TIC- Día da LG.


 




O alumnado de 4º da ESO da materia TIC fixo, baixo a tutela da súa profesora Minia Gómez, carteis para o Día das Letras Galegas (17-05-2021). Este ano estivo dedicado a poeta Xela Arias como podemos ver. O resultado foi moi notable.

 Parabéns a todos/as.


GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

Ambiciono o equilibrio dos extremos,
que tanto pesan,
a cada lado.
Pero sempre hai un gañador, anque perda.
(Xela A.)
Esta semana tivemos o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Vilalonga, unha promoción que viviu unha etapa de excepcionalidade e á que lle desexamos que pasar estas situacións, ás veces extremas, teña sido só un chanzo en ocasións difícil, pero superado, cara adiante. Parabéns!









A Domus en Vilalonga


 

ACTIVIDADE DISECCIÓNS VIRTUAIS DA DOMUS

A Domus (A Coruña) foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano. Debido a  situación sanitaria actual oferta unha serie de actividades virtuais. O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Vilalonga participa nas mesmas.

O alumnado de 3º ESO A, B e C  da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron a oportunidade, os días 6 e 14 de maio, de ser testemuñas directas dunha disección de un corazón e un ollo de vaca levadas a cabo nos laboratorios do museo.

Foi apaixonante ver e comprobar, de primeira man, os diferentes tecidos e órganos polos que estamos formados.

Unha experiencia moi positiva. Sen dúbida, repetiremos!


 

Bioloxía e reciclaxe


ACTIVIDADE RECICLAXE E POSTA EN MARCHA DO COMPOSTEIRO

O departamento de Bioloxía  e o  noso instituto foi seleccionado para colaborar no Plan Revitaliza promovido pola Deputación de Pontevedra, este curso. O obxectivo principal de este proxecto é concienciar e formar aos estudantes sobre a importancia e a necesidade de tratar o lixo de forma sostible,  impulsando un modelo de residuos baseado na reciclaxe e na compostaxe.

Son varias as actividades que se veñen realizando: o alumnado de 1º de ESO A, B e C da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron a oportunidade de asistir a unha charla, o día 29 de abril, dirixida por Antón, técnico ambiental, sobre a importancia de producir compost e os seus pros e contras para o futuro. Coa colaboración estreita alumnado de 4º ESO, da materia de Ciencias aplicadas, fixemos a  actividade  profesional de levar a cabo a instalación e posta en marcha dun composteiro no centro.


Temos algo moi claro, no IES de Vilalonga, reciclamos e compostamos, e ti? Anímate. Coidemos do noso planeta!.

Certame literario IES de Sanxenxo

 Este venres, entre as 10:30 e as 12:00, o alumnado do centro que quixo participou no XV Certame literario IES de Sanxenxo.

43 persoas se animaron a crear un poema ou relato a partir dun verso de Xela Arias ou liña de Ricardo Carvalho Calero dado pola organización. 

Agora só queda esperar e que haxa sorte!!





 Mentres a seguir creando, artistas!


Libro dixital do proxecto Lendas de aquí e de acolá


Este mércores fixemos unha videoconferencia para coñecer o alumnado do IE Vicente Cañada Blanch londinense que colaborou con nós no proxecto Lendas de aquí e de acolá.

Un pracer facer un intercambio cultural e lingüístico que nos dá conta da riqueza da nosa lingua e de todas as do mundo.

Podedes ver o resultado final na seguinte ligazón:


Unhas imaxes para facervos as ganas:





No noso centro participaron Andrea García Camiña, Daniel Castro Besada, Daniela Otero Vázquez, Elena Muñiz Domínguez, Iago Alonso Barriga, Mar Alarcón Soto, Mario Santiso Ferreiros, Natalia Sabarís Hernanz e Nerea Fernández González.


A LINGUA GALEGA DO IES DE VILALONGA EN LONDRES

Este é o cartel do programa do Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres para a celebración da semana das Letras Galegas e no que atopamos a participación do alumnado do IES de Vilalonga co proxecto intercentros Lendas de aquí e acolá / Legends from here and there.

O Instituto Vicente Cañada Blanch é unha institución educativa internacional española situada no barrio de Kensington, Londres, que segue o plan de estudos español para estudantes de 5 a 19 anos e onde a materia de Lingua Galega está presente dende hai xa máis de dez anos.
Parabéns ao noso alumnado e profesorado por deixar que a lingua galega siga abrindo pontes na fala dos máis novos!



PREMIO AO KARTLONGA EN TORRELAVEGA

  O domingo 16 de maio comezou en Torrelavega-Cantabria a aventura do KartLonga con GreenPower Iberia-Brigestone no que o equipo do IES de Vilalonga acadou o premio #BestSpirit.

Esta é a primeira de moitas carreiras nas que este kart eléctrico, resultado dun proxecto interdisciplinar no que participan os departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía, Debuxo e Automoción con alumnado de CM de Auto e Bacharelato, agarda darlle aínda grandes alegrías á comunidade educativa do IES de Vilalonga.

Imaxe: Recollida do premio por parte dos alumnos de 1ºCM Automoción: Eloy Fernández e Nicolás Fuentes, en nome de todo o equipo KartLonga.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS III

 O venres 14 de maio tivemos a fortuna de contar cun grupo de alumnado para facer unha pequena homenaxe a Xela Arias e nos nosos "Patios poéticos" gozamos dun recital-concerto de poemas da autora.

Ao saxo Marcos Sabor Camiña e recitando Laura Pereira Dadín, Daniel Padín Soto, Nerea Martínez Prol, Carmen Aguiño Guío e Claudia Pérez Viñas.

De agasallo pola súa colaboración unha fermosa camiseta cun verso de Xela.



Letras galegas

 O venres 14 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no IES de Vilalonga. O día propio é o 17, luns, pero é festivo e polo tanto non estaremos xuntos/as.

Ademais dos patios poéticos puxemos nas mesas da biblioteca os suplementos do diario Nós, que publicaron en relación con esta celebración.





                               Esta semana o cartel da "Hora de ler" está ilustrado coa imaxe de Xela Arias. 

Bo día a todos/as!!

Exposición do alumnado de debuxo artístico

 


Debuxo artístico I e II

ACUARELAS

1.-Homenaxe a Suzanne Valadon (1865-1938)

Modelo e pintora

2.-Recreacións a partir de Miguelanxo Prado

3.-Espidos, retratos, bodegóns e vistas urbanas