OBRADOIRO DE HIP-HOP CON SERXIO GARCÍA

 Este xoves, outra actividade relacionada coa música e a creación artística foi o obradoiro de hip-hop de Serxio García Mc. Este rapeiro galego estivo co alumnado de 1º FPB de Cociña, 2º de FPB de Administrativo e 2º de FPB de Automoción para que coñecesen as orixes de diferentes estilos musicais e se atrevesen a crear a súa propia canción.






Creación poética no Día de Rosalía

 Para celebrar o día de Rosalía o alumnado de 2º FPB de administrativo e automación realizaron as súas propias creacións artísticas de vangarda. Sairon verdadeiras xoias!!!








Viaxe a Roma


O alumnado da materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato viaxou a Italia, nunha saída didáctica relacionada con esta materia.

Acompañados polos profesores José Dopazo Blanco ( Latín e grego) e María Teresa Fidalgo Villaverde (Historia da Arte). A viaxe abarcou do 9 ao 14 de Xaneiro e visitaron Roma. O obxectivo principal era ver as obras no seu contexto, tratando de observar as súas características directamente, tamén comprender a súa transcendencia  no pasado e no presente e asemade vivir a experiencia da viaxe, visitar outro país, escoitar outro idioma, ver outros costumes, etc.

Visitamos e comentamos numerosas obras artísticas de arquitectura, escultura e pintura, consideradas senlleiras da arte occidental. Moitas das mesmas forman parte do temario da materia.

A volta preguntamos ao alumnado a súa opinión sobre a actividade e a resposta foi: marabillosa.


Desinformación nas redes

 

   A biblioteca expuxo no taboleiro do corredor do edificio 1 os materiais que enviou o INTEF: Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado. Recursos Educativos Dixitais.

Van a traballar con estes materiais diferentes departamento: TIC, Igualdade, Ética... O alumnado lerá, preguntará o que non comprenda e fará as diversas propostas que se indican no texto.


DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 


O día 11 de febreiro día da Muller e a Nena na Ciencia e co obxectivo de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e espertar vocaciones STEM, os distintos departamentos de ciencias e a materia de Igualdade do IES de Vilalonga deseñaron un paseo da fama de mulleres científicas. Encantad@s de percorrelo e profundizar na vida e traballos destas mulleres. Parabéns ao profesorado e alumnado do IES de Vilalonga!


A biblioteca fixo unha exposición de carteis de mulleres famosos polos seus logros ao longo da historia, colocámola no cubo da entrada, o alumnado guiado polos seus profesores apuntaban os nomes e facían traballos sobre as súas aportacións.




"Culture Class"



O xoves, 2 de febreiro, o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha "Culture Class" cun profesor irlandés que lles explicou moitísimas curiosidades sobre a cidade de Nova York. Con concurso ao estilo de Quen Quere Ser Millonario incluído.

CHARLAS PLAN DIRECTOR



Un ano máis, o alumnado do centro puido participar no Plan Director, programa que persigue previr calquera risco que afecte á seguridade e benestar dos rapaces novos, na escola e na súa contorna.
O alumnado da ESO e Formación Profesional Básica recibiu, al longo da xornada do martes 31 de xaneiro, formación e información preventiva en acoso escolar, violencia de xénero, drogas e alcol.



CHARLA VEHÍCULOS PEREZ RUMBAO


O venres 27 de xaneiro recibimos a visita de Antonio Domingo Tudo, director de Recursos Humanos da empresa Pérez Rumbao. Na charla,  destinada ao alumando de 1º CM e 1º FPB de automción abordáronse temas como a xestión de talleres e concesionarios. Moi boa experiencia cun gran profesional!