TEATRO EN INGLÉS

 

O luns 23 de xaneiro o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiu á obra de teatro "The Movie" en Pontevedra. Unha forma divertida de seguir aprendendo inglés. Ademais, varios alumnos e alumnas tiveron oportunidade de participar na obra dende o mísmísimo escenario!!! Pasárono en grande!!

 

OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

 

Esta semana tivemos a segunda sesión do Programa Emociona-t con Gloria Fontán de GAPEFA, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 2º FPB Auto do IES de Vilalonga, sobre intelixencia emocional para dotalos/as de estratexias e recursos persoais para manexar as emocións de maneira saudable.

Parabéns ao profesorado e alumnado do IES de Vilalonga!

CHARLA SOBRE O PRESTIGE


O pasado día 13 de novembro cumplíronse 20 anos do afundimento do “Prestige” a poucos kilómetros da costa galega. Puido evitarse este naufragio? que decisións erróneas se tomaron? cales foron as consecuencias? Son algunhas das cuestións que se abordaron nesta interesante charla, o día 20/01/2023 que impartiu o noso compañeiro Xaquín Rodríguez Pomares ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

Moitas grazas!

Igualdade de xénero

O xoves 12 de xaneiro unha terapeuta ocupacional do Centro de Recuperación Integral de Santiago de Compostela acudiu ao centro para realizar unha palestra sobre VX nas relacións de parella na mocidade. A institución é un proxecto de intervención dirixido a mulleres en situación de violencia de xénero. A actividade, que se centrou en modelos de relación saudábeis, dividiuse en dúas sesións (3ª e 4ª hora) durante a que a profesional explicou ao alumnado de Formación Profesional de Administración (na primeira sesión, todos os primeiros cursos e na segunda, os segundos). O evento tivo lugar no Salón de Actos.

Obradoiro de igualdade, fotografía e redes sociais

 


A coordinación de Igualdade do IES Vilalonga ofreceu o obradoiro "Igualdade, fotografía e redes sociais", realizado pola fotógrafa e xornalista Charo Lopes.

O evento tivo lugar o martes 20 de decembro durante toda a mañá para o alumnado de 2º de ESO. Cada grupo-clase recibiu unha sesión do obradoiro, que implicaba unha duración aproximada de 100 minutos (dúas sesións lectivas). Deste modo, a organización foi a seguinte: 2º A participou no obradoiro durante as dúas primeiras horas da mañá, 2º B durante as clases comprendidas entre os dous recreos, e 2ºC durante as dúas últimas sesións da mañá.

Os tres grupos de 2º de ESO participaron na actividade, que incluíu unha lección expositiva sobre teoría da imaxe (significado dos planos, mensaxe oculta, canon estético...) e unha parte práctica (selfies), amais dun pequeno percorrido polo traballo de fotógrafas que exploran o autorretrato.

Obradoiro "Violencia de género en el nuevo contexto digital"




A coordinación de Igualdade do IES Vilalonga, en liña coa batería de actividades propostas do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade, ofreceu o obradoiro "Violencia de género en el nuevo contexto digital", organizado pola iniciativa Pantallas Amigas. 


O evento tivo lugar o venres 16 de decembro para o alumnado de 2º de ESO. O alumnado de tres grupos foron divididos en dúas sesións: unha primeira que tivo lugar na quinta sesión, no Salón de Actos, onde foron agrupados 2º A e 2º B, e unha segunda sesión que tivo lugar a última hora da mañá, na aula de 2º C.

Os tres grupos de 2º de ESO participaron na actividade, que incluíu unha lección expositiva sobre a escalada de violencia no contexto das redes sociais, o control e a exposición de imaxes e datos íntimos.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS.

O grupo da rede solidaria de xóvenes do IES Vilalonga levou a cabo, desde o mércores 14 ata o xoves 22 de decembro, unha recollida de alimentos e outros produtos de primeira necesidade non perecedoiros, para donalos a Cáritas, que os repartirá entre persoas en situación de vulnerabilidade e en risco de exclusión social.

Agradecemos moito a colaboración de toda a comunidade educativa. O noso alumnado foi feliz con esta experiencia de concienciación e solidariedade.



 

PROGRAMA TEI


O xoves 22 de decembro tivemos a terceira actividade, dirixida ao alumnado de 1º e 3º ESO, dentro do programa TEI. Nesta ocasión o alumnado tivo a oportunidade de poder xogar, por parellas e equipos, ao concurso Furor. Que de artistas temos no centro!
Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga!
 

 
 
 
 

Fin de trimestre

 FESTA DE NADAL

O último día de clase aproveitamos para celebrar a nosa festa de Nadal. Houbo xogos tradicionais, música , comida e bebida para todo o alumnado. Este ano, co obxectivo de recaudar fondos para as actividades extraescolares, toda a comunidade colaborou, a modo de donativo, mercando choripáns, biscoitos e bebida. Moitas grazas a todos e todas. Foi un éxito!!!



Tamén tivemos xogos tradicionais, música e deportes.