PLAN PROXECTA: LINGUA, PATRIMONIO E COÑECEMENTO TRADICIONAL

Aínda que este curso foi un pouco complicado, especialmente no seu inicio, conseguimos sacar adiante co alumnado de 1º ESO parte do programa do Plan Proxecta de Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, un programa que se dá en colaboaración coa Consellería de Educación e a Universidade de Santiago- Instituto da Lingua Galega.


Este programa está integrado no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP), un proxecto transfronteirizo que ten como finalidade fundamental o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e
co que traballamos de xeito interxeracional o vocabulario do mar e da vendima e puidemos comentar nas aulas algunhas diferenzas das variedades xeográficas referidas a estas terminoloxías e afondar no léxico tradicional, o galego e a culrura local e tradicional.

 Aquí van algúns dos audios das entrevistas do alumnado sobre o vocabulario da vendima: 

Vendima 01

Vendima 02

 

Vendima 03

 

 

E aquí algúns exemplos das entrevistas do mar:

Mar 01

 

Mar 02

 

Mar 03.

Proxecto Hazlo verde.

 


Proxecto promovido pola empresa Leroy Merlin. Dirixido a concienciar ao
alumnado de secundaria sobre a economía circular, o consumo responsable
(ODS-12) e a necesidade de conservar o medio ambiente.
O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias aplicadas á
actividade profesional transformaron residuos en recursos para elaborar murais
artísticos, proxectos ou obxectos funcionais.




Se amas á Terra, Recicla e Conserva!!!



Programa Xente con Don

 


A finalidade deste proxecto foi proporcionar ao alumnado de 3º e 4º da ESO,
coñecementos básicos sobre as principais Infeccións de Transmisión Sexual (ITS)
incluíndo as medidas de prevención para evitalas. Para isto, promoveuse a
elaboración dun equipo de traballo formado polo alumnado e o profesorado das
materias de bioloxía e xeoloxía, matemáticas, debuxo e física e química para
traballar, de forma transversal, distintas tarefas como a procura de información
sobre ITS e métodos de barreira, deseño de carteis, vídeos ou folletos
informativos. 
E recorda... Ti decides o que compartes!