"Teatriños: Homenaxe ó mineral do repolo"



Little Theatres / Teatriños: Trailer from Stephanie Dudley on Vimeo.


Curtametraxe coa técnica do stop-motion inspirada no poema da canadense Erín Moure de ascendencia galega.

'Homenaxe ao mineral do repolo’

No repolo hai algo de voo aterrado
Algo de ceo
Atrás as ás do repolo, que están dobradas
e sobredobradas para aterralo,
repousan aínda máis ás, pensando no ceo.

Hai algo inconsciente do repolo.

Niso, o repolo tamén ten auga, auga de tormenta,
augas do ceo.
O repolo repleto de líquido.
A súa tapa tormentada que non te desmente.

¡Coidado da cabeza se miras o repolo!
Pensamentos das follas pálidas
cortadas na auga fervida.
Hai algo de votivo
de cansanzo inmenso de mirada nunca acabada no espazo
dunha vida pero dobrada e redobrada e sobredobrada
para tapar esas augas tormentadas
augas caladas
augas augaradas
do repolo compartidas con nós, cos seres.

Retrato escrito de Ana Frank



Orixinal campaña de promoción da literatura holandesa a través dun libro que por fóra é unha escultura de papel dunha faciana e por dentro unha autobiografía dun autor. A campaña e a dirección de arte é de Van Wanten Etcetera e a obra é de Souverein.

Nesta foto trátase do retrato de Anna Frank. Atoparás máis imaxes en Retratos escritos.