Alexia e compañía.

Radio ba Biblio.

A sección de Radio na Biblio do IES de Vilalonga estivo probando novos formatos de radio este ano. Neste caso un grupo de alumando de 2º de Bacharelato estivo facendo un programa de radio de tertulias en formato podcast, onde podían falar de calquera cousa que quixeran. Neste caso falaron sobre as súas vivenzas durante o curso, os seus gustos musicais, cine e televisión e como de estresante foi o 2º ano de Bacharelato e a súas vivenzas en ABAU.

Grabación de Programa de Radio

Dou especialmente as gracias a este grupo de alumnas e alumno, que quixo colaborar coa radio, e facer este experimento. Dou especialmente as grazas a Alexia, que foi a presentadora, e a Suevia, Eva, Laura, Sara e Iago. Este programa non podía facerse sen eles, e botaron moitas tardes do martes na hora da comida grabando e falando. Estes martes foron días moi agradables e na que descubrin moitas cousas dos meus alumnos, e espero que eles tamén aprenderán un pouco de como funciona a radio. 

Este ano non lles din clase, pero como profesor, quedei moi contento con eles. Espero que teñan moita sorte na seguinte etapa da súa vida.

Deixovós aqui as grabacións para que as escoitedes.

Episodio 01.


 

 Episodio 02.

 

Episodio 03.

 

Episodio 04.


Episodio 05.

Final de curso: convivencia

 Hoxe, 21 de xuño, rematamos as clases deste curso 2022/2023  e a festexamos o día con entrega de premios da "Hora de escribir", actividades do TEI, música e deporte.

Bo Verán a toda a comunidade escolar!!!!!!





Partido alumnado-profesorado

 

O final de curso acércase e apetecen actividades, nas que paricipe toda a   comunidade escolar, para irse despedindo. Nos recreos do 7 e 8 de xuño disputáronse partidos de fútbol. Foron entretidos e divertímonos.




Excursión club de lectura



 Os membros do club de lectura de adultos do IES de Vilalonga, visitamos a illa de Sálvora o domingo 4 de xuño. Escollemos este destino tras a lectura do libro "A nostalxia da muller anfíbio" de Cristina Sánchez-Andrade. A illa forma parte do parque natural das Illas Atlánticas, visitámola con un guía que fixo moi interesante o paseo. Rematamos, tras o regreso en barco, con unha boa comida no Grove. Recomendamos o libro e a visita.


Entrega de premios do Certame Lit. de Sanxenxo

 


O día 9 de xuño entregáronse os premios do Certame Literario do IES de Baltar (Sanxenxo). Celebrouse no auditorio do Concello Emilia Pardo Bazán. Os elixidos do IES de Vilalonga foron:

Mariña Farina Alfonso (1º ESO B)

Lucas Carrascal Bouzada (2º ESO A)

Sara Vlad Viso (2º ESO A)

Sofía Barragáns Pérez (2º ESO B)

Alba Domínguez Soutullo (2º ESO B)

Agatha Montes Machado (4º ESO A)

Uxía Toba Poza (4º ESO A)

Miriam Prieto Míguez (4º ESO A)

Carla Barreiro Fontenla (4º ESO A)

Repartiron diplomas, flores e libros. Gracias IES de Sanxenxo 

Parabéns a todas/os.

MEMORIA FOTOGRÁFICA DO PROXECTO DAS LENDAS

 Acaba o curos e con el o proxecto "Lendas de aquí e de acolá", que este ano realizamos coa Escola Secundária Carlos Amarante de Braga.

Aquí queda constancia do traballo feito polo alumnado do noso centro.









A LOITA DAS MULLERES NO SÉCULO XX

 Hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato, 1º CM e 1º CS de adiminstrativo, tivo a fortuna de asistir á charla de Montse Fajardo titulada "A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión". Esta forma parte do programa de memoria histórica da Deputación de Pontevedra e complementa a outras charlas xa feitas no centro.

Nela levounos a través dos logros e dos atrancos logrados polas mulleres desde comezos do século XX ata a chegada da democracia. 

Unha visión necesaria para coñecer o noso pasado e formarnos como persoas con espírito crítico.

Coma sempre, un pracer contar con Montse! Seguiremos nesta liña.







CONCERTO DIDÁCTICO DOS TERRIBLES DE DONAS

 

O pasado 16 de maio, o día anterior ó Día das Letras galegas, tivo lugar no noso Centro, con motivo da celebración do mesmo, un concerto didáctico a cargo do grupo de música folclórica galega “Os terribles de Donas”. En dito concerto se presentaron algúns instrumentos populares galegos e se interpretaron diversas pezas do noso folclore (muiñeiras, pasodobres, foliadas, etc). Nalgunhas delas, os alumnos dos catro cursos da ESO tiveron un papel activo cantando e tocando as cunchas cos catro membros da formación.

“Os Terribles de Donas” ten a súa base na localidade pontevedresa de Baiona, foi fundado en 1939 e ten tres discos editados.

VISITA Á AULA SIRADELLA


O alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º Bacharelato e o de Cultura Científica de 1º Bacharelato e 4ºESO visitou o venres 26 de maio á aula Siradella.

Tiveron a oportunidade de aprender a formación das dunas e lagoas e as aves que poden atopar nelas tanto na propia aula como no roteiro guiado na Lagoa de Boadeira ao lado da Praia Meixoeira en O Grove. Nesta lagoa puideron observar diferentes aves como ánades, chascos, anduriñas, fochas, etc.


EXPERIMENTANDO E APRENDENDO A COCIÑAR COS PEQUES.

 


O alumnado de 1º FPBÁSICA DE COCIÑA E RESTAURACIÓN visitaron o pasado martes ó alumnado do CEIP Plurilingüe A Florida. Tiveron a oportunidade de preparar unha riquísma receta á que ninguén se puido resistir!!


TEA

 



Actividade de sensibilización en TEA

Onte, o alumnado de 2º da ESO recibiu unha charla de sensibilización no Trastorno do Espectro Autista por parte da Fundación Menela. Esta actividade está dentro das propostas da liña INCLÚE-T dos Contratos-programa.

Educemprende


O pasado 24 de maio o alumnado de 1º de ciclo medio de xestión administrativa visitou o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Gracias ao programa Educemprende, tiveron a oportunidade de coñecer este centro e a súa contribución ao avance da ciencia e a tecnoloxía mediante a investigación e a aplicación de altas tecnoloxías da información.

Esculturas de area

 

O pasado 22 de maio as alumnas de EPVA de 4º da ESO do IES Vilalonga participaron na Convocatoria de Esculturas de Area na Praia da Lanzada organizada polo departamento de Debuxo do IES Monte da Vila. Un enriquecedor encontro con alumnado doutros centros de Galicia, onde tiveron a posibilidade de traballar en equipos durante toda a xornada nunha peza de creación colectiva partindo da obra de Picasso. O resultado foi unha gran mostra de esculturas efímeras e revisións da obra do artista nun contexto inmellorable.