ROBERTO VIDAL BOLAÑO. LETRAS GALEGAS 2013

Con "Vistalegre" do grupo Ataque Escampe -do que é compoñente o seu fillo Roi- deu comezo en Compostela a homenaxe que lle renderon a Vidal Bolaño familiares e amigos nun Salón Teatro que se quedou pequeno ante o numeroso público asistente; 
O acto tivo moito de emotivo sen esquecer o reivindicativo, como non podía ser menos ao lembrar a un home que nunca ocultou o seu compromiso.
Exerceu como mestre de cerimonias Carlos Blanco e polo escenario foron desfilando Luz Fandiño, Xosé Lois Santos Cabanas, Suso Irago e Beatriz Doldán que debullaron as súas lembranzas do autor, actor e director compostelán ao tempo que lle rendían cada un a súa particular homenaxe en forma de poesía, de carta ou de agradecemento ao apoio que prestou Vidal Bolaño aos presos independentistas galegos. 
Tamén Manuel Lourenzo, ao que lle puxo voz Roi Vidal por atoparse traballando, lle escribiu a súa carta.
As actuacións musicais, á parte da xa mencionada Ataque Escampe estiveron aseguradas por Mini e Mero, a Dolce Vita, O Leo e a Magnifique Bande.
Non faltou o teatro, por suposto. Estiveron os compoñentes de Chévere para contarlle a Vidal Bolaño o que pasou nos dez anos que transcorreron dende que el nos deixou; Laura Ponte representou un  texto do autor, do mesmo xeito que subiu ao escenario Teatro do Aquí  para ofrecernos Criaturas.
Para rematar escoitamos as palabras de Belén Quintáns, viúva de Roberto, quen nos  dicía que no ano 2013 "... Falaremos de Vidal Bolaño. En poucos meses, os centros de ensino, comezarán a falar de Vidal Bolaño. E se queren coñecer a Vidal Bolaño, terán que falar de nós mesmos. Pese as miserias destes tempos, que as letras galegas teñan a repercusión que se merece ". 
Que así sexa!







PREMIO ARIEL MELLORES BLOGUEIROS MOZOS 2012

Con motivo da celebración do 70 aniversario a editorial Ariel concedeu o pasado 19 de setembro un premio que aposta pola reflexión crítica e os novos soportes tecnolóxicos.


Os sete gañadores foron: Álvaro Arbonés (The Sky Was Pink); Ferran Caballero (Ferrancab); Roberto Enríquez (Bob Pop Ve TV); César Losada (Pero,¿tú a esto le llamas arte? - renomeado recentemente: La industria del placer ); Rebeca Pardo (En la retaguardia); Alberto Santamaría (Cuaderno Crítico) e Pablo Simón (La Kancillería).


Aínda que todos son interesantes, de especial utilidade nos parece o blog de Rebeca Pardo: En la Retaguardia pola información que nos ofrece; resaltamos entre outros aspectos a información de carácter legal no referente ás imaxes que baixamos  ou subimos a rede, información  que nos ofrece no apartado IMAGEN Y TEMAS LEGALES.

CAMBADOS POR EDUARDO BAAMONDE PARA KALANDRAKA E PARA NÓS.

O día  17 de outubro o noso compañeiro e colaborador, Eduardo Baamonde, presentou en Cambados o caderno de viaxe sobre esta vila. Por cortesía súa ofrecémosvos unha escolma de imaxes. Algunha delas aparecen no libro editado pola editorial co cuidado e agarimo que xa vén sendo habitual. Parabéns ao autor e moitas grazas a Kalandraka por facer posible que unhas imaxes tan fermosas cheguen ata nós... Outra maneira de exquisita sensibilidade que nos achega a esta  vila.


Premio Nacional de Cómic 2012

O debuxante asturiano Alfonso Zapico acaba de recibir o Premio Nacional de Cómic 2012 pola súa obra Dublineses. Trátase dunha obra onde se retrata de xeito minucioso a biografía do famoso escritor irlandés, James Joyce, autor de obras como Ulises.

Atoparás máis información sobre esta nova pinchando aquí e se te pasas pola biblioteca podes levalo para ler.

Está o AMOR ameazado? Cara a un novo amor...

Adele - Someone Like You Album Version


"Un novo amor...destinos do amor na experiencia analítica"
Será o tema das XI XORNADAS DA ESCOLA LACANIANA DE PSICOANÁLISE. A CORUÑA, 9,10,11 de novembro de 2012.
Enlaces desde a ELP ao tema:

Sobre el amor entendido como imbecilidad transitoria,

de Manuel Cruz (filósofo) autor de Adiós, historia,adiós
Miquel Bassols autor de Tu yo no es tu yo

"Vou rematar a escola"



Campaña da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a Obra Social Caixa Madrid para motivar os rapaces sobre o valor dos estudos, protagonizada pola actriz María León e o cantante Macaco.

"Carapuchiña e o pobo feroz"



Esta curta galega é unha revisión do conto clásico, que a súa vez está baseada nun relato homónimo de Fran Alonso do seu libro Males de cabeza.

Trátase dunha curta que naceu  na Escola de Audiovisuais de Bouzas, e está  rodada na súa maioría no Morrazo. O seu director é Jose Araújo.