Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero no IES de Vilalonga quixemos unirnos a repulsa contra estos feitos. Consideramos que toda a sociedade debe loitar para evitalos, así nos manifestamos toda a comunidade escolar. 

Fixemos moitas actividades e un acto simbólico ás 12h. Aquí vós queda un resumo:

Na biblioteca colocamos pancartas elaboradas pola profesora de  Plástica Alba Piñeiro co seu alumnado de 2º da ESO:


Nos pasillos dos edificios un e dous tamén colocamos destas pancartas, só que de tamaño xigante:


Espuxemos  un cartel feito polo alumnado de Igualdade baixo a coordinación

da profesora Patricia Díaz para medir a violencia machista:



 

 

 

 Pintamos as mans de violeta e puxemos lazos da mesma cor:




Ás 12h toda a comunidade escolar se reuniu no patio para ler un manifesto e gardar un minuto de silencio:







Durante o minuto de silencio izamos unha pancarta que contiña os datos das  vítimas do ano 2021:

 

 

Despois colocamos a pancarta na entrada do instituto e alí estará toda a semana ao igual que as dos corredores e a biblioteca:


A profesora Patricia Díaz elaborou un vídeo sobre igualdade co seu alumnado de Fp básica de administrativo e alumnas de automoción, é moi bo e gañaron o 1º premio da Xunta de Galicia de traballos  audiovisuais dos centros escolares:

 

O Cim de Sanxenxo convocou o concurso Tik Tok sen violencias, o alumnado de Vilalonga participou e resultaron gañadores co 2º premio "non é amor, é control" do alumnado de 3º da ESO e co 3º premio a alumna de 2º da ESO Paula Besada por Humor vacío", parabéns a todas/os:




Conferencia de ciberseguridade

 A profesora Silvia Castro organizou para 2º de Fp básica de servicios administrativos unha conferencia de Afundación da Obra Social Abanca que ofrece unha serie de conferencias de contido educativo sobre emocións, acoso escolar, ciberseguridade, etc. A profesora contactou con eles para poder asistir online a de ciberseguridade, cuestión tan de moda na actualidade polo seu elevado risco.

O enxeneiro de telecomunicacións Bernardo Viqueira explicoulles que o mundo do haking é a súa paixón, ten reportado fallos de seguridade a grandes multinacionais, colaborado con organismos gubernamentais e participado en programas de radio e televisión. A súa experiencia sérvelle para detectar e denunciar gran cantidade de perigos existentes nas redes, así como o mal uso que facemos delas.


 

In memoriam


MORRE ALMUDENA GRANDES, UNHA DAS VOCES IMPRESCINDIBLES DA NARRATIVA ACTUAL

            Sábado, 27 de novembro de 2021. Mentres paso o tempo botando un ollo ao Facebooka topo a nova do pasamento da escritora Almudena Grandes, novelista, columnista, feminista, republicana ata a medula e defensora, ata o seu derradeiro alento, dos desgraciados, como ben podemos ler no artigo póstumo que aparece hoxe en El País, xornal do que Almudena Grandes era colaboradora habitual. Un artigo sobre a nostalxia do kinki, que ela ve con outros ollos, os que pousou hai moito tempo en Eleuterio Sánchez.

            Teño que recoñecer que sinto cara a Almudena unha admiración especial que non só ten que ver co seu bo facer literario, senón tamén coa súa personalidade.

Hoxe doulle as grazas por deixar tantas declaracións e entrevistas en programas televisivos e radiofónicos, nos que non tiña reparos en aparecer. Pero sobre todo grazas polos seus libros e artigos, dos que fun e son lectora habitual dende a súa irrupción no panorama literario con Las edades de Lulú, adaptada ao cine por Bigas Luna en 1990 (un ano despois da súa publicación) ata a súa serie adicada á Guerra Civil, Episodios de una guerra interminable, entre os que podemos atopar Los pacientes del doctor García, novela coa que gañou, en 2018, o Premio Nacional de Narrativa. Ela mesma declarou que se inspirou para esta serie noutro grande da nosa narrativa, Benito Pérez Galdós e os seus Episodios Nacionales. Aínda poderemos gozar dunha nova lectura desta grande autora, novela póstuma e sétima entrega dos Episodios, que deixou inédita ante a precipitada marcha.

Pero mentres non se publica esa nova obra, gocemos das que nos deixou e que podedes atopar nos andeis da nosa biblioteca.

Que a terra che sexa leve, Almudena, grande entre as grandes!

                                                                                              Fátima Barreiro Pérez

 

MAGOSTO NO IES DE VILALONGA

Esta semana foi intensa no IES de Vilalonga e mesmo deixamos que voltara a celebración do Magosto. Acompañamos as castañas de xogos populares cedidos para a ocasión pola Concellaría de Xuventude do Concello do Grove, e tamén participamos noutros xogos como o brilé, o xoga-tira, a corda ou o pano.

Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga polo traballo e boa actitude!

 



PAISAJE LIMPIO PROMOVE UNHA XORNADA DE LIMPEZA NA PRAIA DA LANZADA

O pasado venres día 19 de novembro, foi realizada unha limpeza manual da Praia da Lanzada por parte dos alumnos e alumnas de 4º ESO do IES Vilalonga, como acción educativa para concienciar no respecto ambiental e contribuír a facer fronte ao lixo mariño, especialmente á marea de plástico que está ameazando os ecosistemas, a fauna e a propia alimentación humana. 

Agradecer a colaboración prestada por parte da Asociación Paisaje Limpio e ao departamento de Medioambiente dos Concellos de Sanxenxo e O Grove, polas facilidades e apoio tanto loxístico como persoal. 

A implicación do noso alumnado foi total e este tipo de actividades son fundamentais se queremos conservar o noso privilexiado patrimonio natural.






“O mundo cambia co teu exemplo, non coa túa opinión”




Roteiro matemático polo Grove

 



O mércores, día 17 de novembro, púxose en marcha o grupo de traballo coordinado pola profesora de matemáticas Mª Esther Prol Triñanes, o obxectivo e levar a materia, dada na aula, a realidade da contorna. 

O proxecto é interdisciplinar e participan profesores dos departamentos de matemáticas, plástica e xeografía e historia.

Nesta ocasión foron os profesores a poñelo en práctica para comprobar a súa utilidade e posibilidades. 

O conseso xeral foi que é factible e que pode resultar especialmente didáctico.

Agora toca pensar rutas e actividades para levar ao alumnado.

ADEUS A DARÍO XOHÁN CABANA

Faleceu un dos grandes escritores e tradutores da cultura galega, Darío Xohán Cabana.

A súa novela e poesía é parte xa de numerosas xeracións que sentiron moi preto a Bretaña de Galván en Saor e mesmo chegaron en galego a Dante, Petrarca ou Dumas.

Foise a persoa, queda a obra que non o deixará morrer.



Memoria da Biblioteca


Este curso, igual que os anteriores, no primeiro trimestre, expoñemos as fotos de algunhas das actividades do curso anterior.

Están na entrada do edificio 1. Vinde a curiosear.



PREMIOS DO SAMAÍN

 Aquí temos as persoas gañadoras dos premios do concurso do Samaín. Parabéns a todas!!!!!







REVISTA DE ROCK GALEGO

Se o que che gusta é o rock aquí tes unha nova publicación para estar ao día

do que se move no panorama galego

https://roucoson.com/