Festival de Nadal














  

O 21 de decembro no IES de Vilalonga tivemos un festival para rematar o trimestre e celebrar o traballo realizado. Demos a benvida as vacacións cantando e bailando. 

Divertímonos xuntos e dixémonos: "ata a volta".
A descansar rapaces!!!
Volvede con moitas con ilusión e ledicia.
 Boas festas a tod@s!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! 


Recollida de alimentos



 Co lema: "para que non haxa ningún prato baleiro"  ao longo do mes de decembro recollemos alimentos e produtos de primeira necesidade do fogar no IES de Vilalonga. Organizouno o Departamento de Relixión en colaboración con Cáritas de Sanxenxo. A profesora Ana González, xuntos con algúns dos seus alumnos/as,  colocou os carteis e anuncios da campaña. Os obxectivos eran fomentar a solidariedade social do alumnado e facer visibles problemas cotiáns que a miúdo pasan desapercibidos.
  

 


     Bo Nadal!!!!!

OBRADOIRO CON LIBROS



A Librería Aenea de Santiago de Compostela visitounos o  martes 11 de decembro. O alumnado de 4º da ESO A e B e 1º de bacharelato A  asistiriu pola tarde a unha charla-obradoiro na que se expoñían libros seleccionados para eles. A representante da librería, durante a primeira hora,  faloulles do mundo dos libros: o mundo editorial e as persoas que fan falla para que un libro salga a venda. O alumnado ollou os libros expostos e elixiu  os que máis lles gustaron ou chamaron a súa atención; na segunda hora explicaron porqué os escolleran mentres a libreira lles comentaba aspectos dos mesmos. 
Os obxectivos eran acercalos ao mundo das librerías e que eles escolleran as súas propias lecturas para que despois fagan unha reflexión e opinen sobre como resultaron.
O alumnado expresou a súa opinión sobre esta actividade calificándoa como irregular con partes interesantes e outras non tanto.

Adquirimos vinte libros escollidos por eles/as coa firme promesa de que os van a levar para ler en Nadal.

                                       A DIVERTIRSE E GOZAR COA LECTURA!!!!!!


Participamos en Galicia Skills



 O alumnado dos ciclos de formación profesional do IES de Vilalonga participou no Galicia Skills o 20 de novembro de 2018, un campionato de alumnos/as de distintas familias de FP entre institutos. Celebrouse no recinto feiral de Silleda e durou dous días. Este campionato faise cada dous anos e só se pode enviar un alumno. O Departamento de Automoción participou na área de Tecnoloxía do automóbil co alumno Adrián Muñiz. Competimos en igualdade de condicións con alumnado do Ciclo superior. O alumno/a gañador obteñen a medalla de prata ou a  de ouro; o primeiro compite no campionato nacional, o campión nacional no europeo e este no mundial.
Este ano quedamos bastante ben, pero fai dous anos gañamos a medalla de prata.

 
Ánimo chicos, todo o noso apoio!!!!
Aquí vos deixo o enlace coa páxina da Xunta por se queredes máis información:   


25 de novembro

Con motivo do Día contra a Vilencia de Xénero, 25 de novembro de 2018, o IES de Vilalonga levou a cabo varias actividades:
- Derruba o muro do machismo:o alumnado da materia de Igualdade  de xénero, impartida pola profesora Patricia Díaz, de 2º da ESO realizou un muro, con caixas envoltas en papel morado, con lemas típicos do machismo. O obxectivo e derrubalo a golpes  simbolizado a loita e a necesidade da súa desaparición.



-Proxección do vídeo contra o maltrato gañador do 1º premio do concurso de pezas audiovisuais con motivo de o 25 de novembro convocado pola Xunta de Galicia (Consellería de Igualdade). Aquí vos deixo o enlace:https://www.youtube.com/watch?v=X6rzUSZAotw
 O premio ademais da alegría do traballo ben feito, foi un lote de libros, relacionados co tema, unha viaxe a Padrón para visitar a casa de Rosalía de Castro e 750 euros en vales para o Corte Inglés. NORABOA!!!!!!


                                                                              -Manifestación do 23 de novembro ás 12,10h: toda a comunidade escolar reuníuse no patio no segundo recreo, para mostrar  o seu rechazo a esta lacra, leuse un manifesto de repulsa sobre o mesmo. Manifesto:
BO DÍA A TODAS E TODOS:No marco das actividades realizadas con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista, o IES de Vilalonga suma a súa voz ás concentracións que teñen lugar hoxe en moitos centros de ensino do país, en rexeitamento contra a barbarie que representa a violencia machista. 
 A ONU recoñece a violencia contra as mulleres como unha manifestación das relacións de poder históricamente desiguais entre homes e mulleres e que impide a igualdade plena das mulleres, sinalando á violencia como un dos mecanismos que mantén esta situación de subordinación.
Segundo estatísticas oficiais un 75% das mulleres e nenas do mundo son vítimas da violencia física ou sexual no transcurso das súas vidas. En España foron asasinadas máis de 1400 mulleres dende 1995 e só neste ano houbo 89 feminicidios, 45 segundo o reconto oficial. Estes casos representan só a punta do iceberg, posto que existen moitos fogares onde a violencia é o comportamento habitual. Ademais, nos últimos 10 anos 83 menores foron asasinados polos seus pais, 8 nenase 2 nenos no que vai de ano. 
O alumando e profesorado que hoxe nos damos cita aquí queremos manifestar o noso apoio e solidariedade coas familias das mulleres asasinadas e o noso compromiso para loitar por unha sociedade verdadeiramente xusta e igualitaria na que as mulleres teñamos recoñecidos, dunha forma efectiva e real, os mesmos dereitos dos que gozan os homes. 
Convencidas de querer derrubar o muro do machismo, esiximos:
-           Non silenciar as múltiples manifestacións da violencia machista que
sufrimos acotío polo simple feito de ter nacido muller:  A discriminación laboral, a dobre xornada, o acoso sexual na rúa, os estereotipos e bromas sexistas… son tamén formas de machismo que vulneran os nosos  dereitos a unha vida libre de violencia e discriminación.
-           Queremos leis igualitarias, orzamentos transversais e
propostas educativas que aborden todas as formas de violencia machista.
-           Queremos unha educación coeducadora en valores
igualitarios e respectuosos coas diversidades, que garanta o empoderamento das nenas e nenos para poder establecer relacións de xénero baseadas no respecto mutuo e a non violencia.
-           Queremos todos os espazos: que o patio, a rúa e a noite
sexan tamén espazos nos que nos sintamos libres e seguras.
-           Queremos os mesmos dereitos que os homes. Queremos o
que nos corresponde. Nós, as mulleres, somos máis da metade da poboación.
-           Queremos que os gobernos  poñan os medios necesarios
para loitar contra a vulneración dos dereitos humanos das mulleres e das nenas. Queremos que se implementen medidas eficaces contra o patriarcado feroz que se move ás súas anchas.
-           Queremos que os xuíces  se formen en materia de
Igualdade, porque impunemente aplican leis contra as vítimas en lugar de penalizar aos agresores.
-           Queremos que os medios de comunicación non trasladen
unha imaxe sexualizada de nós, as mulleres e as nenas, porque nos invisibilizan, porque sacan réditos económicos da publicidade sexista e da explotación sexual.
-           Queremos que a sociedade non mire para outro lado e que
rexeite contundentemente todas as manifestacións de violencia machista.
-           Queremos que os centos de asasinatos de mulleres non
queden nunha estatística cruel, senón que se poñan en práctica todos os medios de educación e prevención que supoñan o fin dos feminicidios.  
-           Queremos deixar de escoitar cancións sexistas que nos
cousifican e nos denigran dende que somos nenas.
-           Queremos erradicar para sempre a violencia das nosas
vidas.
-           Queremos unha sociedade democrática que non manteña
nin consinta ningunha forma de violencia.
-           Queremos dicir alto e claro que somos feministas, porque
ansiamos unha sociedade igualitaria, queremos vivir nun mundo libre de estereotipos de xénero e  de machismo.
-           Queremos estar nun instituto no que o seu alumnado e
profesorado se forme dende unha perspectiva de xénero e se esforce por re-educarse dende o trato igualitario e respectuoso para con nós, as alumas e profesoras deste centro.
Somos unha xeración activa e concienciada, disposta a
maternos unidas, diversas e combativas ata acadar a igualdade efectiva e real.
Farémolo porque o Feminismo veu para quedar e nós, esta nova xeración que somos todas e todos nós, seremos quen de derrubar o muro do machismo.
En Vilalonga a 23 de novembro de 2018

Exposicón de libros contra a violencia de xénero:
 - A biblioteca colocou nas súas instalacións unha exposición de libros sobre feminismo, mulleres insignes e contra a violencia.









 Exposición sobre a violencia de xénero: a profesora de Lingua e Literatura galega e coordinadora de normalización lingüística: Carme Picallo traballou o tema da violencia de xénero co seu alumnado de 3º da ESO, para o 25 fixeron unhas cartolinas que mostran o seu rechazo. Colocámolas no corredor do edificio 1. Gracias rapaces/as.


















- No corredor do Edificio 1 colocamos unha pancarta , fixoa o alumnado de Igualdade de Xénero, contra os malos tratos:















 - A porfesora Lidia Fernández Pastoriza, do Departamento de Lingua e Literatura galega, traballou co seu alumnado este tema:

“Só se ve o que se mira
e só se mira o que se ten en mente” (A. Bertillon)
     O grupo de 2ºESO B do IES de Vilalonga sabemos que a igualdade de xénero é un reto que debemos ter presente no noso día a día e somos conscientes do papel que temos na sociedade para tentar erradicar calquera manifestación de violencia de xénero. Por iso, aproveitando a lembranza especial que se fai o 25 N, quixemos repasar algúns conceptos asociados á igualdade visualizando un fragmento dun vídeo de Carmen Ruiz Repullo sobre “as lentes de xénero” que nos aclarou algúns conceptos como patriarcado, sexismo, misoxinia, androcentrismo, sexo-xénero...
     E, para rematar, nós tamén quixemos ver o mundo a través das nosas “LENTES VIOLETAS”.

- O alumnado de 3º da ESO foi o 15 de novembro ao teatro a Pontevedra. Viron a obra "Invisibles" baseada no libro de Montserrat Fajardo, que trata o tema da violencia de xénero. esta obra tamén a van a ler e traballar o alumnado de Igualdade de xénero coa profesora Patricia Díaz.