DÍA DA POESÍA: O XOGO DE ESCRIBIR.

  Leandro Lamas

Achegámosvos recursos para celebrar o DÍA DA POESÍA.

 O XOGO DE ESCRIBIR

VIAXE DIDÁCTICA A OURENSE


Como vén sucedendo desde hai varios anos, o departamento de Lingua Galega e Literatura organizou o pasado día 8 de marzo unha viaxe didáctica á provincia de Ourense para visitar diversos lugares de interese relacionados coa materia, especialmente coa parte de literatura (Otero Pedrayo e Blanco Amor): Trasalba, Oseira e o casco vello de Ourense.Por outra parte, esta provincia posúe un patrimonio cultural e artístico que os alumnos deben coñecer como medio para acrecentar e consolidar os seus coñecementos culturais, polo que se conta tamén coa participación activa do Departamento de Xeografía e Historia.

Nesta ocasión, o alumnado participante foi o de 2º de Bacharelato, polo que ao ser especialmente numerosos, foi preciso facer dous grupos: no primeiro estaban os alumnos coa materia de Arte, que se completaba cos compañeiros de 2º C; no outro estaban os do Bacharelato Tecnolóxico e Científico, completado coas compañeiros de 2º B. O itinerario e os horarios os seguintes: o primeiro grupo realizou pola mañá a ruta d’A esmorga polas rúas do casco vello de Ourense e ás 12 fixeron unha visita guiada á catedral ofrecida pola Oficina de Turismo. Despois tiveron tempo libre para comer e pasear pola cidade e xa pola tarde visitaron a Casa Museo de Otero Pedrayo en Trasalba e o mosteiro de Oseira. Pola súa banda, o segundo grupo fixo o itinerario en sentido inverso: pola mañá a visita a Oseira e Trasalba, a continuación traslado a Ourense para a comida e o encontro cos compañeiros do outro grupo, e pola tarde a realización da ruta d’A esmorga e aínda tiveron tempo libre para pasear e coñecer a cidade.

A viaxe resultou un éxito e todas as actividades resultaron interesantes e entretidas para os alumnos, especialmente o paseo polo casco vello de Ourense, onde debían realizar varias fotografías en lugares sinalados como parte dun traballo de clase e das que forman parte algunhas das que se ofrecen nesta mostra. Hai que sinalar tamén o excelente comportamento de todos os participantes, tanto na puntualidade como no interese mostrado nas visitas que estaban concertadas, feito que mereceu unha mención especial por parte do guía do mosteiro de Oseira.

Por último, é preciso agradecer a colaboración de Mercedes Mora, profesora de Arte, e de Vicente Grandal, profesor de lingua castelá, que acompañaron os alumnos e colaboraron na preparación e realización da actividade.

VIAXE A PARIS 2013

Un ano máis o departamento de francés organiza unha viaxe a Paris para os alumnos de francés coa intención de achegar a realidade do país galo a estes mozos e mozas  para que poidan descubrir e disfrutar unha das cidades máis visitadas do mundo.
 Pasearán polas súas rúas entre os parisinos que seguen o seu ritmo diario e collerán con eles o metro e o RER, visitarán os seus museos, apreciarán a cidade dende o alto da Tour Eiffel, do Arco de Triunfo, da Tour Montparnasse e da colina de Montmartre, disfrutarán como nenos nos parques de Disney, percorrerán un tramo do Sena nun bateau mouche admirando os monumentos que bordean o río, miraranse nos espellos do Rei Sol no Palacio de Versalles e pasearán polos seus xardíns e unha chea de cousas máis.

BOA VIAXE, ABRIGÁDEVOS BEN E ABRIDE OS OLLOS QUE PARIS "BEN VALE UNHA MISA"

Para saber máis sobre esta viaxe aquí deixo o programa deste ano.


ÁNGEL CARRACEDO



El Faro de Vigo.
Onte, día 6 de marzo, estivo connosco ÁNGEL CARRACEDO. O prestixioso científico e investigador, experto mundial na análise do ADN, foi convidado polo departamento da Biblioteca a charlar co noso alumnado no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán. Tamén, se invitou ó IES de Sanxenxo para que compartise esta interesante charla sobre a medicina xenómica.
Hoxe a meirande parte da prensa escrita se fai eco desta nova:
O Faro de Vigo,  o Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia.

"¿Qué te hago? ¿Y yo qué hago?"

¿Que hago?¿Que te hago? from integra2mundo on
Vimeo

Este ilustrativo vídeo, realizado no marco do proxecto  Migrante TV, serve para preguntármonos por que razón en  pleno século XXI seguimos precisando de que o día 8 de marzo sexa o DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES.

Na pequena peripecia vital das mulleres, que aparecen no vídeo, queda moi ben reflectido como no noso mundo occidental continúan existindo unha chea de actitudes micro machistas encubertas.

TEATRO: "EL BURLADOR DE SEVILLA"


O departamento de lingua e literatura castelá organizou unha saída o pasado día 28 de febreiro co alumnado de 1º de bacharelato para asistir á representación teatral de "El burlador de Sevilla" no auditorio de Vilagarcía.

Os actores da compañía que representaba a obra charlaron co alumnado tras a representación da obra.