No mesmo día que no IES de Vilalonga despedimos este ano, démoslle a benvida presencial
no ao
Club de lectura de adultos EX LIBRIS, unha
iniciativa á que xa lle tiñamos ganas hai tempo e que inauguramos hoxe cunha
xuntanza para comentar a lectura de
Infamia de Ledicia Costas. Pouco
queda que dicir da obra mais ca convidar a ler, xa que o exercicio é cousa de
cada lector/a.
O certo é que conformar este grupo supuxo xa inicialmente a
dobre satisfacción da boa acollida que tivo e do que isto supón nun ano como o
que estamos a vivir, pero a xuntanza de hoxe significou ademais compartir entre
persoas que nos vemos cada día no traballo outra parte de nós, a da curiosidade
das vivencias, a interpretación das emocións, das vidas dos outros, eses aos
que axexamos en cada páxina, ás veces procurando moldealos aos nosos desexos,
outras, procurando que nos sorprendan...
Parabéns e que dure moito a vida do Club de
lectura EX LIBRIS do IES de Vilalonga!