Premio biblioteca escolar solidaria 2016













Trala valoración das candidaturas presentadas para o SELO "BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA" deste ano 2016, na reunión da comisión de valoración de candidaturas, do pasado 13 de xuño, acordouse  a concesión do selo aos seis centros que se relacionan:


Centro
Concello
Provincia
CPI P. Virxe da Cela
Monfero
A Coruña
CEIP P. A Pedra
Bueu
Pontevedra
CEIP Espedregada
Poio
Pontevedra
IES de Poio
Poio
Pontevedra
CEIP de Parada-Campañó
Pontevedra
Pontevedra
IES de Vilalonga
Sanxenxo
Pontevedra

A resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos coa concesión do selo, foi publicada  no Portal Educativo, e  pode verse neste enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19260

Tamén está publicada na páxina de Bibliotecas Escolares:
 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/880

Como se di na propia resolución, este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar, e isto sempre no contexto das funcións da biblioteca como biblioteca inclusiva a favor da igualdade de oportunidades.




Parabéns a toda a comunidade escolar!

Felices vacacións!





O mércores 22 rematou o curso 2015-16, dende a biblioteca desexámosvos unhas boas vacacións a todos/as e acordádevos de volver en setembro que empeza outro.
   Celebramos este día con actividades diversas:
- O profesor Juan Ventoso de música deleitonos con varias actuacións do seu alumnado agrupado por niveis.
- A biblioteca entregou os premios os mellores da "Hora de escribir" e dos Power point da saída cultural a Ourense.
- Actuou o grupo de música Venomous Pink. 

A gozar do verán e descansade!

ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO LITERARIO DO IES DE SANXENXO




As alumnas do noso centro que resultaron premiadas no XI Certame Literario que organiza o IES de Sanxenxo foron: 
 

ÉRIKA CACABELOS FERNÁNDEZ (Primeiro premio na categoría B)



MARTINA BASDEDIÓS TILVE (Segundo premio na categoría C)






ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ (Primeiro premio na categoría D)

EVA GONZÁLEZ KÖLMEL (Segundo premio na categoría D)
INÉS REY SOUTULLO
(Terceiro premio na categoría D)


Resultaron finalistas: 

EVA BASDEDIÓS TILVE (categoría B), LIDIA DADÍN CAMIÑA, IRIA OTERO RIVEIRO, MIREIA OTERO LEIRO, RAQUEL TORRES CHAN, ANDREA PENAS GONDAR, ROCÍO MATILLA NÚÑEZ E CARLOTA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ (categoría D).

Exposición do Concurso de adhesivos 2016



A pasada semana contamos no centro coa exposición dos gañadores e seleccionados no XXII Certame Gráfico pola Normalización Lingüística que organizan os EDLG dos centros escolares da comarca do Salnés. Este ano o gañador do noso centro foi JUAN CARLOS PINTOS CAMIÑA de 2º de ESO A.

Foron seleccionados como finalistas: 

NEREA CAMIÑA TOURIÑO e ÉRIKA CACABELOS FERNÁNDEZ na categoría de primeiro ciclo de ESO. 

MARTINA BASDEDIÓS TILVE na categoría de segundo ciclo de ESO. 

INÉS REY SOUTULLO, NEREA TORRES MONTES e LAURA GONZÁLEZ MUÍÑOS na categoría de bacharelato.




A Coordinadora está composta por un total de 13 centros de Ensino Secundario do Salnés, dos cales 12 presentaron traballos ao concurso: IES Miguel Ángel González, IES Castro Alobre, IES Armando Cotarelo, IES Bouza Brey,IES A Basella, IES Faro das Lúas, IES Illa de Arousa, IES RamónCabanillas, IES Francisco Asorey, IES Vilalonga, IES Monte da Vila, IES de Barro e CPI Mosteiro.

Lendo mitos clásicos

Un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO leron unha serie de mitos clásicos ao longo do curso e elaboraron unha exposición sobre algúns deles. Aquí vos deixamos unha mostra.

               






Murais de Manuel María e Rosalía




O alumnado de 4º de ESO baixo a dirección do profesor de plástica, Eduardo P. Baamonde, realizou durante este último trimestre dous enormes murais cos retratos de Manuel María e Rosalía de Castro. Ambos os dous xa están adornando as paredes do noso centro.



Arte na praia





O día 26 de maio os alumnos de 4º da ESO acompañados polos profesores Eduardo Pérez Baamonde e Iago Trillo Garea,  foron a praia da Lanzada a facer escultura na area.

Trátase dun encontro intercentros organizado polo Instituto Monte da Vila do Grove, no que participaron numerosos IES de: Vigo, Cangas, A Estrada, Pontevedra, Moaña, etc. En total eran máis de 800 alumnos/as.

O obxectivo era  pasar un bo día todos xuntos, que o alumnado se coñeza e se relacione e de paso traballar cun material moldeable e efímero no que estudar o volume.

Este ano o tema era: PARQUE XURÁSICO!




LIBROS, CÓMIC, CINE... VERÁN 2016 EN BOA COMPAÑÍA

Non esquezas pasar pola biblioteca antes das vacacións e facer a túa elección, hai moito e bo donde escoller, pero por se che podemos axudar aquí che queda a nosa proposta.
Pasa un verán de luxo con lecturas e cine!

"O GALEGO COMO LINGUA DE ESTUDO NOUTROS PAÍSES"

O noso alumno 

 CARLOS AMARILES REYES 
de 1º de bacharelato A achéganos esta interesante reflexión sobre o estudo do galego en Colombia


O galego como lingua de estudo noutros países

Moita xente pensa que só en Galicia se estuda o galego, que só vale para comunicarse en Galicia, pois ben, todos estes pensamentos son prexuízos contra a nosa lingua. Un claro exemplo son as persoas doutros países que estudan literatura medieval e que estudan e galego para entender mellor as cantigas escritas en galaico-portugués.

Pero agora ben, nunca escoitamos que o galego se estude noutros países como se fai aquí o inglés, francés ou alemán. Pois resulta que si se estuda, e ocorre en Colombia, na cidade de Jamundí.

instituto Rosalía Mafla conta co galego como materia optativa para todos os seus estudantes onde aprenden dende terceiro de primaria ata rematar a  ESO o noso idioma.

Dende terceiro de primaria empezan co básico, a gramática do galego. Cando chegan a quinto de primaria estudan a fonética que pode resultar máis difícil debido a que o sistema vocálico galego conta co “e”  “o” aberto.

Cando chegan a ESO, comezan a estudar a literatura galega, onde só ven por riba as cantigas galaico-portuguesas xa que lles resulta moi difícil entendelas. Céntranse nos escritores máis relevantes e importantes de Galicia como Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal... .

E por último, en cuarto da ESO, unha vez xa dominado o idioma comezan a ler os libros máis recoñecidos da nosa literatura como Follas novas de Rosalía ou Os dous de sempre de Castelao.

Todo isto demostra que as persoas que pensan que o galego só se estuda en Galicia están equivocadas, demostra que o galego, aínda estando nunha situación de inferioridade respecto do castelán e de que cada vez o falemos menos, ten importancia no panorama internacional.


Carlos Amariles Reyes

1º Bach. A