Amosando publicacións coa etiqueta 2023 biblioteca EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2023 biblioteca EDLG. Amosar todas as publicacións

BIBLIOTECA HUMANA


Como proxecto para o Traballo de Fin de Mestrado, a alumna que estaba a facer as prácticas no Departamento de Orientación organizou unha BIBLIOTECA HUMANA SOBRE ITINERARIOS PROFESIONAIS.

O alumnado de 4º da ESO e 2º de FPB puido escoitar a 6 persoas diferentes que se dedican a 6 campos profesionais distintos contar a súa historia, tanto laboral como académica, que os levou a chegar alí.


O obxectivo era poder ter diferentes perspectivas sobre a vida académica e profesional, tendo en conta que non pasa nada se se equivocan, que poden chegar a desenvolver un traballo que os faga sentir satisfeitos aprendendo dos erros cometidos no camiño.

Guías de inverno




Aquí vos deixamos as guías de lectura do inverno, todos estes materiais e moitos máis atoparédelos na biblioteca. 

Árbore matemática
























A profesora Estela Prol, do departamento de matemáticas, organizou cos seus compañeiros de seminario e os alumnado de FPB e ESO a realización dunha árbore pitagórica,  decora o corredor do edificio 1 e felicita o Nadal a toda a comunidade educativa. O resultado é espectacular!!


Felices Festas💓💓 
Departamento de Matemáticas



ACTIVIDADE TEI


A primeira das actividades programadas para o TEI tivo lugar esta semana. O alumnado de 1º e 3º de ESO tivo a oportunidade de coñecerse, conversar e tomar conciencia de que son parte dunha mesma comunidade. Foi unha experiencia enriquecedora que fomentou a empatía e solidariedade entre os estudantes. Parabéns!

Biblioteca do IES de Vilalonga

 



Durante os recreos a biblioteca do noso centro está chea de vida, o alumnado: estudia, consulta nos ordenadores, imprimen apuntes e traballos, fan deberes, encóntrase, piden libros en préstamo e devolven os que levaron, reúnense os clubs de lectura, fan traballos de grupo...

Anímate e visita a túa biblioteca!!

ACTIVIDADE 25N



Co motivo da conmemoración do 25N varias alumnas do IES de Vilalonga leron un manifesto, no que se puxo en valor o compromiso e solidariedade da comunidade educativa na loita pola igualdade e o respecto a todas as mulleres.




MAGOSTO 23

 




O pasado martes 21 celebrase o magosto no IES de Vilalonga. Asamos castañas e chorizos, degustamos deliciosos biscoitos e xogamos a xogos populares como a carreira de sacos ou o brille. Foi unha experiencia chea de ledicia e tradición!






CHARLA SOBRE O BOSQUE ATLÁNTICO



Este luns o alumnado de 1º de ESO puido asistir a unha charla sobre o bosque atlántico e a importancia de coñecer e conservar o bosque autóctono. Tras a exposición, tivo lugar un taller de xogos sobre o recoñecemento de especies arbóreas autóctonas. Foi unha experiencia moi educativa!


PROGRAMA "AGRESIÓN OFF"

 




Este mércores o CIM en colaboración co Concello de Sanxenxo instalou no centro un stand dentro do programa "Agresión off". Varios grupos de estudantes puideron visitalo, xogar a diversas actividades e recibir formación sobre prevención da violencia contra a muller. Foi unha iniciativa que contribuíu a concienciar e educar no respecto.

OBRADOIRO DE REGUEIFAS


O alumnado de 4º ESO participou nun obradoiro de regueifas, organizado pola Asociación ORAL de Galicia arredor da regueifa e da improvisación oral en verso. O monitor da actividade foi Pinto d‘Herbón e desenvolveuse en dúas sesión: a primeira o 19 de outubro e a segunda o 10 de novembro

PRÁCTICAS DE CORTE DE XAMÓN DO ALUMNADO DE COCIÑA



O alumnado de Cociña e Restauración vén de realizar unha práctica consistente na aplicación de técnicas de corte de xamón, unha vez coñecidas as súas cualidades gastronómicas e variedade de razas, así como as técnicas de preparación, corte e emplatado.








CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS







O 15 de novembro, 36 alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES de Vilalonga participaron na carreira de Cros Zonal do Salnés (Montalvo) dentro da modalidade Xogade do “Proxecto de Vida Activa e Deportiva”.

II SEMANA DA CIENCIA IES DE VILALONGA

 




O noso planeta está en perigo! A contaminación está afectando aos distintos ecosistemas e tamén á nosa saúde.

Mais non todo está perdido: o noso alumnado de ESO deberá pór en práctica os seus coñecementos para superar distintos retos científicos que permitan crear unha máquina ecolóxica revolucionaria. O planeta está nas súas mans!

                              ⇓

                 Segue abaixo

CHARLAS IGUALADAS

 

Durante as últimas semanas, o alumnado de 2º da ESO participou nunha actividade organizada desde o Concello de Sanxenxo sobre "Relacións afectivo sexuais saudables para a prevención das violencias machistas" Obxectivo principal das 4 sesións de formación que tivo o alumnado foi fomentar a igualdade de trato e rexeitar todos os tipos de violencia de xénero

CHARLA INGLÉS

 





O día 2 de novembro o alumnado de 1º de bacharelato puido gozar dunha charla cultural no salón de actos organizada polo Departamento de Inglés. A través dunha presentación audiovisual

a cargo do existoso conferenciante da editorial Burlington, o alumnado puido aprender moitos detalles curiosos sobre os países de fala inglesa. Algúns alumnos e alumnas tiveron ocasión de

convertirse en protagonistas da charla, conseguindo premios pola súa audacia na aprendizaxe.

Club de Ciencias

 CLUB DE CIENCIAS IES DE VILALONGA

O IES de Vilalonga segue innovando co club de ciencias , que este curso acaba de comezar a súa andaina. Recentemente, o alumnado participante puido realizar actividades relacionadas coa reflexión, refracción, difracción e polarización da luz.


PLAN DIRECTOR

 


No transcurso de tres xornadas durante o mes de outubro, leváronse a cabo as charlas do Plan Director, dirixidas ao alumnado da ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica. Estas sesións anuais supñen un pilar fundamental da formación dos nosos mozos e mozas, abordando temas relevantes para o seu desenvolvemento persoal e social. No presente ano, o Plan Director sorprendeunos cunhas novas temáticas, como outras adicións, a orientación laboral e a prevención de delitos sexuais, nun esforzo por manterse ao tanto das necesidades actuais da nosa comunidade estudantil.


CHARLA UE

 


O martes 31 de outubro, os estudantes de 1º de Bacharelato tiveron o privilexio de asistir a unha charla, impartida por María Sande Landeira, sobre a oferta educativa da Unión Europea. Enfatizouse como a UE promove programas de intercambio, bolsas e colaboración entre os seus países membros, creando un ambiente propicio para que os mozos amplíen os seus horizontes académicos e persoais.


Igualdade


Durante as últimas semanas, o alumnado de 2º da ESO participou nunha actividade organizada desde o Concello de Sanxenxo sobre "Relacións afectivo sexuais saudables para a prevención das violencias machistas" Obxectivo principal das 4 sesións de formación que tivo o alumnado foi fomentar a igualdade de trato e rexeitar todos os tipos de violencia de xénero.