Receitas de antroido. Concurso.

 


    Coas mans na masa

Concurso de vídeos e libros dixitais de cociña en galego. Aproveitade o inverno, antes das vacacións de Entroido para cociñar nas vosas casas e participar no concurso.

Bases do concurso:

Tema: a cociña, receitas en galego, ingredientes e elaboración típicas do Entroido. Evitaranse os contidos susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou discriminatorios. Todos os contidos deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.

Participantes: todo o alumnado do curso académico 2020-2021 pode participar sempre que respecte as bases deste concurso. Cada participante poderá enviar un único vídeo ou libro dixital. Só poderá obter premio nunha das dúas categorías.

Categorías de participación:

Hai dúas categorías: unha para os vídeos e outras para os libros dixitais.

Características dos vídeos e libros:

- Evitaranse os contidos susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou discriminatorios.

- Todos os contidos deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.

- Os vídeos/libros deben incluír como mínimo unha pequena presentación en galego do participante, o nome da receita, os ingredientes, a súa preparación e o resultado final.

Presentación dos traballos: enviade un correo a edlgbib.iesvilalonga@gmail.com co voso vídeo ou libro e o seu título, nome e apelidos e grupo no que estades.

Prazo de presentación: a data límite para a entrega é o día 12 de febreiro de 2021.

Premios:

Premio mellor vídeo: vale para un bocadillo diario na cafetaría do centro durante unha semana.

Premio mellor libro dixital: vale para un bocadillo diario na cafetaría do centro durante unha semana.

Publicidade: difusión a través do blog e das redes sociais do IES.

Xurado: estará formado por tres profesoras e terá en conta a creatividade e a calidade lingüística. O resultado será comunicado aos participantes. O xurado resérvase o dereito de declarar os premios nulos de non haber ningún traballo merecedor deles.

Xaneiro: mes de Castelao


I CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA “CASTELAO NO SÉCULO XXI”

Castealo no século XXI é un proxecto dirixido ao alumnado co obxcetivo de incentivar e normalizar o uso da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación
de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado. 
Ademais recuperamos e homenaxeamos a unha das figuras máis importantes da nosa cultura.


BASES DO CONCURSO
1ª. As Cousas poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia, pero sempre deberán ter o carácter de denuncia dos males do tempo que nos toca vivir ao igual que as obras orixinais de Castelao.

2ª. O texto que acompañe as ilustracións estará escrito en galego.

3ª. Nas obras presentadas valorarase a calidade do debuxo e a súa orixinalidade, así como a corrección lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...).

4ª. Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo. Poderán participar cun máximo de dúas obras.

5ª. O concurso vai destinado a todo o alumnado do centro en tres categorías:
- 1º e 2º da ESO.
- 3º e 4º da ESO e FPB.
- 1º e 2º de bacharelato e ciclos formativos.

6ª. A data final de entrega das obras será o 4 de febreiro de 2021. Mandaranse as obras escaneadas ao correo edlgbib.iesvilalonga@gmail.com ou os orixinais depositados na biblioteca nunha caixa designada para o concurso. Nun documento á parte (se se entrega por correo) ou nun sobre pechado co título da obra escrito por fóra as/os autoras/es indicarán o seu nome e curso.
IMPORTANTE: as Cousas teñen que ser anónimas, se as obras traen escrito o nome na folla serán eliminadas do concurso.

7ª. A cada obra gañadora dentro da súa categoría entregaráselle un lote de libros e de material de debuxo. Ademais publicaranse no blog e no Facebook do centro.

8ª. O xurado estará composto por tres persoas do centro, actuando de secretario/a a responsable do EDLG.

9ª. O xurado emitirá o ditame na semana seguinte ao remate do concurso.

10ª. A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases.

Arte matemática


O alumnado de 1º da ESO, dirixido polos seus profesores da materia de matemáticas Estela Prol e Arturo Juiz, fixo unhas preciosas obras de arte.  Por moi diferentes que parezan ser, ambas disciplinas, os seus enfoques son similares; as súas longas historias están entrelazadas. Tanto as matemáticas como a arte requiren unha certa creatividade, tanto se se trata de atopar a mellor maneira de resolver un problema desconcertante como do ben e imaxinativo que se pode capturar unha emoción nun lenzo en branco.

Tanto os matemáticos como os artistas deben estirar as súas mentes e imaxinacións para expresar as súas ideas. Ao longo da historia e aínda hoxe, moitos artistas tamén utilizaron as matemáticas para crear e inspirar as súas obras de arte. Durante o Renacemento,  Albrecht  Durero e Leonardo da  Vinci foron famosos por facer que as escenas cobrasen vida nunha superficie plana mediante o uso de cuadrículas e os principios da perspectiva lineal.

Benvida sexa a transversalidade, a creatividade e saber elevarnos sobre o que aprendemos para ir máis alá. Parabéns aos profes e o seu alumnado.

XELA ARIAS, POETA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS 2021

 

A distancia, observo

                 que me observas,

que probas, vacilas,

e recólle-las certezas. 

  

 

Este ano novo iniciámolo dando a coñecer o nome da nova persoa ligada á nosa cultura e homenaxeada co día das Letras Galegas no 2021, que nesta ocasión recae sobre a poeta Xela Arias.

 Real Academia Galega: Xela Arias Letras Galegas 2021

 

Podes adentrarte nos seus versos neste libro que atoparás na nosa biblioteca!


Benvido sexa o ano de Xela Arias!