O luns 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero quixemos deixar constancia do noso rexeitamento contra a mesma. A comunidade educativa fixo distintas actividades:
Co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, parte do alumnado de 3º da ESO e de 1º
de Bacharelato realizou unha selección entre as
informacións ofrecidas sobre o
tema en distintos medios de comunicación.
A actividade tiña como obxectivo a reflexión dos nosos alumnos e das nosas alumnas sobre a desigualdade e outras formas de violencia, máis ou menos visibles, que sofren as mulleres a vida cotiá e que se desen conta de que “non só doen os golpes” ou de que “o control tamén é violencia”. Por iso, as cartolinas empregadas como soporte mostran ademais comentarios suscitados entre a nosa mocidade a raíz dos achados.
Achados que resultan moi variados: estatísticas, entrevistas, noticias,
campañas de concienciación.... Chama a
atención, por exemplo, unha iniciativa
que aparece en El País e que é
recollida nun dos traballos: un cartel
de Amnistía Internacional colocado nunha marquesiña de Hamburgo que, grazas a
unha cámara que capta a dirección das olladas, ofrece unha imaxe amable dunha
parella se hai alguén ollando cara a eles e, pola contra, unha situación de
violencia de xénero cando ninguén os está a mirar. No mesmo traballo aparecen dúas
fotografías duns noivos o día da súa voda. A primeira non nos di nada, pero na
segunda vemos como o noivo lle retorce á noiva un brazo, un brazo con negróns que denotan que el é un
maltratador e que non é a primeira vez que ela é a súa vítima.
Os traballos pódense ver no cubo que a Biblioteca ten na entrada do IES
e no taboleiro do EDLG.
O alumnado da materia de Igualdade de 2º da ESO, xunto a súa profesora Patricia Díaz González de Xeografía e Historia, fixeron distintas actividades. Colocaron nos chanzos das escaleiras do Edificio 1 frases con mensaxes de igualdade:
e fixeron un vídeo que enviaron ao concurso imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo do 25 de decembro de 2019, convocado pola Xunta de Galicia. Aquí vos deixamos o vídeo gañador e alguhas fotos da entrega de premios en Santiago.
O día 25 lemos un Manifesto contra a violencia de xénero as 10h co alumnado da ESO no edificio 1 e as 12h no edificio 2 co alumnado de bacharelato e os ciclos.
O noso alumnado participou no concurso de vídeos contra a violencia de xénero, convocado polo CIM do concello de Sanxenxo. Resultaron finalistas: Andrea Dovalo e Candela Torres de 2º ESO C e Claudia Pérez e Mateo Rozas de 3º ESO B.
Parabéns a eles/elas e as súas profesoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario