Acto de graduación de 2º de bacharelato

O pasado venres, 25 de maio, celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. A organización do evento correu exclusivamente a cargo deles, o que os honra enormemente, porque organizaron o evento nun tempo récord e deixáronnos un estupendo sabor de boca a todos os que alí compartimos esta tarde con eles. 

Os condutores do acto foron Noemí López e Roberto Trigo. Pero foi froito dunha colaboración conxunta dunha meirande parte do alumnado, como Nerea Cacabelos, Ana Fernández, Aarón Ortigueira, Sara Pazos, Alba Fernández e Sara Pazos, que abriron o acto lendo textos escritos por Cecilia Rodiño nos que resumían as súas experiencias nas aulas. Sen esquecer que Víctor Bouzada e Borja Caneda estaban detrás das cámaras manexando o ordenador e dando entrada ós audios.

Houbo momentos estelares coas súas actuacións en directo, como a de Yaiza López e Sara Pombo interpretando a canción "Jueves" da Oreja de Van Gogh acompañadas de Martina Basdediós ó piano.  Outros máis intimistas como a canción que Tomás Uhía lle dedicou á profesora Mercedes Mora acompañado na guitarra de Rómel Leiro. Actuacións que foron pura celebración da festa como a de "Hoy va a ser mi gran noche" de Raphael recreada por Miriam, Aarón, Diego, Miguel e  Lúa. Tamén amenizaron o serán as pianistas Cecilia Rodiño e Martina.  


Tampouco faltaron os zascas para o profesorado a través de vídeos dedicados ás profesoras de lingua galega, lingua castelá e ó profesor de historia.

Grazas rapazada, foi todo un éxito!

Letras Galega 2018



O luns día 28 fixemos no Centro unha actividade co gallo do 17 de maio. O alumnado de 2º da ESO leu pequenos textos dos libros de Mª Victoria Moreno, preparounos con eles a profesora de Lingua e Literatura galega Salomé Díaz. O profesor de Música Juan Andrés Ventoso preparou cos seus alumnos de 4º da ESO unha canción relacionado con este acto.


Hora de escribir

Preparando a hora de escribir. Alumn@s de 3º ESO A
O venres 11 de maio de 2018 fixemos a "Hora de escribir" en lugar da "Hora de ler". Todo o alumnado da ESO dedicou un tempo a crear , a partir de dous pequenos textos, que se lle entregaron e que servían de inicio. So tiñan que deixar voar a súa imaxinación e redactar o mellor posible. Un grupo de profesores lerán as súas redaccións e escollerán as mellores, no festival de final de curso daránselle uns agasallos as tres mellores do primeiro ciclo e outros tres as do segundo ciclo.
Desexamos:
Alumnos/as lectores e escritores!!!!
Que o alumnado desenvolva a súa imaxinación e goce con iso!!!!!
Que melloren no dominio das linguas, imprescindibles para a súa formación.

Exposición concurso de adhesivos EDLG



A exposición de adhesivos chegou ó noso centro o pasado venres. Están expostos no corredor do edificio 1.




















Poderedes contemplar os traballos seleccionados ata o día 5 de xuño.
                                                        Aproveitade!

Premios do concurso de adhesivos.


O 23 de maio celebrouse no IES Castro Alobre de Vilagarcía a entrega de premios do concurso de adhesivos convocado polos  Equipos de Dinamización  Lingüística do Salnés.
Varios dos traballos do noso alumnado foron seleccionados e con ese motivo acudimos a un acto no que, ademais de lembrar as vinte e catro edicións do concurso, gozamos coa actuación do grupo de rock TNT.
Recolleron diplomas e agasallos Natalia Revuelta Medina e Andrea Ara Solla, como finalistas de segundo ciclo de ESO; Sara Garrido Chouza e Iván Sanmartín Míguez, como finalistas de Bacharelatos e Ciclos, e Santiago Reinal Giménez, segundo premio de Bacharelato e Ciclos.
Tamén asistiron ó acto Sara González Basdediós, convidada polo EDLG do Centro pola calidade do seu traballo, e Jorge  Ferreira Gaspar, que non puido perder o evento no que se agasallaba ós seus compañeiros.
Contamos con poder ter a Exposición de adhesivos premiados e finalistas no noso centro a vindeira semana. Será só ata o 5 de xuño  xa que son moitos os centros que integran o colectivo ENDL do Salnés: IES Cotarelo Valledor, IES Bouza Brey, IES Miguel Ángel González, IES Castro Alobre, CPI Xulia Becerra Malvar, IES de Vilalonga, IES Cabanillas, IES Asorey, IES de Sanxenxo, IES A Basella, IES Faro das Lúas, IES de Barro, IES de  Meaño, CPI Mosteiro e IES de Meis.
Parabéns ó noso alumnado!


⇒Despois algunhas tiñan exame!!

IES de Vilalonga TRVP



Os alumnos Pablo Lorenzo e Javier Otero de   2º de bacharelato, xa quentando motores para o seu acto de graduación, empregan o  seu sentido crítico para facer a avaliación dos estándares de aprendizaxe, das competencias acadadas e da súa experiencia co profesorado durante os seus dous cursos de bacharelato  no IES de Vilalonga.

"Remusicando a Mendiño e a Martín Codax"



Os alumnos de 2º de bacharelato Gonzalo Gómez, Ramón Vázquez, Alfonso Bea, Alberto Torres e Mateo Villalustre póñenlle músicas contemporáneas dos Ramones e The White Stripres ás cantigas de amigo de Martín Codax e Mendinho. 

E tamén interpretan "O son do ar" do grupo folk Luar na Lubre.

Letras Galegas 2018



Os alumnos de 3º de ESO fixeron, co gallo da celebración do Día das Letras, un percorrido pola traxectoria vital e literaria de autores homenaxeados en anos anteriores: Rosalía, Curros, Pondal, Cabanillas, Castelao, Manuel Antonio, Cunqueiro, Fole, Vidal Bolaño, Casares…

"Carta décima a María Victoria Moreno"



A alumna Cecila Lores, integrante do grupo Maruxas sen prexuízos,  de 2º de bacharelato A, achéganos o último vídeo co que pechamos a nosa homenaxe audiovisual á María Victoria Moreno realizada desde o IES de Vilalonga. 

Neste caso inspirado na "Carta décima" da particular biografía Doce cartas a María Victoria Moreno de Ánxela  Gracián

Letras Galegas 2018


 O profesor de Lingua e Literatura galega, Samuel Rodríguez López, traballou cos seu alumnado de 4º da ESO  a biografía e a obra de Mª Victoria Moreno. A Biblioteca expuxo os seus materiais no corredor do edificio 1. A escritora homenaxeada este ano o Día das Letras foi profesora no IES Vilalonga durante uns cursos nos anos 90 . Por este motivo  sumámonos á homenaxe facendo múltiples traballos, exposicións, música, teatro, etc.

Letras Galegas 2018


 A Biblioteca expuxo con motivo do 17 de maio, Día da Letras Galegas, algúns dos libros de Mª Victoria Moreno, así como algúns dos numerosos libros e panfletos que se publicaron este ano relativos á vida e obra da escritora homenaxeada. 


 Esperamos que, aínda que este curso se traballou continuadamente cos libros da dita autora, esta exposición sirva de estímulo para que se sigan lendo e recordándoa.



Letras Galegas 2018





"Sombra e luz". A Secretaría Xeral de Política Lingüística enviou ao noso Centro dez carteis, mais unha unidade didáctica, co gallo do Día das Letras Galegas 2018. Estes materiais foron elaborados polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra. O obxectivo  é dar a coñecer a figura e a obra de Mª Victoria Moreno Márquez e analizar, xa con certa prerspectiva histórica, unha época de transcendental importancia no proceso de normalización lingüística e especialmente fecunda en manifestacións culturais na nosa lingua (nas súas palabras).
 O alumnado de 3º da ESO A estivo traballando con estes materiais e despois axudou a colocar os dez carteis no cubo da entrada para que estiveran expostos a toda a comunidade escolar.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TOD@S!!!!!!!! 



Sofía Mª Martínez-Almeida  (3º ESO A)
 é a autora deste fermoso cartel.
 

Letras Galegas 2018

Resultado de imagen de o escalón de ulises
O alumnado de 2º ESO realizou unha pequena antoloxía de citas dos libros de María Victoria Moreno, homenaxeada este ano nas Letras Galegas e compañeira nosa durante un anos, seleccionadas do libro de Monste Fajardo O escalón de Ulises, Colocámolas nos corredores alumnado poida gozar dos seus traballos.

Bos Días das Letras Galegas 2018 desde o IES de Vilalonga!

Todos os Días das Letras Galegas son especiais, pero este ano 2018 éo un pouco máis, se cadra, posto que a escritora homenaxeada pisou as nosas aulas e compartiu a lingua cos nosos alumnos. Son varias as actividades que desenvolvimos estes días para renderlle a nosa pequena homenaxe, pero unha das máis lucidas son os mosaicos que realizaron os alumnos de 4º de ESO co profesor de plástica, Eduardo Pérez Baamonde.





Estes mosaicos adornarán de agora en diante o noso salón de actos facendo que a  mensaxe de María Victoria Moreno perdure e nos acompañe no día a día que procuramos para as nosas Letras.


"Recreando a María Victoria Moreno"


As alumnas de 2º de bacharelato C: Alba Domínguez, Laura Martínez, Lara Martínez, Alejandra Pereira e Patricia Viso baseándose na biografía "A muller que durmía pouco e soñaba moito" de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre realizan unha recreación teatralizada con dúas entrevistas. Unha na que aparecen estas dúas escritoras e outra na que contamos en exclusiva cun documento inédito da propia María Victoria Moreno.


"María Victoria Moreno, galega por amor"

 
Unha das lección que nos deixou María Victoria Moreno é a de aprender a querer un idioma que non era o súa lingua nai e con el ós seus falantes. 

Neste documental realizado polo Concello de Pontevedra devólveselle una anaquiño dese amor desinteresado a través das achegas de moita xente, tanto amigos e familiares como Xesús Alonso Montero (académico e amigo), Luís Bará (concelleiro e compañeiro), Manuel Bragado (editor), Fina Casalderrey (académica, escritora e amiga), David Castro (director do IES Torrente Ballester), Francisco Castro (escritor e editor), Pedro Ferriol (o seu viúvo), Rosa María Gómez Cuerpo, Manuel González Fernández e Manuel Seijas Marinero (amigos), Begoña Llacer Moreno (a súa filla), Eli Ríos (escritora), Francisco Xavier Senín Fernández (escritor, tradutor e amigo), Magariña Valderrama Curás e Pilar Álvarez (libraría Xuntanza), Mariló Valiño (compañeira no IES Torrente Ballester e amiga), Luz Gallego (librería Seijas). 

Nel tamén hai un oco para o IES de Vilalonga, no que impartiu clases entre os anos 1986 a 1990. De feito, neste centro hai aínda profesorado e persoal non docente que foi compañeiro dela. E antigas alumnas, hoxe profesoras, que forman parte dese alumnado que lle agasallou o bolígrafo co escribiu Anagnórise.

"Lúa de prata" musicado por FUXAN OS VENTOS


Co gallo do Día das Letras Galegas, o emblemático grupo de folk Fuxan os Ventos musica o poema “Lúa de prata” da homenaxeada este ano 2018: María Victoria Moreno.

"Leonardo e os fontaneiros"



Dende a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude, e con motivo da celebración das Letras Galegas dedicada este ano a escritora Mª Victoria Moreno, ofreceusenos a posibilidade de asistir á representación teatral baseada na súa novela: Leonardo e os fontaneiros. Aceptamos e o martes 8 de maio do 2018 tivemos no centro a Compañía Ubú Teatro, integrada por Ana Carreira e Manu Polo que  divertiron o alumnado de 1º de ESO coas peculiares aventuras destes personaxes creador por María Victoria Moreno.