Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA 2020. Amosar todas as publicacións

XUNTANZA CLUB DE LECTURA EX LIBRIS

Esta semana volvemos ter xuntanza semipresencial do Club de Lectura de adultos no IES de Vilalonga, esta vez para falarmos das nosas experiencias arredor da lectura de Una casa en amargura de Elisa Vázquez de Gey.

Desta reunión saíron moitas observacións interesantes arredor dos aspectos literarios, da escrita da novela e do propio contexto histórico que se desenvolvía na Cuba da época, mais puidemos tamén fixarnos en dúas cuestións históricas moi curiosas e complexas daquela sociedade habanera. Por unha banda, o papel da escravitude e a diferencia de clases (e persoas) naquela sociedade e a súa evolución; por outra, e máis en concreto, a cuestión específica que afectou ás expedicións de man de obra escrava galega, que tan ben viamos xa nas páxinas da grande novela de Otero Pedrayo, Os camiños da vida. E todo isto como atmosfera na que se desenvolve a vida cruel, triste e á vez potente e chea de fortaleza, de Dulce Misterio de la Felicidad del Consuelo del Cobre, "libre de color".

NACE O CLUB DE LECTURA EX LIBRIS NO IES DE VILALONGA

 No mesmo día que no IES de Vilalonga despedimos este ano, démoslle a benvida presencial no ao Club de lectura de adultos EX LIBRIS, unha iniciativa á que xa lle tiñamos ganas hai tempo e que inauguramos hoxe cunha xuntanza para comentar a lectura de Infamia de Ledicia Costas. Pouco queda que dicir da obra mais ca convidar a ler, xa que o exercicio é cousa de cada lector/a.



 O certo é que conformar este grupo supuxo xa inicialmente a dobre satisfacción da boa acollida que tivo e do que isto supón nun ano como o que estamos a vivir, pero a xuntanza de hoxe significou ademais compartir entre persoas que nos vemos cada día no traballo outra parte de nós, a da curiosidade das vivencias, a interpretación das emocións, das vidas dos outros, eses aos que axexamos en cada páxina, ás veces procurando moldealos aos nosos desexos, outras, procurando que nos sorprendan... 

 Parabéns e que dure moito a vida do Club de lectura EX LIBRIS do IES de Vilalonga!



Facilitar a aprendizaxe de Lingua Castelá

 

Ramón Alemán é un corrector español que ten varios libros publicados sobre gramática e ortografía. “Lavadora de textos”  foi o seu primeiro libro sobre o castelán, despois viñeron outros como: “La duda, el sentido común y otras herramientas para escribir bien” e  “Cincuenta sonetos lingüísticos”. O autor pretende dun xeito didáctico e divertido que aprendamos as normas que rexen esta lingua. Colabora con distintas emisoras de radio nacionais e autonómicas para difundir as normas do español.

A biblioteca ten os seus libros, acércate a velos:

 

 

 

CONCURSO "O MEU OUTONO EN FOTOS"

 A biblioteca e o EDLG do IES de Vilalonga organizan o concurso fotográfico con pé de foto en galego "O meu outono en fotos". Aquí tedes as bases:



OLGA NOVO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Porque na beleza da terra escriben con tinta

os vosos corazóns

                      eu aprendo.

  Así remataba algunha intervención no acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato, un curso marcado pola Covid-19,  pero que deixou a pegada profunda dunha xeración extraordinaria.

   Estes versos, tan ben escollidos, son parte de Feliz Idade, poemario de Olga Novo, obra que vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020 que outorga o ministerio de Cultura e Deporte. Como ben recolle o xurado, Feliz Idade é o "relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo". 

   Dende o ano 2013, catro poetas galeg@s gañaron o Premio Nacional de Poesía, Manuel Álvarez Torneiro, Gonzalo Hermo, Pilar Pallarés e, este ano, Olga Novo. Pois, como ben di de Olga, "a poesía non sabe de fronteiras, o que importa é a beleza". Gocemos pois desa beleza na lectura de Feliz Idade e na da grande calidade que nos ofrece a poesía galega actual.

REMIOS TORRENTE BALLESTER DE NARRATIVA EN GALEGO


 Álex alonso e Antón Riveiro Coello veñen de gañar o premio Torrente Ballester de narrativa en galego coas obras Granito (Xerais) e O paraíso dos inocentes (Galaxia), respectivamente.

  Mentres que O paraíso dos inocentes ten como pano de fondo a guerra de Siria, en Granito atopámonos no escenario do cuádruple crime de Nigrán que tivo lugar no ano 1994.

 Parabéns para os dous autores e para a narrativa galega, que segue sumando lecturas de grande calidade das que xa podedes gozar na biblioteca do IES de Vilalonga. 

ABECEDARIO CARVALHO CALERO SOLUCIONARIO E PREMIAD@S




ABECEDARIO

 RICARDO CARVALHO CALERO
(1910-1990)

A. Así está o “silenzo” no seu poemario de 1934: Axionllado.
B. Editorial compostelá que publlica a súa primeira novela en 1951: Bibliófilos Gallegos
C. Apelido co que asina desde 1981: Carvalho.
D. Apelido nun dos seus pseudónimos: Dumbria (Martinho).
E. Autor sobre o que publica un ensaio en 1965: Eduardo (Pondal).
F. Lugar de nacemento: Ferrol.
G. Revista literaria na que colabora: Guión / Galiza.
H. Obra moi importante para o estudo da nosa literatura: Historia da literatura galega contemporánea
I. Peza teatral publicada en 1982: Isabel.
L. Editorial que publicou As pitas baixo a chuvia: Lar. (Blog)
L. Cidade na que foi profesor no Colexio Fingoi: Lugo. (Tarefa)
M. Cidade na que o sorprende o inicio da guerra civil: Madrid.
N. Xénero ó que pertence A xente da Barreira: Narrativa.
O. Escritor que resposta o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega: Otero Pedrayo.
P. Institución galega que adquiriu a súa biblioteca persoal: Parlamento de Galicia.
Q. Pseudónimo que remata con esta letra: Namiq (Ziyá).
R. Corrente lingüística da que é considerado ideólogo. Reintegracionismo.
S. Novela publicada en 1987: Scórpio.
T. Poemario en castelán publicado en 1928: Trinitarias.
U. Institución na que exerce como primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas: USC.
V. Poemario de 1931: Vieiros.
X. Localidade en cuxo cárcere cumpre condena acusado de separatista: Xaén.
Z. Segunda palabra que forma parte dun pseudónimo: (Namiq) Ziyá.


Velaquí as respostas da actividade proposta polo noso IES para celebrar o atípico Día das  Letras deste ano. Como vedes, na letra L hai dúas definicións e  dúas solucións: unha foi tarefa nalgúns cursos e outra foi proposta a través deste blog. Calquera das opcións foron consideradas válidas e estes son os autores/as dos mellores ABECEDARIOs:




1º e 2º de ESO

Mateo Amado Díaz
Uxía Rozas
David Docampo Pámies
Nuria González


3º e 4º de ESO:

Rubén Luis Mayán
Mateo Rozas Pérez
Inés Sineiro Domínguez


Outros cursos (Bacharelato):

Miguel Agís, Naroa Pérez e Andrea Rodríguez
Sabela Amil Casal
Marta Mourelo Buezas

                 Parabéns a tod@S e


                       moi bo verán!!!!




Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO NA NOSA BIBLIOTECA

Aínda que sabemos que non son tempos de poder achegarnos á Biblioteca do IES de Vilalonga, debedes saber que para cando poidamos volver aos nosos andeis, alí vos está agardando este atractivo libriño para achegarvos a Ricardo Carvalho Calero, unha persoa das nosas letras á que lle debemos moito polo seu compromiso, o seu traballo e sobre todo o seu amor á lingua e á literatura galega.


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
FELIZ ANO CARVALHO CALERO!


Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - PARTICIPA EN DIVERSAS INICIATIVAS ARREDOR DO NOSO AUTOR: RICARDO CARVALHO CALERO

Coordinadora territorial dos EDLG de Pontevedra convídanos a participar en diversas iniciativas arredor do autor homenaxeado este ano no Día das Letras galegas, Ricardo Carvalho Calero.




Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - COÑECEMOS A CARVALHO CALERO

Achegámonos ao 17 de maio, Día das Letras Galegas, e dende a Coordinadora territorial dos EDLG de Pontevedra ofrécennos unha serie de enlaces e recursos para achegarnos á figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero.
Xa non tedes escusa para non achegarvos á figura de RICARDO CARVALHO CALERO!

Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - ABECEDARIO CARVALHO CALERO


DÍA DAS LETRAS - 2020

RICARDO CARBALLO CALERO



    Ricardo Cavalho Calero é o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e, para que vos acheguedes á súa vida e á súa obra, aquí tendes este abecedario que podedes completar moi facilmente con información que atoparedes na Rede.



    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca outorgarán diplomas ó alumnado que envíe antes todas as respostas correctas ó seu profesor ou profesora de Lingua Galega e Literatura.



 Concederanse  tres diplomas por cada categoría:

             - 1º e 2º de ESO     
             - 3º e 4º de ESO
             - Outros cursos         
            

DÍA DAS LETRAS  GALEGAS 2020    
 ABECEDARIO  RICARDO CARVALHO CALERO
(1910-1990)

A. Así está o “silenzo” no seu poemario de 1934: __________________

B. Editorial compostelá que publlica a súa primeira novela en 1951: __________________________

C. Apelido co que asina desde 1981: ______________

D. Apelido nun dos seus pseudónimos: ____________________

E. Autor sobre o que publica un ensaio en 1965: __________________

F. Lugar de nacemento: __________________

G. Revista literaria na que colabora: ___________

H. Obra moi importante para o estudo da nosa literatura: ___________________________________

I. Peza teatral publicada en 1982: ______________

L. Editorial que publicou As pitas baixo a chuvia : __________

M. Cidade na que o sorprende o inicio da guerra civil: _________________

N. Xénero ó que pertence A xente da Barreira: _______________

O. Escritor que resposta o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega: _____________________

P. Institución galega que adquiriu a súa biblioteca persoal: _____________________

Q. Pseudónimo que remata con esta letra: _____________

R. Corrente lingüística da que é considerado ideólogo. ___________________

S. Novela publicada en 1987: __________________

T. Poemario en castelán publicado en 1928: _______________

U. Institución na que exerce como primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas: ____________

V. Poemario de 1931: __________

X. Localidade en cuxo cárcere cumpre condena acusado de separatista: _________

Z. Segunda palabra que forma parte dun pseudónimo: _______________