O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA

Vén de estrearse a adaptación cinematográfica do libro de Gemma Lienas O diario vermello de Carlota. Este libro é ademais dunha ficción para adolescentes, unha especie de manual de autoaxuda sobre os temas de sexualidade que máis lles interesan a estas idades. Unha lectura recomendable pola síntese que fai deste tipo de información máis que polo seu valor literario.

Uns pais agradecidos felicitáronme nunha ocasión por telo posto como lectura obrigatoria, daquela tamén parece servir na difícil tarefa de educar nestes temas ós nosos fillos e fillas. Neste aspecto compleméntase moi ben c´O diario vermello de Flanagan, que é a versión desta mesma relación Carlota versus Flanagan desde o punto de vista masculino.

A revolución educativa en REDES



No programa de Redes emitido o 20/6/10 analízanse os cambios ós que se enfronta o profesorado á hora de conseguir preparar o noso alumnado para a sociedade actual. O psicólogo Robert Roeser axúdanos a atopar estas novas claves nas que se move o papel de profesores e mestres.

O incrible neno come libros

Este libro de Oliver Jeffers cóntanos a historia dun neno ó que lle gustaban tanto os libros que os comía, ata que atopou maior goce na súa lectura.

Baila coa lectura



Aquí temos outro bo exemplo lipdub. Neste caso esta coreografía de danza colectiva ten como obxectivo o de promocionar a lectura de verán por parte do claustro da Sprague Elementary School (USA).

Vía Brétemas, graciñas.

LIBROS MÓBILES




No Museo Nacional de Historia Americana, en Washington DC, está desenvolvéndose durante este días e ata finais de agosto unha exposición de libros móbiles ou pop-up: Fold, Pull, Pop & Turn, organizada pola Biblioteca do Instituto Smithsoniano.

Para os que non podemos ver a mostra en vivo e en directo déixovos un vídeo que explica o proceso de creación deste tipo de libros.