Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta 2022. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta 2022. Amosar todas as publicacións

Contratos programa: Riscos laborais

CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Este martes 20 de outubro realizáronse  actividades de sensibilización en prevención de riscos laborais no IES de Vilalonga.  O alumnado de 1ºFPbásica tratou de identificar, avaliar e controlar posibles riscos e perigos asociados á actividade laboral. Foi todo un éxito!!! Parabéns ao alumnado e profesorado!.

Contratos programa: Emociona-t

 

OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Esta semana tivemos unha sesión do Programa Emociona-t con Gloria Fontán de GAPEFA, dirixida ao alumnado de  4ESO  e 2º FPB Auto do IES de Vilalonga, sobre intelixencia emocional para  dotalos/as de estratexias e recursos persoais para manexar as emocións de maneira saudable.

PLAN PROXECTA: LINGUA, PATRIMONIO E COÑECEMENTO TRADICIONAL

Aínda que este curso foi un pouco complicado, especialmente no seu inicio, conseguimos sacar adiante co alumnado de 1º ESO parte do programa do Plan Proxecta de Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, un programa que se dá en colaboaración coa Consellería de Educación e a Universidade de Santiago- Instituto da Lingua Galega.


Este programa está integrado no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP), un proxecto transfronteirizo que ten como finalidade fundamental o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e
co que traballamos de xeito interxeracional o vocabulario do mar e da vendima e puidemos comentar nas aulas algunhas diferenzas das variedades xeográficas referidas a estas terminoloxías e afondar no léxico tradicional, o galego e a culrura local e tradicional.

 Aquí van algúns dos audios das entrevistas do alumnado sobre o vocabulario da vendima: 

Vendima 01

Vendima 02

 

Vendima 03

 

 

E aquí algúns exemplos das entrevistas do mar:

Mar 01

 

Mar 02

 

Mar 03.