O noso alumnado visita a Audiencia Provincial de Pontevedra




            O martes 18 de febreiro o alumnado das materias optativas de filosofía (Antropoloxía e Filosofía do dereito) asistiu acompañado polos seus profesores a unha vista na Audiencia de Pontevedra. Tratábase dun xuízo por narcotráfico con cinco acusados de pertencer a unha rede galega e colombiana que pretendía introducir cocaína agochada no interior das baldas de madeira dun cargamento de plátanos. Sesenta quilos de grande pureza. Os responsables do cargamento estaban sendo vixiados pola  Garda Civil. O alixo non foi descuberto malia os rexistros á súa chegada ó porto de Vigo en novembro de 2010. Pero o cargamento ficou retido polas autoridades xa que ese tipo de plátano precisa permisos especiais para entrar en España. Os traficantes non lograron sacar a mercadoría do porto ata dous meses despois, pero para aquel entón os plátanos non eran aptos para o consumo e agora eran as autoridades de sanidade as que retiñan o cargamento e xestionaban a súa destrución. Inmediatamente os móbiles pinchados comezaron unha febril actividade de contactos e xestións para interceptar o cargamento antes de que fora destruído. A Garda Civil procedeu a un rexistro exhaustivo e deu coa droga agochada. Inmediatamente realizaron as detencións dos presuntos traficantes. Trátase de cinco homes, de nacionalidade colombiana e española, que negaron a meirande parte das acusacións do fiscal.

            O día da vista recibiunos Anxos, do gabinete lingüístico da Audiencia de Pontevedra, que xestionou a nosa visita con moita eficiencia desde o principio. Antes de comezar, ás 10.15 horas, o xuíz Barreiro comentounos dun modo moi ameno o funcionamento dunha vista desas características, e presentounos ós demais membros da sala: os outros dous maxistrados, o secretario e o fiscal antidrogas Uriarte. Estaban na sala tamén estudantes de dereito e á hora do inicio entraron xornalistas de numerosos medios. Comezaba a sesión co interrogatorio dos acusados, dos cales catro viñan esposados e escoltados por policías. Poucos declararon ante o fiscal antidrogas, que leu numerosas transcricións de chamadas incriminatorias. Logo foi a quenda dos testemuños, principalmente os axentes da Garda Civil que fixeron as escoitas, rexistros, seguimentos e detencións dos acusados. Os avogados, un por cada acusado, preguntaron  ós axentes se o cargamento estivera sempre baixo control das autoridades, se as escoitas se facían con autorización, etc. Buscaban algunha fenda na que poder basear unha rebaixa da pena solicitada polo fiscal, entre 18 e 22 anos de cadea. Tamén houbo a intervención de peritos, ata o remate da vista arredor das 13:00 horas. Finalmente o xuíz pediu a opinión e as preguntas dos alumnos do instituto, que se convertían así por un momento nos protagonistas da vista.

            Resultou unha experiencia de gran interese, xa que puidemos ver todo o proceso e contamos ademais coas explicacións do propio maxistrado, un luxo que os alumnos e profesores de Vilalonga temos a sorte de desfrutar dende hai anos. Só falta coñecer a sentenza, despois de que os maxistrados deliberen e revisen as probas e testemuños. 

CRÓNICA DO PROFESOR FERNANDO LÓPEZ PRADA

CINE EN PRIMAVERA

O ÚLTIMO CONCERTO

Un drama dirixido por Yaron Zilberman; EE UU; 2012; interpretada por Philip S. Hoffman, Katherine Keener, Christopher Walken, Mark Ivanir...
Moi fermosa película. Trátase dun cuarteto creador de beleza que nos fai partícipes tamén das súas vidas, das súas emocións e relacións. Magnífica interpretación.

A GRAN FAMILIA ESPAÑOLA
Comedia española dirixida por Daniel Sánchez Arévalo; 2013. Ganadora de 2 premios "Goya" e con 11 nominacións aos mesmos.
É unha comedia xove, divertida e intelixente, onde non falta de nada.

WEEKEND
Drama e romance do director inglés Andrew Haigh; 2011.
“Chico conoce a… chico … Sí, Weekend, con su sencilla historia romántica del encuentro de dos gays en un fin de semana, acabó convirtiéndose en una de las películas más estimulantes de la pasada edición del Festival de Cinema d’Autor de Barcelona…”

“Y NO SOLO ESO, CIRCUNSCRITA AL CINE RECIENTE TAMBIÉN CONSIDERO, QUE WEEKEND ES UNA DE LAS PELÍCULAS MÁS POLÍTICAS Y CERTERAS SOBRE EL HECHO HOMOSEXUAL…”
           

                              THÉRÈSE D.
                                                     Drama dirixido por Claude                                                         Miller e protagonizada por Audrey                                                    Tautou, Gilles 
                                        Lellouche, Anaïs Demoustier, Catherine                                                          Arditi, Isabelle Sadoyan,                                                                Francis Perrin. Francia 2012.

                                                  Baseada na novela de François                                                        Mauriac: Théresè Desquereux


177 anos do nacemento de Rosalía

Hoxe é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Esta autora, nada en 1837 será a voz que poña de novo o galego na historia da literatura mundial, calquera dos seus versos poden testemuñar esta afirmación sen ningún xénero de dúbidas:

Daquelas que cantan ás pombas i as frores, 
Todos din que teñen alma de muller 
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma, 
¡Ai!, ¿de qué a terei? (...)



Das múltiples homenaxes que circulan polas redes sociais hoxe, unha delas é a de facerse unha autofoto con algunha iconografía de Rosalía e publicala no twitter co #euRosalía.





HENNING MANKELL o xenio da novela negra,   é un dos meus escritores preferidos, pola súa prosa sen artificios que crea atmosferas cheas de misterio e intriga e que evoca contextos históricos e culturais que incitan ao lector a unha reflexión crítica  do que non pode nin debe ser. Os seus libros gustáronme desde o primeiro momento porque me permitiron viaxar a Sudáfrica, Estonia, China, etc. Descubrindo mundos lonxanos con historias semellantes, persoas diferentes coas mesmas inquietudes, pobos olvidados cos mesmos desexos...

A semana pasada entereime que está enfermo, invadiume a tristeza, pois sintoo próximo a través das súas obras.

 Henning esperamos, todos os teus lectores, que te mellores.

 Que poidas escribir máis, para facernos disfrutar coas túas lecturas máxicas!

 Que os fados che permitan un "tempo máis" o escoitar os desexos dos teus lectores

 Este mundo cheo de maldade e intereses necesítate, a ti, e a máis xente coma ti.   

Homenaxe a Nelson Mandela e outras cancións para todas as idades

"Free Nelson Mandela" 

 Amy Winehouse

"Cantantes"
Leiva
"Fusco"
Berrogüetto
"No hago otra cosa que pensar en ti"
Joan M. Serrat y ellas  
"Tierra"
Xoel López
"Que tinguem sort"
Lluís Llach

NELSON MANDELA. PREMIO NOBEL DA PAZ (1993)





BIOGRAFÍA
Nelson Rolihlahla Mandela ( Unión de Sudáfrica, 18 de xullo de 1918 - Johannesburgo,  Sudáfrica, 5 de decembro de 2013),coñecido no seu país, Sudáfrica, como  Madiba  (título honorífico outorgado polos anciáns do clan de Mandela; tamén era chamado  Tata), avogado, político, líder do Congreso Nacional Africano (CNA) e comandante en xefe da organización guerrilleiro/terrorista Umkhonto we Sizwe (MK) o A Lanza de la Nación. pasou de terrorista a político hasta chegar a presidente de  Sudáfrica  entre 1994 e 1999.
Encabezou a rama da oposición sudafricana ao réxime do  Apartheid  con sabotaxes primeiro e posteriormente asasinatos e atentados con  minas antipersoas  e con  incursións armadas. En 1962 foi encarcerado e condenado por sabotaxe, ademais de outros cargos, a cadea perpetua. A maior parte dos máis de 27 anos que estivo no cárcere  pasounos na prisión-illa  de  Robben Island.
Tras a súa liberación, o 11 de febreiro de 1990, Mandela traballou co entonces presidente de Sudáfrica,  Frederik Willem de Klerk, como representante do seu partido nas negociacións para conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica que deu paso as  primeiras eleccións con sufraxio universal de 1994. Tras o aplastante triunfo do CNA, Mandela foi elixido presidente polo  parlamento. Polo seu traballo en común, Mandela e de Klerk recibiron conxuntamente o  Premio Nobel da Paz  de 1993. A súa prioridade estivo frecuentemente na reconciliación nacional, o progreso do país e a alfabetización da infancia.

APARTHEID

Tras a II Guerra Mundial en Sudáfrica adoptouse o apartheid, termo afrikaans que significa separación; cada etnia que vivía neste país tería códigos  legais  diferntes, a raza branca dominaba en todos os campos: político económico, cultural, etc. 

Nelson Rolihlahla Mandela   ( Unión de Sudáfrica, 18 de xullo de 1918 - Johannesburgo,  Sudáfrica, 5 de decembro de 2013),coñecido no seu país, Sudáfrica, como  Madiba  (título honorífico outorgado polos anciáns do clan de Mandela; tamén era  chamado  Tata), avogado, político, líder do Congreso Nacional Africano (CNA) e comandante en xefe da organización guerrilleiro/terrorista Umkhonto we Sizwe (MK) o A Lanza de la Nación. pasou de terrorista a político hasta chegar a presidente de  Sudáfrica  entre 1994 e 1999.
Encabezou a rama da oposición sudafricana ao réxime do  Apartheid  con sabotaxes primeiro e posteriormente asasinatos e atentados con  minas antipersoas  e con incursións armadas. En 1962 foi encarcerado e condenado por sabotaxe, ademais de outros cargos, a cadea perpetua. A maior parte dos máis de 27 anos que estivo no cárcere pasounos na prisión-illa de  Robben Island.
Tras a súa liberación, o 11 de febreiro de 1990, Mandela traballou co entonces  presidente de Sudáfrica,  Frederik Willem de Klerk, como representante do seu partido nas negociacións para conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica que deu paso as  primeiras eleccións con sufraxio universal de 1994. Tras o aplastante triunfo do CNA, Mandela foi elixido presidente polo parlamento. Polo seu traballo en común, Mandela e de Klerk recibiron conxuntamente o  Premio Nobel da Paz  de 1993. A súa prioridade estivo frecuentemente na reconciliación nacional, o progreso do país e a alfabetización da infancia.





PELÍCULAS RECOMENDADAS:

  • Mandela and De klerk é un filme de 1997. Foi unha película producida para TV e protagonizada por dous grandes actores: Sidney Poitier e Michael Caine. A obra relata a vida e relación dos dous presidentes máis importantes de Sudáfrica, Mandela e F.W. de Klerk.

  • En 2007, a película Adiós Bafana relata a relación que Mandela tivo co seu guardacárcel branco, James Gregory, durante 18 anos. O actor Dennis Haysbert é quen encarna ao líder sudafricano, mentres que Joseph Fiennes representa a Gregory. A cinta mostra o cambio de mentalidade que o oficial tivo ao descubrir que Mandela non era un terrorista. A historia está baseada en feitos reais


  • Invictus (The Human Factor),2009.134 min. Estados Unidos Director Clint Eastwood. Adaptación dun libro de John Carlin (Playing the enemy). En 1990, tras ser posta en liberdade, Nelson Mandela (Morgan Freeman) chega a Presidencia do seu país e decreta a abolición do "Apartheid".O seu obxectivo era levar a cabo unha política de reconciliación entre a maioría negra e a minoría branca. En 1995, a celebración en Sudáfrica da Copa Mundial de Rugby foi o instrumento utilizado polo líder negro para construír a unidade nacional. (FILMAFFINITY).

FÍSICA NUCLEAR: DO CORAZÓN DA MATERIA AO INTERIOR DAS ESTRELAS





O pasado venres 24 de xaneiro recibimos no noso instituto a investigadora Beatriz Fernández-Domínguez, que se adica ó campo da física nuclear na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta área a investigación céntrase no estudo das interaccións que manteñen unidos aos protóns e neutróns no núcleo, a chamada interacción nuclear forte. Para isto realizan experimentos moi complexos en aceleradores de partículas, en concreto no acelerador ISOLDE situado no CERN, preto do famoso LHC. 

A charla, á que acudiron os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, foi densa pero moi amena e didáctica. Os alumnos tiveron a oportunidade de recibir una clase acerca das partículas que forman parte dos átomos e as interaccións entre elas. Ó final da charla puideron realizar numerosas preguntas tanto sobre o tema da charla como sobre a traxectoria da investigadora e a súa vocación, un tema ó que algúns xa lle están dando voltas, preocupados polo seu futuro. E ademais puidemos coñecer de primeira man como están afectando os recortes en investigación á actividade neste campo.

Despois da charla, un grupo de alumnos de 1º A de Bacharelato quedouse falando con Beatriz, que respondeu a moitísimas máis preguntas que lles quedaron no tinteiro, e que neste ambiente mais relaxado xurdiron durante case unha hora máis.

Foi todo un pracer recibir esta charla, non só pola temática senón tamén polo interesante que foi coñecer a unha investigadora como Beatriz, que esperamos teña moita sorte cos seus próximos experimentos.

DÍA DA PAZ

Aínda que un pouco tarde, aquí vos deixamos unha mostra da exposición do Día da Paz e da Ilustración realizada pola Biblioteca, entre outras actividades.