Un recreo na biblioteca

 

Un recreo calquera na biblioteca do IES de Vilalonga. O alumnado ven a estudar, usar os equipos informáticos, encontrarse, coller e devolver libros, falar co profesorado, etc.

CLUB DE CIENCIAS

 


Os pasados 9 e 23 de novembro o alumnado participante no club de Ciencias do IES de Vilalonga realizou actividades no campo da Bioloxía, que consistiron na observación mediante diferentes instrumentos ópticos certos materiais:

· Observación cunha lupa binocular a area dunha praia.

· Manipulación de microscopios ópticos.

· Preparación e observación cun microscopio óptico células vexetais...

O  26 de outubro o alumnado participante no club de Ciencias de IES de Vilalonga realizou prácticas de física sobre o tensionado de superficies. Parabéns polos seus logros!

 

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO "A CASA DO PATRÓN"



O pasado 19 de decembro o alumnado de FPB de Cociña e Restauración realizou unha actividade extraescolar no Museo etnográfico “A Casa do Patrón” en Lalín. A visita consistiu en coñecer o museo etnográfico e realización de dous talleres: un de elaboración de queixo e outro de elaboración de pan e cocción en forno tradicional de pedra.

Anacos de Historia

Estes anos estivemos facendo unha serie de podcast de Historia na que participa parte do Alumnado de 1º de Bacharelato, e que se fai a través da Materia de Historia do Mundo Contemporáneo. 

Aqui vos deixo como van algúns dos episodios deste curso.