de Disney, ya que me lo imaginaba más grande, pero eso es lo de menos, el resto lo compensó todo, desde la Tour Eiffel hasta el Arco de Triunfo.
Además, si tuviera que quedarme con una actividad sería el museo Pompidou, por su originalidad y diversidad. Fue genial poder ver obras que habíamos estudiado, tanto ahí como en el de Orsay y en el Louvre. La Defensa también fue espectacular, ver un barrio tan diferente al resto de París.
Al final, todos los kilómetros recorridos, las habitaciones pequeñas y los desacuerdos con los amigos fueron lo de menos, detalles que pasaron a un cuarto plano. Sólo hubo un día que cambiaría, el último, y no por lo que hayamos hecho sino por ser precisamente por ser el día de la vuelta".

                                                                                 Antía Martínez (1º BAC)

"Si tengo que describir este viaje sería con una sola palabra: IMPRESIONANTE. Una ciudad llena de magia, calles preciosas y edificios que no puedes dejar de mirar… y qué mejor que visitarla con gente a la que le tienes un cariño especial.
¡Ojalá no sea el último viaje!"
                                                                                 Adela Silva (1º BAC)

E xa para rematar botádelle unha ollada à reportaxe gráfica.












   
 
 
 



ENTREGA DE DIPLOMAS DO CONCURSO DE ADHESIVO

















O día 2 de maio tivo lugar no IES de Vilalonga a entrega de diplomas do concurso de adhesivos pola normalización lingüística organizadopola coordinadora de Equipos de dinamización lingüística do Salnés.
Os traballos presentados, baixo o título “As cores da lingua”,  reinterpretaban obras pictóricas de artistas da nosa terra.
Establecéronse tres categorías: primeiro ciclo da ESO, segundo ciclo de ESO e Bacharelato e ciclos formativos. En cada unha seleccionáronse primeiro premio, segundo premio e varios finalistas.
Participou alumnado do IES Armando Cotarelo Valledor, do IES Bouza Brey,  do IES Miguel Ángel González Estévez , do IES Ramón Cabanillas, do IES Francisco Asorey, do IES Faro das Lúas, do IES Castro Alobre, do IES A Basella, do IES de Barro, do IES de Sanxenxo, do IES de Meaño e do CPI de Mosteiro. Porén, por problemas de axenda,  só acudironprofesorado e alumnado do  Bouza Brey, daBasella, do Ramón Cabanillas, do Castro Alobre e do  Armando Cotarelo Valledor.
Contamos coa colaboración de Carlos Bóveda, Manuel Caneda, Alexandrei Longo, Sara Martínez, Damián Rial, Mateo Rozas e Yeray Magariños, regueifeiros e regueifeiras de segundo de ESO, que iniciaron e remataron o acto, e do alumnado de terceiro e cuarto de ESO,ÁngelBerreco, Álvaro González, Nicolás Straehli, Noa Vázquez,Laura Pereira, Carmen Soto e Manuel Arnoso,  que presentou e entregou diplomas, flores e agasallos.ÁlexCacabelos tivo o control, unha vez máis, da presentación audiovisual que recollía os traballos escollidos.MOITAS  GRAZAS!!!!!!!






ELI RÍOS FALOUNOS DE LUNS



Esta mañá estivo no IES de Vilalonga a escritora ELI Ríos para falar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Luns, pero tamén para amosar todos os temas que nesta novela se tratan e que están no discurso da sociedade neste momento, case todos arredor da igualdade de xénero, ou máis ben a desigualdade histórica e as súas consecuencias.

Eli Ríos naceu en Londres en 1976. Ao pouco tempo regresou a Galicia, concretamente a Ordes, onde pasou a súa infancia. Despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía, instalouse ao pé do Castro de Elviña.

Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega.

Gañou diversos premios literarios como o XII Premio de Poesía Concello de Carral en 2009, con Nós escoitando o badalo de marienplatz; o XL Premio Modesto Figueiredo en 2014 con Remexido de patacas; XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración 2014, por Bicha; I Premio de poesía Rosalía de Castro en 2015, con Café intenso; XVIII Certame Francisco Añón de Poesía 2015, con Doe tanto a túa ausencia;  XVII Premio Torrente Ballester 2016 por Luns (polo que hoxe está aquí); ou o IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente en 2017 por Culpable, entre outros.

Eli é unha autora polifacética que ten publicado libros de poesía, narrativa infantil e xuvenil e novelas para adultas e dedica moito do seu tempo a espir ou deixarse espir neses textos que un día deixou en papel para as súas lectoras.

Quizais entre tantos textos, ben estaría terlle dado a palabra a Eli con algunha cita dos seus múltiples libros, mais hoxe decidimos que a palabra lla ía dar a voz doutros versos, a dos de alguén que non os pode berrar, os versos da protagonista dunha das noticias que Eli comentou con nós hoxe, Sesé Mateo, unha voz que nos seus últimos textos chegou a escribir:

            Tengo una vida fabulosa.

            Mi vida está llena de amor.

            El amor de mi vida comienza por mi misma.

            Tengo dominio sobre mi vida.

            Soy una mujer poderosa.

            Soy digna de amor y respeto.

            No estoy sometida a nadie, soy libre.

            ...

            Estoy a salvo y todo está bién en mi mundo.



Quizais isto mesmo pensou a nosa Nerea, a protagonista de Luns, á volta da última sesión médica... e entón deixamos que Eli falase.



I CERTAME DE REGUEIFAS CONCELLO DE SANXENXO

O alumnado de 2º ESO do IES de Vilalonga participou o pasado 11 de abril, xunto con compañeiras e compañeiros do IES de Sanxenxo e o Colexio Abrente, no I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo que tivo lugar no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.
Ao encontro asistiron ademais os regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira que guiaron esta xornada de lingua, cultura e convivencia entre o alumnado dos tres centros educativos de Sanxenxo.






Algúns enlaces de interese sobre este encontro:



TERCEIRO E CUARTO DE ESO VAN Ó TEATRO


 








O día 3 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO  asistiu a unha representación no auditorio de Cambados. Foron Os Quinquilláns,   partindo de textos de Madein Galiza de Séchu Sende,  os encargados de mostrar algúns dos prexuízos lingüísticos que afectan á nosa lingua.

 Estas son manifestacións do noso alumnado despois de ter asistido á representación:
“Unha obra cunha mensaxe moi importante. O galego forma parte da nosa cultura, é a nosa lingua e temos que falala e coidala para que os fillos dos nosos fillos tamén a falen. (...) Oxalá nunca se perda a nosa lingua”. (Alba González)
“Recomendo profundamente esta obra para aqueles que consideren que o galego non é unha lingua. Ó contrario, o galego é unha lingua máis, unha lingua románica e lingua oficial en Galicia. (...) A adaptación do texto Madein Galiza axuda á normalización lingüística”. (Gabriel Folgada)
“A representación mostraba unha nena que falara galego ata que un día na discoteca Koyote atopou un “atrapalinguas” que lle quitou a súa lingua”. (Lucas Cores)
“Falou galego moito tempo, ata que un día foi de festa e un home de LanguagePlanning lle arrincou de novo o galego e comezou a falar castelán outra vez”. (Adrián Míguez)
“Hai unha axencia con persoas que intentan que desapareza o galego. Para conseguilo, vanlle corrixindo ós falantes de galego cada palabra ata roubarlles a lingua”. (Nuria Carballa)
“Mediante unha metáfora, móstrase  como o galego vai sendo menos utilizado debido ós prexuízos: os  “ ladróns de palabras” eran un grupo de persoas pertencentes a unha organización que quería destruír o galego”. (Lucía Villanueva)
“A perda da lingua simbolízase cunha persoa chamada Roba Palabras, que animaba á protagonista, Estrela, a deixar o galego. A pesar das dificultades (a familia, o instituto, as persoas da empresa que convencen os galegos para que falen en castelán), o galego séguese utilizando xeración tras xeración”. (Jaime Camiña)
“Chegou á panadaría de sempre e pediu  pan en castelán, pero o dependente dálle pans galegos (de Carral, de Cea...) e ela probou un cachiño e recuperou a lingua”. (ÁlexCacabelos)
“Vese a evolución lingüística que sofre a protagonista. (...) Ao final, Estrela lembra cal é a súa propia lingua e  está decidida a ensinárllela aos seus fillos , o galego.  (...) Cada vez son máis as persoas que deixan de falar galego para falar castelán polos prexuízos lingüísticos, pero esta obra ensínanos a apreciar a nosa lingua”. (Daniel Castro)
“Fronte ó desprezo dos falantes de castelán cara ó  galego e á obsesión por unificar todos os idiomas para crear unha única  “lingua do futuro”, transmítenos que o galego non é un castelán mal falado, que cada lingua é unha gran riqueza e que nós debemos apreciar esa riqueza que posuímos”. (ÁngelBerreco)
“Resultou interesante porque mostra o desprezo que sofre o galego no seu propio lugar”. (Alexia González)
“Unha obra presentada polo grupo Os Quinquilláns, que aínda sendo de corte humorístico, trata un tema serio como é a conservación da lingua. (...) Unha obra que contén unha mensaxe moi importante que non debemos esquecer”. (Mario Santiso)