Obradoiro en automoción.


Os bombeiros, do Concello de Sanxenxo, viñeron o día 19 de novembro, a ensinar ao alumnado de automoción do IES de Vilalonga, como apagar un incendio que se produce nun vehículo. Todos os anos se suele facer esta actividade, pois resulta moi intructiva. O obradoiro é práctico, os bombeiros fan un incendio controlado e explican os pasos que se deben seguir para apagalo, tamén mostrar como evacuar as posibles vítimas.

 







 



     Gracias
      por vir!!!!



Saída a Santiago de Compostela.




                                                   
CASTELAO MAXISTRAL

O pasado 16 de novembro o alumnado de 4º curso de ESO e de 3º PMAR desprazouse a Compostela  para realizar unha visita guiada pola obra literaria e gráfica de Castelao e por determinados aspectos do ensino no primeiro terzo do século XX.
A exposición Castelao maxistral,organizada no Museo Centro Gaiás, ten como elemento central o impresionante óleo A derradeira leición do mestre, pintado por Castelao durante o seu exilio na Arxentina  para lembrar o seu amigo Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.

 












É a primeira vez que o cadro, de dous metros de altura e propiedade do Centro Galicia de Buenos Aires, pode ser contemplado en Galicia.

Despois da visita, e con Compostela ó fondo, gozamos dun día solleiro paseando polos exteriores da  Cidade da Cultura.

Magosto no EIS de Vilalonga













O 28 de novembro fixemos un magosto no instituto co alumnado da ESO. Comemos castañas feitas por dous castañeiros, xogamos a xogos populares e, os que quixeron fixeron deporte. Unha festa para celebrar o outono, alegrarnos de estar xuntos 
e gozar da vida.


Evacuación dun autobús.


O día 20 de novembro tivo lugar no IES de Vilalonga un simulacro de evacuación dun autobús escolar, para profesores e para o alumnado de 1º da ESO. Impartiron o mesmo os bombeiros do concello de Sanxenxo. Resultou moi práctico e útil pois ensináronos como actuar en caso de perigo por accidente, incendio, etc. Moitas veces viaxamos co alumnado a distintos lugares e está moi ben saber que facer de producirse un sinistro. Esperemos non ter que aplicar nunca estes coñecementos.

Viaxe do Departamento de automoción co seu alumnado.

Os días 13 e 14 de novembro os profesores de automoción Alberto Varela, Víctor Fernández e Rafael Domínguez levaron, nunha viaxe didáctica, ao seu alumnado a Salamanca para  visitar o Museo do automóbil e posteriormente a  Ávila para coñecer Cesvirecambios e Cesvimap, onde puideron visitar as instalacións mediante visitas guiadas.

Todos os viaxeiros posando xunto a Casa das cunchas en Salamanca !!!

Saída ao teatro de Pontevedra (3º da ESO)


As actrices e a directora co alumnado do IES de Vilalonga.
Mela Casal, Nieves Rodríguez e Sheyla Fariña,
dirixidas por Marián Bañobre,
poñen en escena Invisibles
no Teatro Principal de Pontevedra.
O IES de Vilalonga estivo alí.
Reflexións do alumnado asistente:
“O pasado xoves,15 de novembro, os alumnos de 3º de ESO desprazámonos a Pontevedra para ver Invisibles, que trataba sobre diferentes tipos de violencia de xénero”. (Sandra Soutullo)
“Invisibles é a historia de sete mulleres, sete vítimas da violencia de xénero”. (Noa García)
“Gustoume moito porque a mensaxe era moi clara e importante”. (Diego Magdalena)
“Creo que a obra intentaba transmitir que ás veces as mulleres sofren violencia de xénero e non se decatan, buscan outras explicacións ou cúlpanse a si mesmas do que están sufrindo”. (Tania Aguín)
“Aínda que foi bastante entretida e graciosa, a obra recreaba o que ocorre actualmente nesta sociedade, na que se menospreza as mulleres.(...)  Foi a primeira obra que vin na que todos os papeis os fan mulleres”. (Rodrigo Prieto)
“Ao principio son moi bos coas súas mozas, pero despois empezan a controlalas. Máis tarde, comezan a insultalas e acaban pegándolles. Elas non queren denuncialos porque pensan que todo foi sen querer, pero acaban fartas deles ou os homes acaban asasinándoas”. (Antía González)
“Espero que ningunha muller pase polo que pasaron as sete mulleres que aparecen na obra. Fagamos que a nosa xeración sexa recordada por non ter estes problemas, que sexa recordada por vivir nunha mellor época para a muller”. (Nerea Fernández)
“Ao final, as actrices fixeron un discurso no que se dicían cousas moi reais. Está moi ben aprender mediante explicacións feitas así”. (Alba González)
“Relatos de violencia de xénero que nos ensinan que non debemos ser invisibles fronte ao maltrato, que hai que denunciar”. (Daniel Castro)
“Este problema está moi presente na sociedade de hoxe en día. Por iso, obras coma esta son importantes para que as novas xeracións aprendan e non cometan os mesmos errores”. (Gabriel Folgada)
“Ela fixera unhas cabazas cos seus fillos para o colexio e chegou o marido e rompeunas”. (Lucas Cores)
“Ela non aguantou máis, saíu fóra e enfrontouse a el”. (Nicolás Straehli)
“Moi entretida, conmovedora e moi realista”. (Andrea Varela)
Invisibles busca concienciarnos dos danos que causan estes actos nas mulleres e que o problema desapareza.  (...) Unha grande axuda para promover a desaparición do machismo”. (Aitor Domínguez)
“Representa todo o que as mulleres estamos a sufrir día a día”. (Laura Pereira)
“A obra mostra a importancia da muller na sociedade, a pesar de que sexamos menosprezadas polo machismo”. (Samar Rodríguez)
“Paréceme moi importante concienciar a xuventude contra a violencia de xénero e de que as mulleres teñen un papel moi importante na nosa sociedade. (...) Invisibles destaca o traballo que fan as mulleres para sacar a súa familia adiante e como buscan a maneira de facerlles o menor dano posible ós seus fillos”. (Ana Pérez)
“A historia que creo que se axusta máis á nosa idade é a da rapaza que ten un mozo, bastante maior ca ela, a quen coñecera nas redes sociais. Un día ve a noticia de que ese mozo matara a súa ex parella, que estaba no cuartel para denuncialo”.( Laura Abal)
“Unha obra moi orientadora para cambiar os pensamentos tan parvos que ten a xente. (...) Ese tipo de cousas teriamos que pensalas un pouco, como dixo unha personaxe: “Ti só vés unha cara da moeda, eu vexo as dúas”. (Carmen Soto)

200 anos con Frankenstein




A ciencia ficción é un dos xéneros literarios máis recentes que existen na historia da literatura. Conta, concretamente, con douscentos anos de antigüidade. Non pode ser doutra maneira, xa que a temática que caracteriza as historias vinculadas a esta materia está baseada na ciencia e a tecnoloxía e como inflúen na sociedade. Unha temática que soubo utilizar por primeira vez Mary Wollstonecraft Shelley en 1818 con Frankenstein ou o moderno Prometeo, onde explota as posibilidades que dá a ciencia para crear nova vida e como este descubrimento afecta a súa contorna social, neste caso a sociedade victoriana do século XIX.


Visita a nosa pequena exposición e coñece mellor ó mito


PREMIO CERVANTES 2018



La poeta uruguaya Ida Vitale (Montevideo, 1923) es la ganadora del Premio Cervantes 2018, el galardón más importante de las letras en español que concede el Ministerio de Cultura desde 1975. Este premio reconoce la trayectoria de un escritor que con el conjunto de su obra haya contribuido a enriquecer el legado literario hispano y está dotado con 125.0000 euros. Este año se ha roto la regla no escrita que alternaba desde 1996 a autores españoles y latinoamericanos, ya que Vitale sucede al nicaragüense Sergio Ramírez.

La poeta uruguaya Ida Vitale, Premio Cervantes 2018 - RTVE.es http://www.rtve.es/v/4841751/ vía @rtve

Proxecto deportivo de Centro


PREPARADOS?

O instituto IES de Vilalonga súmase  á inciativa de Xunta de Galicia no fomento da práctica de actividade física en idade escolar a través da participación no programa Proxecto Deportivo de Centro  incluido no PLAN PROXECTA, a coordinadora do mesmo é a profesora de Educación Física Montserrat Ferreiros Pereira  e coa colaboración do profesor de Xeografía e Historia Marcos Chaves Montenegro.

Desde sempre, un dos obxectivos principais do noso centro foi fomentar a participación dos alumnos en actividades físico-deportivas (a maiores das clases de EF) a través do deporte escolar e as actividades extraescolares e complementarias do centro.

 Faise necesario que todas estas actividades relacionadas coa actividade física queden recollidas no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), un instrumento dinámico e con proxección de futuro, que garanta que todas as actividades deportivas que realizan os alumnos nas instalacións do propio centro e dentro do horario teñan un carácter eminentemente educativo.