Coas
mans na masa
Concurso de vídeos e libros dixitais de cociña en galego. Aproveitade o inverno, antes das vacacións de Entroido para cociñar nas vosas casas e participar no concurso.
Bases do concurso:Tema: a cociña, receitas en galego, ingredientes e elaboración típicas do Entroido. Evitaranse os contidos susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou discriminatorios. Todos os contidos deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.
Participantes: todo o alumnado do curso académico 2020-2021 pode participar sempre que respecte as bases deste concurso. Cada participante poderá enviar un único vídeo ou libro dixital. Só poderá obter premio nunha das dúas categorías.
Categorías
de participación:
Hai
dúas categorías: unha para os vídeos e outras para os libros
dixitais.
Características dos vídeos e libros:
- Evitaranse os contidos susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou discriminatorios.
- Todos os contidos deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.
- Os vídeos/libros deben incluír como mínimo unha pequena presentación en galego do participante, o nome da receita, os ingredientes, a súa preparación e o resultado final.
Presentación dos traballos: enviade un correo a edlgbib.iesvilalonga@gmail.com co voso vídeo ou libro e o seu título, nome e apelidos e grupo no que estades.
Prazo de presentación: a data límite para a entrega é o día 12 de febreiro de 2021.
Premios:
Premio mellor vídeo: vale para un bocadillo diario na cafetaría do centro durante unha semana.
Premio mellor libro dixital: vale para un bocadillo diario na cafetaría do centro durante unha semana.
Publicidade: difusión a través do blog e das redes sociais do IES.
Xurado: estará formado por tres profesoras e terá en conta a creatividade e a calidade lingüística. O resultado será comunicado aos participantes. O xurado resérvase o dereito de declarar os premios nulos de non haber ningún traballo merecedor deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario